Nome Xián: Nome masculino

Xián (pronunciado /ʃi'aŋ/) é un nome propio masculino galego de orixe latina: xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus.

Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal.

Nome Xián: Variantes, Santoral, Etimoloxía
San Xián o Hospitaleiro, en Romai, Portas.

Variantes

Conta coas variantes Xiao, Xillao, Xullán, Xuiao e Xulián. O feminino é Xiana coa variante Xuliana. Relaciónase co nome Xulio (Xulia).

En abril de 2015, 652 varóns levaban o nome galego Xián en España, deles 571 en Galiza, maiormente nas provincias da Coruña e Pontevedra. A idade media era de soamente 8 anos, xa que antes adoitaba usarse a forma castelá Julián. A variante dialectal Xiao lévana 47 varóns , maioritariamente en Galiza. A forma Xulián, 40 varóns. A forma castelá Julián non é moi popular[Cómpre referencia] en Galiza, pero lévana 1385 varóns.

A forma feminina Xiana é aínda máis abundante; lévana 1038 mulleres en España, 927 en Galiza.

Santoral

Existen varios santos con este nome. Entre eles, san Xián o Hospitaleiro, de maior culto en Galicia; san Xián de Brivate; e san Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.

Etimoloxía

Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio. exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar).

Seica este nome teña moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".

Variantes noutras linguas

Outros:

  • Jolyon
  • Julijan
  • Juliyan
  • Julien
  • Julyan
  • Juleane
  • Julean
  • Juliaan
  • Julianne
  • Julion
  • Julyin
  • Julyon
  • Julienn
  • Julienne
  • Jullien
  • Jullin
  • Julyen
  • Jülyen
  • Jullian
  • Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
  • Juljan
  • Iulian
  • Iulică
  • Turiano
  • Lulo
  • Juli
  • Gabelica

Persoeiros

Galegos

Antigüidade

  • Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
  • Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.

Santos

  • Xián de Antince (ca. †304), mártir e santo xunto á súa dona Basilisa. Festividade: 9 de xaneiro;
  • Xián de Anazarbus (San Xián de Antioquía), mártir do século IV na relixión cristiá pola súa lealdade a Deus. Festividade: 16 de marzo;
  • Xián de Cuenca ou de Burgos (†1208), bispo de Cuenca - Festividade: 28 de xaneiro;
  • Xián de Toledo (c. 642-†690), arcebispo, fillo de xudeus - Festividade: 8 de marzo;

Nobres

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Nome Xián VariantesNome Xián SantoralNome Xián EtimoloxíaNome Xián Variantes noutras linguasNome Xián PersoeirosNome Xián NotasNome Xián Véxase taménNome XiánAlfabeto Fonético InternacionalGalego medievalLinguas xermánicasNome propioPuñal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MarylandAntolín FaraldoFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)MadagascarXunta de GaliciaMarta DarribaEster ExpósitoCopia por contactoJoaquin PhoenixGuerra civil españolaBatalla de Medina de RiosecoPobo triquiAntigo ExiptoTopónimos célticos en GaliciaIbai LlanosPúrpuraCarcasonaSindicatoÁcido desoxirribonucleicoVincent van GoghGreta ThunbergSanxenxoÓscar García PatiñoDaniel de la SotaEzio Flavio BazzoStellantisAda NegriSegunda guerra mundialFrancisco Miguel Llanos TrápagaLista de nomes femininos en galegoA Trabe, San Román de Montoxo, CedeiraSalzburgoFudbalski Klub Crvena ZvezdaSantuario do Bom Jesus do MonteFátima PegoNarónComunistaHimno Nacional de ChileMichelangelo AntonioniPremios Mestre MateoAngkor WatShirley ChisholmFonte de Oliva, ValboaDemocraciaOcéano AtlánticoFelaciónElizabeth TaylorMáximo común divisorExaculaciónCarqueixaSylvester StalloneAzorHeptosaPontecesoAnggunRibadaviaMarineda CityRachel WeiszRonaldinhoCharles PéguyCopa LibertadoresJosé Pérez-ArdáTomás IribarrenLucas TorreiraFervenza do ÉzaroIlyushin Il-76Vilanova dos Infantes, CelanovaIn My Head (canción de Jason Derulo)Portela da CandaNúmero piDemocracia OurensanaAWStats🡆 More