Metáfora: Figura estilística; usar un termo para referirse a outro

A metáfora (do grego μεταφορά translación, de μετά ao outro lado e φέρω levar) é un dos tropos con máis efectos expresivos e estéticos na lingua literaria.

Consiste en trasladar o sentido propio dun termo real (TR) a outro co que mantén unha relación de semellanza (termo imaxinario, TI). A súa forma máis perfecta é a metáfora pura ou metáfora in absentia, na que só figura o TI e na que ten que deducirse o TR. Por outra banda, aquela na que se expresan os dous termos, a chamada metáfora impura ou metáfora in praesentia, resulta menos escura e permite máis alardes imaxinativos accesibles para o lector. Non se debe confundir a metáfora co símil, xa que a primeira non leva nexo de comparación; ademais, a relación que a metáfora indica non é comparativa, senón de identificación.

Exemplos

  • Moitas palabras adquiriron o seu sentido actual por seren empregadas nalgunha época como metáforas.

→ TESTA 'maceta' > testa.

→ GEMMA 'gromo' > xema (do dedo)

→ PĚRNA 'pata de animal' > perna.

  • Do poema Souben amar (no poemario Códice Calixtino de Luz Pozo Garza):
            Foron rúas escuras coma bosques de cedros
            que non volven.
            No fondal dos recordos pasaba o vento escuro.

Estes versos constitúen conxuntamente unha metáfora que nos refire os días idos poboados de dúbidas e da ausencia de declarada correspondencia amorosa.

  • En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro). As "palomas" (pombas) identifícase co concepto de 'doncela'. A "luz", símbolo de vida e destrución, identifícase co gaiteiro.
            pobres palomas, buscaban
            a luz que as ía queimar

Tipos de metáfora

Metáfora antropomórfica

Metáfora que se une á prosopopea, polo que atribúe capacidades ou características humanas a outros seres vivos e a obxectos.

Metáfora aposicional

Aquela que leva expresos os seus dous termos e que se constrúe igual que unha aposición.

Metáfora atributiva, metáfora impura ou imaxe

Metáfora que leva expresos os seus dous termos, entrelazados por un nexo atributivo.

Metáfora cinestésica

A que atribúe sensacións ou capacidades sensoriais a algo que non as ten, o que podería causar a impresión dunha incongruencia semántica.

Metáfora hiperbólica

Metáfora que se une a unha hipérbole. En realidade, no fondo de toda metáfora sempre se esconde unha maior ou menor esaxeración, pero denomínase metáfora hiperbólica a aquela na que a desmesura está moi clara.

Metáfora impresionista ou descritiva

Aquela que conta con varios termos imaxinarios xustapostos.

Metáfora léxica ou lingüística

Vocábulo metafórico de uso común na lingua, coma pode ser folla de papel, ou pluma estilográfica.

Metáfora pura

Metáfora na que só se expresa o termo imaxinario (TI); o termo real (TR) debe ser deducido a partir do contexto.

Metáfora de segundo grao

A que presupón outra metáfora anterior, sen a cal a de segundo grao non tería sentido.

Metáfora sinestésica

Aquela que se une a unha sinestesia.

Metáfora surrealista, alucinante, onírica ou visionaria

Metáfora cuxo termo imaxinario é irracional, ilóxico, sen relación de semellanza evidente coa realidade, aínda que si a teña para o seu creador. O seu valor expresivo é moi forte, pretendendo provocar no lector unha determinada emoción. Este tipo de metáforas, nadas tras a profunda renovación poética que as creacións de Charles Baudelaire supuxeron, non son só propias do Surrealismo, aínda que con el acadan o seu máximo desenvolvemento.

Metáfora zoomórfica ou animalizadora

Aquela que identifica con animais ou capacidades e calidades de animais aos seres humanos.

Metáfora TI + de + TR

Metáfora formada por un sintagma preposicional; o TI anticipa ao TR.

Metáfora TR + de + TI

Metáfora formada por un sintagma preposicional; o TR anticipa ao TI.

Véxase tamén

Tags:

Metáfora ExemplosMetáfora Tipos de metáforaMetáfora Véxase taménMetáforaGrego antigoSímilTropo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Moisés Rodríguez PérezLuis Carrero BlancoImmanuel KantSegunda guerra mundialVento feridoJacinto BenaventePaís VascoFentoFabiola GarcíaMarcelo CaetanoTereixa ConstenlaAsunta Basterra PortoLista de presidentes da República PortuguesaChatGPTIrmandiñosPontevedraNacho CastañoIgnacio Rivera QuintanaVila Nova de CerveiraPablo Iglesias TurriónArantzaLista de castelos de PortugalSéculos EscurosTwitterDigital object identifierEditorial GalaxiaMañónCastro de Punta do BicoCristina LosadaSabela (Operación Triunfo)Bala (grupo musical)David MellaLavandaXabier DeiveMaría do Socorro Ortega RomeroCunnilingusSangueAna TurpinSílvia OrriolsProxyCouselo (planta)Alfabeto galegoGabriel García MárquezJohn Forbes NashCristina MaróVangardasSegunda República EspañolaGalileo GalileiPaís Vasco (rexión histórica)Panteón de Galegos IlustresLuis Mateo DíezPaulino PereiroDistritos de PortugalManuel RivasHLA-DMAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPotaPecados capitaisRibadeoLaurent CantetGalaicosLuísa VillaltaO incerto señor Don HamletÁngeles VázquezMario CaneiroTotó GarcíaVilalba, Vilalba, VilalbaSupermanFranciaRexina VegaBolboretaManuel Curros EnríquezLino LópezLondresRoberto Vidal BolañoCohesiónRaffaella Carrà🡆 More