Federico García Lorca: Poeta e dramaturgo español

Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz.

Membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), é considerado o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polo bando franquista un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que desencadeou o inicio da Guerra civil española.

Infotaula de personaFederico García Lorca
Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Federico del Sagrado Corazón de Jesús García Lorca Editar o valor em Wikidata
5 de xuño de 1898 Editar o valor em Wikidata
Fuente Vaqueros, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Víznar, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteExecución extraxudicial Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGranada
Residencia de Estudiantes Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) - ciencia da literatura (1915–)
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral , dramaturgo , letrista , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoTeatro, poesía e arte Editar o valor em Wikidata
MovementoXeración do 27 Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMartín Domínguez Berrueta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua eslovena Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaRafael Rodríguez Rapún (1935–1935)
Emilio Aladrén (pt) Traducir (1925–1927) Editar o valor em Wikidata
PaisFederico García Rodríguez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Vicenta Lorca Romero Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco García Lorca, Isabel Garcia Lorca e Concepción García Lorca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesLaura de los Ríos Giner (en) Traducir (cuñada)
Manuel Fernández Montesinos (pt) Traducir (cuñado)
Isabel García Rodríguez (en) Traducir (Tía)
Laura García Lorca (en) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0305030 Allocine: 37685 Allmovie: p317966 IBDB: 5514
Bitraga: 323 Dialnet: 2997550 Musicbrainz: 3e2efdb0-cd07-40e2-a39f-277c670e1d72 Discogs: 649970 IMSLP: Category:García_Lorca,_Federico WikiTree: García_Lorca-1 Find a Grave: 7014632 Genius: Federico-garcia-lorca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

O seu pai, Federico García Rodríguez (1859-1945), era un propietario andaluz, e a súa nai, Vicenta Lorca Romero (1870-1959), era mestra de escola. Vicenta deixou o seu traballo para dedicarse á educación do fillo, a quen lle transmitiu o amor pola música. Lorca foi un neno precoz quen lía a Victor Hugo e Miguel de Cervantes, malia non destacar na escola. En 1909 a familia trasladouse á cidade de Granada. Alí Lorca entrou nos círculos culturais locais e coñeceu a Fernando de los Ríos, Melchor Fernández Almagro e Manuel de Falla.

Comezou estudos na Universidade de Granada en 1914 e publicou o seu primeiro libro en 1918, Impresiones y paisajes. A obra estivo inspirada nunha viaxe de estudos que organizara un dos seus profesores a Galicia, onde chega por primeira vez o 25 de outubro de 1916. Visitou daquela Madrid, O Escorial, Ávila, Medina del Campo, Salamanca, Zamora, Astorga, Ourense, Redondela, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, León, Sahagún, Venta de Baños, Burgos e Segovia.

En 1919 instalouse na Residencia de Estudiantes de Madrid e fixo amizade con Luis Buñuel e Salvador Dalí. Grazas á súa amizade co director do Teatro Eslava, Gregorio Martínez Sierra, escribiu a súa primeira obra teatral, en verso, El maleficio de la mariposa. Foi estreada alí en marzo de 1920, malia que só se mantivo en cartel catro días. Lorca non volveu estrear outra obra ata 1927, con Mariana Pineda, con maior éxito. Porén, seguiu a publicar poemarios como El libro de poemas (1921), Canciones (1927) ou Romancero gitano (1928).

Lorca caera nunha fonda depresión pola incomprensión por parte da súa familia da súa condición de homosexual. Mesmo considerou o filme feito polos seus amigos Dalí e Buñuel Un chien andalou (1929) como un ataque persoal. Ao mesmo tempo, estaba a deteriorarse a súa relación co escultor Emilio Aladrén, apaixonada pero non recíproca. Todo iso levouno de volta a Granada para rematar a carreira de Dereito.

En 1929, coa axuda dunha bolsa de estudos, emprendeu unha xira polos EUA. Unha estadía específica en Nova York inspiroulle o poemario Poeta en Nova York (escrito en 1930 e publicado en 1940), en que explora a súa alienación e illamento con novas técnicas poéticas. Máis adiante publicou dúas obras teatrais (Así que pasen cinco años e El público), escritas entre marzo e xuño de 1930 durante a súa estadía en Cuba.

O 25 de outubro é considerado o Día de Federico García Lorca en Galicia.

