Greta Thunberg: Activista ambiental sueca

Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global.

Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.

Infotaula de personaGreta Thunberg
Greta Thunberg: Traxectoria, Folgas escolares polo clima, Outras actividades reivindicativas
(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg Editar o valor em Wikidata
3 de xaneiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstocolmo
Bergshamra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnticapitalismo Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMitigação das mudanças climáticas (pt) Traducir, ecologia política (pt) Traducir, youth activism (en) Traducir, cambio climático e ecoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade20 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata -
MovementoFolga escolar polo clima Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1 de outubro de 20211 October 2021 Fridays for Future protest (en) Traducir
24 de setembro de 202124 September 2021 Fridays for Future protest (en) Traducir
3 de setembro de 2020I Am Greta (pt) Traducir
21 de agosto de 2020Fridays for Future protest in Linköping, 21 August 2020 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
23 de setembro de 2019Cimeira de Ação Climática das Nações Unidas de 2019 (pt) Traducir
11 de setembro de 2019The Daily Show
setembro de 2019Greve climática de setembro de 2019 (pt) Traducir
agosto de 2019Voyage of Greta Thunberg (en) Traducir
19 de xullo de 2019Fridays for Future protest in Berlin 19 July 2019 (en) Traducir
xuño de 2019Brilliant Minds (en) Traducir
31 de maio de 2019Fridays for Future protest in Copenhagen 31 May 2019 (en) Traducir
25 de maio de 2019Fridays for Future protest in Copenhagen 25 May 2019 (en) Traducir
24 de maio de 2019Fridays for Future protest in Stockholm 24 May 2019 (en) Traducir
29 de marzo de 2019Fridays for Future protest in Berlin 29 March 2019 (en) Traducir
15 de marzo de 2019Fridays for Future protest in Stockholm 15 March 2019 (en) Traducir
1 de marzo de 2019Fridays for Future protest in Hamburg 1 March 2019 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2019Swedish Sports Awards (en) Traducir
18 de xaneiro de 2019Skavlan (pt) Traducir
xaneiro de 2019World Economic Forum
decembro de 20182018 United Nations Climate Change Conference (en) Traducir
24 de novembro de 2018Greta Thunberg's TED speech (en) Traducir
1963Vi i femman (en) Traducir
Greta Thunberg: A Year to Change the World (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisSvante Thunberg Editar o valor em Wikidata  e Malena Ernman Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeata Ernman Editar o valor em Wikidata
ParentesOlof Thunberg (avó paterno) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
20 de setembro de 2019-27 de setembro de 2019Greve climática de setembro de 2019 (pt) Traducir
14 de agosto de 2019-28 de agosto de 2019Voyage of Greta Thunberg (en) Traducir
24 de novembro de 2018Greta Thunberg's TED speech (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Greta Thunberg: Traxectoria, Folgas escolares polo clima, Outras actividades reivindicativas Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm10361418 Allocine: 898247
Facebook: gretathunbergsweden Twitter: GretaThunberg Instagram: gretathunberg Youtube: UCAgIfWgzZ6QtvB_Oj1SBNnA TED: greta_thunberg Spotify: 4HqaHQ97obNgjORlzSeWan iTunes: 1454275104 Last fm: Greta+Thunberg Musicbrainz: 28c5a9ec-b17b-4eaf-ba28-099f796e23a5 Discogs: 7205396 Allmusic: mn0003860074 WikiTree: Thunberg-21 Deezer: 60348712 Genius: Greta-thunberg Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

A súa nai é a cantante de ópera sueca Malena Ernman e o seu pai, o actor Svante Thunberg, O seu avó é o actor e director Olof Thunberg.

En decembro de 2018, Thunberg describíase como "diagnosticada da síndrome de Asperger, de desorde obsesivo-compulsiva e de mutismo selectivo". Para reducir a pegada de carbono da súa familia, insistiu en que se volvesen veganos e renunciasen a viaxar en avión.

