Ramadán

O ramadán (en árabe: رمضان, Ramaḍān), é o noveno mes do calendario musulmán, e é considerado pola comunidade musulmá de todo o mundo como o mes de xaxún para conmemorar a primeira revelación do Corán a Mahoma segundo as crenzas do islam.

Esta celebración anual está considerada como un dos 5 Alicerces do islam. O mes dura uns 29 ou 30 días baseándose no avistamento da lúa crecente, seguindo as numerosas referencias compiladas no hadiz.

Ramadán
Lúa crecente en Manama, que marca o comezo do mes do ramadán en Bahrain.
Ramadán
Crecente Ramadán.

Calendario

O calendario musulmán é un calendario lunar, cada mes comeza despois da lúa nova, ao se facer visible o primeiro brillo da lúa crecente. A maioría dos musulmáns insiste na observación local do cuarto crecente para marcar o principio do ramadán, mais outros prefiren o cálculo da lúa nova para determinar o empezo do mes. Xa que o primeiro crecente non aparece ao mesmo tempo en todos os lugares, as datas de inicio e fin do mes depende do que se ve en cada lugar. Xa que logo, as datas varían dun país a outro, e se non hai evidencia de lúa pode comezar un día despois. Como o calendario musulmán pode contar dez, once ou, en anos bisestos, doce días menos que o solar e sen embolismo ningún, o ramadán muda cada ano e pasa progresivamente dunha estación a outra.

As datas correspondentes ao inicio e fin deste mes no calendario gregoriano son as seguintes:

Ano (calendario musulmán) Ano (calendario gregoriano) Ramadán
1441 2020 24 de abril - 23 de maio
1442 2021 13 de abril - 12 de maio
1443 2022 3 de abril - 2 de maio
1444 2023 23 de marzo - 21 de abril

Celebracións

Ramadán 
Fieis a cumprir a noite de Qnunha mesquita de Jamkarân (Irán).

Lailat al-Qadr

Lailat al-Qadr (noite do destino) está considerada a noite máis santa do ano, conmemora a noite no que o arcanxo Gabriel lle revelou ao profeta Mahoma os primeiros versos do Corán. Para os musulmáns esta noite é "mellor que mil meses" de oracións, boas accións e invocación: rezar durante toda esta noite ten tanta recompensa como rezar durante mil meses, xa que logo, moitos musulmáns pasan parte, ou mesmo toda, da noite a rezar ou ler o Corán. Non hai unha data exacta, e a falta de poder determinada é habitual que os crentes celebren ese día varias veces no ramadán para asegurar o seu cumprimento.

Segundo a tradición sunnita esta noite cadra nos últimos dez días impares do ramadán, e así pode ser o 21, 23, 25, 27 ou 29 dese, aínda que se adoita facer énfase no 27. Mentres na tradición xiíta, esta noite tamén coincide co último terzo do ramadán, mais fan fincapé no 19, 21 ou 23 do mes.

Eid al-Fitr

Ramadán 
Rezo durante o Eid al-Fitr en Somalia.

O Eid al-Fitr, a fin do período de xaxún e do ramadán, é unha ocasión de celebración e festa que abrangue tres días. Tras a fin do xaxún, os musulmáns acoden ás mesquitas a primeira hora da mañá vestidos coa súa mellor roupa, moitas veces nova, para a primeira oración do Eid. Os nenos reciben agasallos, organízanse festas e visítanse familiares e amigos. Tamén é tradición darlles alimentos aos pobres.

Outros acontecementos

No ramadán conmemóranse varios acontecementos importantes da historia do islam:

  • 6 de ramadán, nacemento de Hussein, fillo pequeno de Mahoma ;
    • Nacemento de Fátima, a súa filla ;
  • 10 de ramadán, morte de Khadija, a primeira esposa de Mahoma, en 619 ;
  • 17 de ramadán, a batalla de Badr, que significou a primeira vitoria sobre os quraysh da Meca, en 624 ;
  • 19 de ramadán, a conquista da Meca en 630;
  • 21 ramadán, o asasinato de Ali, xenro de Mahoma, 4º califa e 1º imán xiíta, en 661;
  • 22 de ramadán, nacemento do anterior ;
    • Morte de Ali al-Rida, 8º imán xiíta, en 818.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Ramadán CalendarioRamadán CelebraciónsRamadán NotasRamadán Véxase taménRamadánAlicerces do islamCalendario musulmánCoránLingua árabeMahomaXaxún no islam

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Castelo da PicoñaXurxo de CapadociaRosario Porto OrtegaCeleste CaeiroRastroCinema pornográficoVeneciaHindemburg Melão Jr.MondarizLingua galegaCulleredoJude BellinghamManuel MurguíaCarlos NegroContactHelena Bonham CarterXuetasLuis García-ReyParasitoBidueiroBeatriz MatoSalvador DalíEmilia Pardo BazánKiwi (froita)Real Academia Galega de Xurisprudencia e LexislaciónJacobo BucetaÁlex FidalgoNoruegaArnaldo OtegiEscolas de Ensino Galego SementeFentaniloRosalía Fernández RialIdade do CobreEslovaquiaMiguel de CervantesDavid PerdomoAndoriñaA EstradaAvesMichelle Clemente EscotetPaddington 2Lauren BacallJosep CarrerasNarónProtocolo de transferencia de arquivosCélula pancreática acinarMaría Teresa PérezSamuel Eto'oIrmandades da FalaNapoleón I de FranciaRosalía de CastroMiguel Ángel Zabalza BerazaAves non voadorasChantadaNCISMarta SánchezOctavio AugustoBerta DávilaFrancisco FrancoÍñigo AlfonsoOs PinosPitbullCarballo comúnProvincias de EspañaRusiaNubeiroLingua intereslavaFran Alonso🡆 More