Segunda República

Coa chegada da Segunda República Española, o seu mentor, Fernando de los Ríos, foi nomeado Ministro de Instrución Pública. Lorca faise cargo do grupo teatral ambulante La Barraca (1932), co que percorre a España rural e achega o teatro clásico ao pobo. As diferentes actuacións lévano a Galicia, onde visita A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Baiona e Ribadeo, e entra en contacto coa intelectualidade galega. Nesa época escribe a triloxía rural: Bodas de sangre (1933), Yerma (1934) e La casa de Bernarda Alba (1936). En 1933 realizou unha xira pola Arxentina. O 11 de agosto de 1934 morreu o seu amigo toureiro Ignacio Sánchez Mejías por unha cornada. O poeta dedicoulle o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías.

Nesa época significouse politicamente. Asinou varios manifestos antifascistas e tiña relación con organizacións como Socorro Vermello Internacional.

Guerra civil e asasinato

Lorca marchou de Madrid cara a súa terra antes do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En Granada refuxiouse coa familia do poeta Luis Rosales, amigo seu. Sentíase máis seguro alí, pois dous dos seus irmáns eran destacados membros da Falange de Granada. Con todo, o 16 de agosto de 1936 Lorca foi detido pola Garda Civil. Cos gardas estaban Juan Luis Trescastro Medina, Luis García-Alix Fernández e Ramón Ruiz Alonso, exdiputado da CEDA, quen denunciara a Lorca como espía ruso no Goberno Civil de Granada. Segundo o historiador Ian Gibson, Lorca estaba acusado de «ser espía dos rusos, estar en contacto con estes por radio, ser secretario de Fernando de los Ríos e ser homosexual».

Semella definitivamente probado que Federico García Lorca foi fusilado ás 4:45 h da madrugada do 18 de agostonun camiño entre Víznar e Alfacar. O seu corpo, nunca recuperado, permanece enterrado nunha fosa común anónima nalgún lugar desas paraxes. Xunto ao seu, está o cadáver dun mestre nacional, Dióscoro Galindo, e os dos anarquistas Francisco Galadí e Joaquín Arcollas Cabezas, xunto a quen foi executado o poeta.

O autor material dos feitos foi o terratenente falanxista Juan Luis Trescastro Medina, quen diría máis tarde:

Acabamos de matar a Federico García Lorca. Yo le metí dos tiros en el culo por maricón.

Lorca en Galicia

Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra 
Seis poemas galegos, con prólogo, en castelán, de Eduardo Blanco Amor (E.B.A), Nós, 1935.

Federico García Lorca visitou Galicia por primeira vez en 1916 nunha viaxe de estudos. En Madrid, na Residencia de Estudiantes, coñeceu o musicólogo galego Jesús Bal y Gay, co que ensaiaba cántigas do folclore musical galego. Nesa época lía tamén os cancioneiros galego-portugueses e a autores galegos como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio.

En 1931 coñeceu a Ernesto Guerra da Cal, nacionalista galego que residía en Madrid dende a infancia. A través del entrou en contacto co ambiente galeguista de Madrid e asistía ós faladoiros que mantiñan Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo, quen daquela eran deputados.

En maio de 1932 realizou a súa segunda viaxe a Galicia para dar unha serie de conferencias. En Compostela fixo amizade con Carlos Martínez-Barbeito, a cal se afianza ao marchar este a estudar a Madrid ese mesmo ano.

En agosto de 1932 visitou Galicia por terceira vez coa compañía teatral "La Barraca", e actuou en varias cidades e vilas galegas. En novembro ditou unha serie de conferencias xunto con Xosé Filgueira Valverde. Estreou na revista Yunque de Lugo o primeiro dos seus poemas galegos: Madrigal â cibdá de Santiago, escrito co asesoramento de Francisco Lamas López e Luís Manteiga.

Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra 
Ernesto Guerra da Cal e Lorca en Madrid en 1934.[15]

En 1933 Eduardo Blanco Amor, entón correspondente do xornal arxentino La Nación, coñeceu a Lorca e presentouno na Arxentina. Así, cando Lorca viaxou á Arxentina, recibiu unha calorosa acollida, en especial pola comunidade galega. En agradecemento, Lorca escribiu Cántiga do neno da tenda. De volta en España, desenvolveu unha intensa relación con Blanco Amor, quen mesmo pasou algunhas tempadas na casa familiar de Lorca en Fuente Vaqueros.