Folgas escolares polo clima

Greta Thunberg: Traxectoria, Folgas escolares polo clima, Outras actividades reivindicativas 
Greta Thunberg: Traxectoria, Folgas escolares polo clima, Outras actividades reivindicativas 
"Segue a Greta! Fai folga polo clima!" en Berlín (14 de decembro de 2018).

O día 20 de agosto de 2018, cando cursaba o noveno curso na escola, decidiu non ir á escola ata as eleccións xerais suecas, o nove de setembro tras as vagas de calor e a vaga de incendios en Suecia. Demandaba que o goberno sueco reducise as emisións de carbono consonte ao acordo de París e protestou facendo unha sentada fóra do parlamento cada día durante o horario escolar levando un cartel que dicía: Skolstrejk för klimatet (folga escolar polo clima). A partir de aí, converteuse nunha icona xuvenil da loita polo clima, seguindo os pasos da devanceira Severn Suzuki.

Logo das eleccións xerais continuou a facer folga, pero só os venres, co que chamou a atención dos medios de comunicación de todo o mundo. Foi unha inspiración para escolares de todo o planeta que formaron parte das folgas escolares. A altura de decembro de 2018 máis de 20 000 estudantes xa participaran nas folgas en alo menos 270 cidades. Thunberg dálle o mérito de inspirala para comezar a súa folga escolar polo clima ó grupo de activistas adolescentes da escola Parkland en Florida, quen organizaron a Marcha polas nosas vidas.

Outras actividades reivindicativas

Greta Thunberg participou na manifestación Rise for Climate diante do edificio do Parlamento Europeo en Bruxelas. En outubro de 2018 desprazouse coa súa familia en coche eléctrico a Londres onde leu a "Declaración de rebelión" organizada por Extinction Rebellion diante das Casas do Parlamento.

Foi relatora no TEDxStockholm o 24 de novembro de 2018. Nesta charla TED falou de que cando tiña oito anos decatarase que existía o quecemento global e preguntouse como era que non aparecía como titular das novas en todas as canles de comunicación, como correspondería á súa gravidade, tal e como se dunha guerra mundial se tratase. Comentou que o motivo de ir á escola non foi para converterse nunha científica do clima, como algúns suxeriron, porque a parte científica xa estaba feita e só quedaba a negación, a ignorancia e a inacción. Especulando con que os seus fillos e fillas, netas e netos lle preguntarían a razón pola que non se tomaran accións en 2018, cando aínda se estaba a tempo, remataba concluíndo con que "non podemos cambiar o mundo seguindo as normas, as normas teñen que cambiarse".

Thunberg dirixiuse ós participantes na conferencia sobre o cambio climático das Nacións Unidas, COP24, o 4 de decembro de 2018 e tamén falou antes da asemblea plenaria que tivo lugar o 12 de decembro de 2018.

O 23 de xaneiro de 2019 chegou a Davos, logo dunha viaxe de 32 horas en tren, onde criticou que a maior parte dos representantes oficiais chegaran usando ata 1 500 vos en avións privados, para continuar a facer campaña no Foro Económico Mundial. No seu discurso en Davos dixo: "Algunhas persoas, algunhas compañías e especialmente algunhas persoas en postos de decisión saben os prezados valores que veñen sacrificando para continuar a facer impensables moreas de diñeiro. Creo que moitas das persoas que estades aquí pertencedes a ese grupo de xente" Na mesma semana, un pouco máis tarde, advertiu ás elites globais que: "A nosa casa está ardendo" engadindo " Quero que vos espante. Quero que sintades o medo que eu sinto cada día. Debémosllo á mocidade, debémoslles dar esperanza."

A comezos de marzo o grupo de partidos da dereita (populares, liberais e extrema dereita) no Parlamento Europeo non lle permitiu intervir no parlamento, petición feita polos Verdes, Socialdemócratas e Esquerda Unitaria.

