Comarca De Bergantiños: Comarca da provincia da Coruña

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas.

Está situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 743,51 km² e tiña 66.840 habitantes no ano 2020.

Comarca de Bergantiños
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese
ProvinciaProvincia da Coruña
Área743,51 km²
Poboación66.840 hab. (2020)
Densidade89,9 hab./km²
ConcellosCabana de Bergantiños
Carballo
Coristanco
A Laracha
Laxe
Malpica de Bergantiños
Ponteceso
Xentiliciobergantiñán, bergantiñá

Xeografía

Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co océano Atlántico e a comarca da Coruña, ao sur coa comarca do Xallas e a comarca da Terra de Soneira, ao leste coa comarca de Ordes e ao oeste co océano Atlántico. Os seus 743,51 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus 7 concellos, dende o máis pequeno, Laxe, que abrangue unha superficie de 36,78 km², ata o máis grande, Carballo, que ten unha superficie de 186,09 km².

Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese 
Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

O río máis importante, e no que se artella toda a rede hidrográfica da comarca, é o río Anllóns que atravesa esta comarca de leste a oeste formando no seu discorrer polas terras de Bergantiños un val e na súa desembocadura forma un estuario, que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta, antes de desembocar na ría de Corme e Laxe. O cumio de máis importancia é o monte Castelo (598 m). Bergantiños dispón de numerosas praias, como as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio, Rebordelo en Cabana.

O clima desta comarca é de temperaturas suaves, con pequenas oscilacións térmicas e abundantes precipitacións.

Economía

Na economía desta comarca destacan sobre todo a agricultura a gandaría e a pesca. Entre os portos da comarca destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.

Lugares de interese

Entre o patrimonio histórico destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, a igrexa e as Torres de Mens e as Torres de Nogueira (Coristanco). Entre os espazos naturais salientar o Refuxio de Verdes ao pé do río Anllóns, o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, as praias de Laxe, Traba Razo e Balares, os porto de Malpica, Corme, Laxe así como as illas Sisargas xunto co cabo de Santo Adrián.

Concellos da comarca de Bergantiños

Bergantiños

Concello Poboación
(2020)
Extensión
(km²)
Densidade
(hab./km²)
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Cabana de Bergantiños 4.216 100,23 42,06
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Carballo 31.429 186,09 168,89
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Coristanco 5.950 141,28 42,11
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  A Laracha 11.406 125,95 90,56
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Laxe 2.990 36,78 81,29
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Malpica de Bergantiños 5.352 61,22 87,42
Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese  Ponteceso 5.497 91,97 59,77
Bergantiños 66.840 743,51 89,90

Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese 

Poboación

Con 66.840 habitantes en 2020, a comarca de Bergantiños é a cuarta comarca máis poboada da provincia da Coruña e a décima de Galiza. A meirande parte da poboación da comarca concéntrase na capital, o concello de Carballo, onde reside algo máis do 47% da poboación total da mesma. Por outra banda, o concello menos poboado é o de Laxe, que con 2.990 habitantes representa menos do 5% da poboación total da comarca. A perda de poboación converteuse nunha constante na comarca, onde case todos os concellos perden poboación coas únicas excepcións de Carballo e A Laracha.

Concello N.º de
parroquias
Habitantes
1981 1986 1991 1996 2001 2006 2011 2016 2020
Cabana de Bergantiños 10 6.991 7.167 6.291 6.009 5.689 5.199 4.865 4.446 4.216
Carballo 18 25.713 26.962 26.033 27.287 28.497 29.985 31.303 31.256 31.429
Coristanco 15 10.314 10.271 9.334 8.416 8.098 7.582 7.102 6.426 5.950
A Laracha 13 11.710 12.007 10.521 10.791 10.666 10.803 11.337 11.295 11.406
Laxe 6 3.654 3.786 3.479 3.616 3.575 3.489 3.366 3.148 2.990
Malpica de Bergantiños 8 8.549 8.560 7.950 7.443 7.172 6.567 6.102 5.616 5.352
Ponteceso 14 8.714 8.607 8.035 7.663 7.118 6.588 6.134 5.703 5.497
Total 84 75.645 77.360 71.643 71.225 70.815 70.213 70.209 67.890 66.840

Fonte: IGE e Instituto Nacional de Estadística

Padrón municipal 2020 66.840 habitantes
Menores de 15 anos 7.937 (11,87 %)
Entre 16 e 64 anos 40.429 (60,49 %)
Maiores de 65 anos 18.474 (27,64 %)

Principais núcleos de poboación

Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese 
Vista da vila e do porto de Caión

No ano 2020, os principais núcleos de poboación por concello eran:

Historia

Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese 
Pedra da Arca en Cerqueda, Malpica de Bergantiños

Debido a acidez do chan mesturada coas inmensas choivas predominantes na zona non se dispón de restos arqueolóxicos (os máis antigos que se puideron datar derón unha cronoloxía moi por debaixo dos atopados noutros sitios) nin antropolóxicos no que poder fundarse para determinar a maneira e forma de vida dos primeiros poboadores da comarca.

Do período megalitico atópanse varios monumentos dos que destacan os dolmens de Dombate, Pedra da Arca, Pedra Moura e Fornela dos Mouros.

Da Idade de Bronce atópanse numerosos castros dos que destacan os de Borneiro e Pedra da Arca.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Comarca De Bergantiños: Xeografía, Economía, Lugares de interese 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Comarca De Bergantiños XeografíaComarca De Bergantiños EconomíaComarca De Bergantiños Lugares de intereseComarca De Bergantiños Concellos da comarca de BergantiñosComarca De Bergantiños PoboaciónComarca De Bergantiños HistoriaComarca De Bergantiños Galería de imaxesComarca De Bergantiños NotasComarca De Bergantiños Véxase taménComarca De Bergantiños2020A LarachaCabana de BergantiñosCarballoComarcas de GaliciaCoristancoGaliciaLaxeMalpica de BergantiñosPontecesoProvincia da Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mela CasalSteve JobsRamadánGrupo RompenteLucas VázquezLino LópezBibiana FernándezCatherine Zeta-JonesAngelina JolieArxentinaCastros da provincia da CoruñaWill SmithCarlos CuerpoO CarballiñoMarie CurieParadigmas dos verbos irregulares galegosSobreiraAPosición do canTonhito de PoiCharles MansonModelo OSILista de estacións de tren de GaliciaTuiFernando AlonsoCarles PuigdemontAciñeiraMartiño de DumioLiga Feminina de BaloncestoManuel González LópezDolores IbárruriSete Sabios de GreciaCirco de los MuchachosIsabel PantojaMéxicoCrime de honraLibrary of Congress Control NumberDaniel de la TorreEduardo Valencia FernándezNieves NeiraIria Carreira PazosVillarmentero de CamposFrancisco FrancoFragas do EumeDonicelaBragaRexionalismo galegoVulvaAgrupación Cultural AbrenteCharles DarwinRamiro CarregalTruman CapoteFrancisco Vázquez VázquezUnión Europea de RadiodifusiónVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaPilar AbellaFariña (serie de televisión)AC-960Rocco SiffrediBrieva, ÁvilaEscudo de GaliciaGoizuetaAlfonso Basterra CamporroVivir sin permisoEva CárdenasXunta de GaliciaJoselu MatoDani PedrosaXurxo SoutoLisboaGacelaValladolidGuillermo Vicente🡆 More