Animado polo ourensán, Lorca accedeu a publicar os seus poemas galegos no libro Seis poemas galegos en 1935 coa Editorial Nós. Eran composicións naturais e espontáneas que lembraban os poemas publicados en Canciones (1927), mais ó mesmo tempo insírense na tradición literaria galega. Eduardo Blanco Amor, autor do limiar (aínda que en castelán), sempre mantivo que os poemas eran esencialmente creacións de Lorca, tanto dende o punto de vista lingüístico como estilístico. Porén, Ernesto Guerra da Cal afirmaba que fora el quen os vertera en galego, visión apoiada por Xosé Luís Franco Grande. Con todo, o resto das investigacións déronlle a razón a Blanco Amor.

Obra

Prosa

Poesía

  • Libro de poemas (1921)
  • Oda a Salvador Dalí (1926)
  • Canciones (1927)
  • Romancero gitano (1928)
  • Poema del cante jondo (1931, [1921])
  • Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935)
  • Seis poemas galegos (1935), Santiago de Compostela, Nós.
  • Diván del Tamarit (1936)
  • Sonetos del amor oscuro (1936)
  • Poeta en Nova York (1940, [1929])

Teatro

Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra 
Lorca, Pura Maortua e Valle-Inclán na preestrea de Yerma, Madrid, 1934.
Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra 
Placa na praza de Sta María de Lugo.
  • El maleficio de la mariposa [1920], en verso.
  • Mariana Pineda (1927)
  • La zapatera prodigiosa (1930)
  • Retablillo de Don Cristóbal (1930)
  • El público (1930)
  • Así que pasen cinco años (1931).
  • Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín (1933)
  • Bodas de sangre (1933)
  • Yerma (1934)
  • Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores (1935)
  • La casa de Bernarda Alba (1936)
  • Comedia sin título (inacabada) (1936)

Con versión en galego

As obras de Lorca que contan cunha versión publicada en galego son:

Recoñecementos

Levan o seu nome rúas, avenidas, prazas, parques, centros culturais, auditorios, un buque da navieira Baleària e o aeroporto de Granada, oficialmente chamado Federico García Lorca Granada-Jaén.

En 2018 dedicóuselle o Día do Orgullo Galego. En 2019, o concello de Redondela propúxolle á Real Academia Galega que lle dedicase a Lorca un Día das Letras Galegas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Multimedia externa
Gravacións de son
Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra  "Alberti recita poemas de Lorca". UNLP. 1961. 
Vídeos
Federico García Lorca: Traxectoria, Lorca en Galicia, Obra  "Para todos la 2" (en castelán). La 2. 2011. 

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Federico García Lorca TraxectoriaFederico García Lorca Lorca en GaliciaFederico García Lorca ObraFederico García Lorca RecoñecementosFederico García Lorca Galería de imaxesFederico García Lorca NotasFederico García Lorca Véxase taménFederico García Lorca

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carmen MéndezGoizuetaWikipediaVimianzoNormandíaLino LópezUnión Europea de RadiodifusiónUniversidade de Santiago de CompostelaXunta de GaliciaAC-422Dolores O'RiordanBimba y LolaPosición aconchegadaTonhito de PoiGuillermo VicenteCélula pancreática acinarTea Rooms. Mujeres obrerasSuso Díaz EstévezManuel Fernández DoalloSistema operativoRaquel Sánchez-SilvaRede privada virtualHarvey WeinsteinRaquel Castro MartínezRomaníaPeer-to-peerIker MuniainGonzalo MellaHermisendeO PorriñoSydney SweeneyDía das Letras GalegasCoordenadas xeográficasCervo comúnHorteláMarta DahlgrenRevolución dos CaraveisFrancisco Vázquez VázquezMustafa Kemal AtatürkPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024LugoPedro RieloAccidente de ChernóbilApóutegaJosé Antonio Primo de RiveraVicente RiscoGalernaRamadánLista de nomes femininos en galegoC++Nico HülkenbergSegunda guerra mundialRicardo BeirasGacelaAriadna GilSonsoles EspinosaISBNKAdolfo SuárezIsaac Díaz PardoNordés (vento)Revolución dos caraveisJeff BezosA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoSelena GomezA gaita gallega (libro)QueiroaEstragónOurenseIsabel II do Reino UnidoPaco JémezPRECFelipe GonzálezIslandia🡆 More