Controversia

Logo de que as súas folgas escolares polo clima gañaran popularidade, Thunberg acabou por tornarse o branco de ataques que buscan desacreditala ou aproveitarse da súa posición. A finais de 2018, Ingmar Rentzhog, fundador da organización sen ánimo de lucro We Don't Have Time Foundation (WDHT) recrutouna como xove asesora (non pagada) e utilizou o nome e a imaxe de Thunberg para recadar millóns de euros para a súa organización subsidaria We Don't Have Time AB, na que o propio Rentzhog é o CEO. Thunberg non recibiu ningún diñeiro procedente da compañía. Deu fin a súa función de asesora en WDHT, declarando que "[non formo] parte de ningunha organización... son totalmente independente... [e] todo o que fago fágoo de xeito gratuíto."

Premios e recoñecementos

Greta Thunberg estaba entre as persoas premiadas no concurso de redacción de artigos de debate organizado en maio de 2018 polo Svenska Dagbladet dirixido á mocidade e que tiña por tema o clima.

Thunberg foi nomeada pola compañía Telge Energi para o premio destinado á mocidade e á infancia para a promoción do desenvolvemento sostible, o Children's Climate Prize, pero non o aceptou xa que os nomeados terían que ter viaxado en avión a Estocolmo dende todo o mundo. En novembro de 2018 gañou a bolsa Fryshuset como xove referente do ano. En decembro de 2018 a revista Time designouna como unha das 25 adolescentes máis influentes do mundo durante o 2018.

En marzo de 2019 foi nomeada como candidata ao Premio Nobel da Paz por iniciativa do lexislador noruegués Freddy Andre Oevstegaard e outros dous membros do partido Esquerda Socialista de Noruega.

En 2019 foi nomeada para o Prix Liberté, impulsado pola rexión de Normandía (Francia), na súa primeira edición e concedéronlle o premio medioambiental do Consello Nórdico que agradeceu mais rexeitou pola falta de acción contra a crise climática.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Greta Thunberg TraxectoriaGreta Thunberg Folgas escolares polo climaGreta Thunberg Outras actividades reivindicativasGreta Thunberg Premios e recoñecementosGreta Thunberg NotasGreta Thunberg Véxase taménGreta Thunberg200320183 de xaneiroActivismoCambio climáticoEstocolmoFolga escolar polo climaOrganización das Nacións UnidasPobo suecoQuecemento globalRiksdag

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gerardo Pardo de VeraRegina García GarcíaLista de paísesAnxo ArcaJosé Pablo del Bado RivasPrivacidadeLingua casteláAzorDeportivo da CoruñaShirley Chisholm7 de febreiroBidueiroEminemGalería de imaxes de arañas de GaliciaManuel Gago MariñoEra da informaciónO SalvadorCaralloAdánNacionalismoHindemburg Melão Jr.i0tj9Silvia SuperstarLorbé, Dexo, OleirosLista de WikipediasC. TanganaEl LuísFrei Basilio Río BrenllaGuerra civil españolaOPMLPireneosRequintaIndependentismoRedondelaA morte na literatura popular galegaMario Vargas LlosaIgrexa católicaUniversidade de Roma La SapienzaJosé Luis Iglesias LagoSplicingFrancisco Llanos MasSexoDaniel de la TorreSegunda República EspañolaRibadeoWikipediaBen AffleckReconquista de VigoCarles PuigdemontPaz Lamela VilariñoJoe LiebermanDitaduraDios ke te crewManuel AntonioAlbert CamusLondresAlfonso SotoGuepardoComarcas de GaliciaAWStatsRakel WinchesterCarqueixaRibadaviaCamilo José CelaGalego-portuguésImperio españolLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingEzio Flavio BazzoFlorencia PeñaEmilia Pardo BazánXoán Antón Pérez-Lema🡆 More