Alfabeto Galego: Letras empregadas en galego

O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais.

Letra Nome Fonema(s) que representa
A a /a/
B be /b/
C ce /θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo);
/k/ (+ a, o e u)
D de /d/
E e /e/, /ɛ/
F efe /f/
G gue /g/ /h/
H hache
I i /i/, /j/
L ele /l/
M eme /m/
N ene /n/
Ñ eñe /ɲ/
O o /o/, /ɔ/
P pe /p/
Q que /k/
R erre /r/, /ɾ/
S ese /s/
T te /t/
U u /u/, /w/
V uve /b/
X xe /ʃ/, /ks/
Z zeta ou ceta /θ/ (/s/ en zonas con seseo)
Dígrafo Nome Fonema(s) que representa
ch ce hache /tʃ/
gu gue u /g/
ll ele dobre /ʎ/
nh ene hache /ŋ/
qu que u /k/
rr erre dobre /r/

No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc. Tamén se empregaban as letras j, g, ç, e duplicacións, como -ss-, -ll-etc., que respondían probablemente a sons que se perderon no estándar actual, e sempre con bastante vacilación no seu emprego. Do mesmo xeito, moitas terminacións de palabras eran elididas ou abreviadas.

A partir da codificación posterior dos dialectos meridionais, o portugués desenvolveu unha serie de dígrafos característicos (lh (/ʎ/), nh (/ɲ/)), que empregan hoxe en día as persoas partidarias das correntes reintegracionistas.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Alfabeto Galego: Letras empregadas en galego 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

AbreviaturaAlfabetoDígrafoEstranxeirismoJKLetraLingua galegaWYÇ

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rías Baixas (serie de televisión)GaliciaCoque MallaOso de SalcedoGonzalo AguiarFran AlonsoOs demostrativos galegosSusana Rodríguez GacioMComadres das LetrasVilagarcía de ArousaMasculino e feminino en galegoPena TrevincaVicente Calderón Montero-RíosFlorencia PeñaMeteoGaliciaPremios Follas Novas do Libro GalegoVenusMorgana en EsmelleMallorcaBessie SmithMarta DarribaBernard ArnaultAntía CalRibadaviaColocación do pronome átono en galegoHomeroDistritos de PortugalXeración do 36A gaita gallega (libro)Isra PérezJosé Manuel BarrosDavid MellaMedalla CastelaoExperienciaFesta da ArribadaRío EbroAndrea PousaMondariz-BalnearioCelobiosaRedondelaPRikiNoelia ReyCunnilingusEspazo ComúnXHamsterScarlett JohanssonVerbo regularCarballoElena CandiaExposición Internacional de París de 1937PROA ComunicaciónJavier GalánLara MéndezXabier DíazCarmen LaforetBreogánMarta DoviroCóleraJavier Arias FouzXoana a BeltranexaArturo RialBolboretaVerónica BoqueteNova YorkChristian CasaresTConcejo de la MestaCalendario gregorianoJosé María RiobooRamón María del Valle-InclánAgustín Fernández PazBromo🡆 More