Célula Pancreática Acinar: Célula secretora de encimas dixestivos

As células pancreáticas acinares son as células secretoras de encimas dixestivos que forman parte dos acinos do páncreas exócrino.

O páncreas exócrino está organizado en acinos, que son grupos arredondados ou alongados dunhas 40-50 células, que forman unha soa capa arredor dun conduto central do acino, onde se verte a secreción, que desembocará no conduto pancreático principal, o cal á súa vez desemboca no duodeno. As células pancreáticas acinares forman a maior parte do páncreas, onde tamén hai outros tipos de células como as células centroacinares pancreáticas, situadas nos condutos, as células estreladas pancreáticas e as células endócrinas dos illotes de Langerhans, produtoras de hormonas.

Célula Pancreática Acinar: Características, Secreción e regulación, Notas
Na imaxe vese un illote de Langerhans no centro (máis claro) rodeado de acinos exócrinos (máis escuros). As células pancreáticas acinares formarían os acinos da periferia da imaxe.

Características

Célula Pancreática Acinar: Características, Secreción e regulación, Notas 
Debuxo esquemático dunha célula pancreática acinar.

Son células piramidais. A parte basal está chea de cisternas de retículo endoplasmático rugoso, mesturadas con polirribosomas e mitocondrias. A parte apical está ocupada por numerosos gránulos de secreción, chamados gránulos de cimóxeno. Os encimas que segrega a célula fabrícanse en forma de proencimas ou cimóxenos (precursores dos encimas) no retículo endoplasmático, que ten unha enorme extensión e ocupa un 20% do volume celular ; son despois enviados ao aparato de Golgi, en posición supranuclear e grande, que desprende vesículas, que formarán os gránulos secretores. Preto do aparato de Golgi atópanse lisosomas e gotiñas lipídicas. O polo apical da célula é a zona de almacenamento dos gránulos de cimóxeno secretores, grandes e densos, que se acumulan en gran cantidade nos períodos entre comidas, e que son liberados por exocitose cando está en proceso a dixestión, liberando ao seu contido no conduto do acino .

Secreción e regulación

A actividade das células pancreáticas acinares está regulada principalmente de forma endócrina, aínda que tamén inflúe a innervación vagal. A presenza de alimento e de produtos ácidos no estómago provoca a liberación das hormonas secretina e colecistoquinina. A colecistoquinina provoca no páncreas a secreción de gran cantidade de encimas dixestivos. A secretina non estimula as células pancreáticas acinares pero si fai aumentar a secreción de zume pancreático ao incrementar a produción de líquido e bicarbonato. As dúas hormonas actúan conxuntamente.

Os encimas do zume pancreático poden dixerir carbohidratos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos. Entre eles están a amilase pancreática, que actúa sobre o amidón e o glicóxeno, a lipase pancreática, que actúa sobre as graxas, a ribonuclease e desoxirribonuclease, que actúan sobre os ácidos nucleicos, e un conxunto de proteases, como a tripsina, quimotripsina e carboxipeptidase. As proteases libéranse como proencimas ou cimóxenos inactivos , de maneira que non poden actuar no páncreas (e mesmo o páncreas libera un inhibidor da tripsina para asegurarse de que sexa así). Estes proencimas só formarán os encimas activos unha vez vertidos no duodeno, onde unha protease corta unha porción da súa estrutura, e a molécula restante é activa. Así, no páncreas prodúcense os cimóxenos tripsinóxeno e quimotripsinóxeno, que se converten en tripsina e quimotripsina no duodeno. Se os encimas se fan activos no páncreas prodúcese pancreatite aguda, que pode ser moi grave, xa que se destrúe o tecido do órgano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Célula Pancreática Acinar CaracterísticasCélula Pancreática Acinar Secreción e regulaciónCélula Pancreática Acinar NotasCélula Pancreática Acinar Véxase taménCélula Pancreática AcinarAcinoCélula centroacinarCélula estrelada pancreáticaDuodenoEncimaIllote de LangerhansPáncreasSecreción

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

The Wedding DateMáquina comecartosChatGPTXestaLingua casteláTu quoqueXesús PisónFesta dos maiosBugalloSantuario de Nosa Señora da PenedaSantiago de CompostelaÁreas lingüísticas do galegoPosicións sexuaisValfendidoChula1Arabia SauditaJosé Manuel Rodríguez PuenteTECOR societarioAs Pontes de García RodríguezO reino medieval de Galicia na historiografíaProduto interior brutoGatoPrefectura de GifuLista de episodios de Shin ChanAntón TovarDios ke te crewGonzalo DuránLondresCuruxa comúnMaría Xosé QueizánRibeiraXEscherichia coliAWStatsVilela, Outeiro de ReiLaura AñónLuísa MerelasPedra de SconeIgnacio CodesidoJoseba ApaolazaCarmen ReyCafés CandelasPremios da Cultura GalegaBradley CooperThe Notebook (filme)Televisión de GaliciaPilar BahamondeXan XoveCalendario hebreoMarraxoNacionalismo galegoLugoCampionato de España de segunda categoríaMaría GalianaMona SimpsonSalman RushdieOrchataEsther EstévezMarínXoniaBracara AugustaSaneamentoA Pobra de TrivesJohn HerschelA sementeiraPoutaXián (nome)Carmen Martín GaiteRubiáOs demostrativos galegosLista de concellos de Ourense🡆 More