Sabugueiro: Especie de planta

O sabugueiro (provén de sabugo, e este do latín sabucus, -i) ou bieiteiro (Sambucus nigra) é unha planta arbustiva e medicinal, de 2 a 4 metros, da familia das adoxáceas.

Sabugueiro
Sabugueiro: Descrición, Usos, Esoterismo
Sabugueiro en flor.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Dipsacales
Familia: Adoxaceae
Xénero: Sambucus
Especie: S. nigra
Nome binomial
Sambucus nigra
L.
Sinonimia
  • Sambucus graveolens Willd. ex Schult.
  • Sambucus peruviana H.B. & K.
  • Sambucus peruvianus

Común en Galiza, tamén recibe os nomes de sabugueiro negro e sabugo bieito ou biouteiro.

Descrición

Sabugueiro: Descrición, Usos, Esoterismo 
Bieiteiro

Trátase dun arbusto ou árbore pequena, de pólas fráxiles ó teren unha abundante medula branca esponxosa. As follas son opostas e caducas, imparipinnadas: compostas de 5-7 folíolos de forma lanceolada ou oval e bordo aserrado. As flores son pequenas, pentámeras e de cor branca ou amarelada, formando densos corimbos terminais que agroman a finais da primavera ou no verán. O froito (os sabugos) é unha baga pequena, negra ou violácea que madurece a fins de agosto e en setembro.

Usos

Propiedades medicinais e alimento

É unha planta con propiedades medicinais, sendo utilizada dende a antigüidade; contén aceites esenciais, taninos, ácidos orgánicos, ácidos animados, azucres, abundante vitamina C, e unha serie de glicósidos como a rutina e a sambunigrina. As flores, comestíbeis, posúen propiedades diuréticas e emolientes, e os froitos son purgantes. As infusións das flores son boas para gripes e catarros; tamén como laxante suave. En uso externo (lavados, locións ou compresas) aplícase para trata-las dermatoses, feridas, queimaduras e conxuntivite. En Celanova está documentado o seu uso contra a erisipela, e en Lourizán (Pontevedra) contra o xarampón.

Os froitos frescos e maduros empréganse na elaboración de saborosas marmeladas, xaropes e viño. A planta ten un particular recendo e é amarga. As sementes conteñen glicósidos cianoxenéticos (xeradores de cianuro) e na casca así como nas follas e os froitos non maduros contén sambunigrina que, en contacto cunha encima, chamada emulsina, produce tamén ácido cianhídrico. Non debe comerse cru, mais si se pode consumir despois de sometelos a cocedura ou maceración. A casca pode resultar tóxica, especialmente a altas doses. O contacto da pel coas follas e bagas pode tamén producir dermatite. Os síntomas que se producen, en caso de intoxicación, son semellantes ao que resultan de inxerir améndoas amargas.

Outra especie semellante presente en Galiza é o Sambucus ebulus (engo ou sabugueiriño), porén o porte desta última é herbáceo e ten un fedor característico. Os seus froitos son moi tóxicos.

Madeira

A madeira é dura e moi resistente á auga, servía para facer estacas. Con ela construíanse ferramentas agrícolas e até foi empregada en ebanistaría. O nome de sabugueiro Sambucus procede do grego sambuké, que significa frauta, a razón é que antigamente baleirabase o miolo das pólas para que ficase un tubo oco co que se facían frautas.

Etnografía

En Galiza o froito utilizábase para lle dar sabor ou escurecer o viño. Os rapaces facían cos talos tiracroios e frautas baleirando o miolo. Cos froitos moi maduros pódese elaborar un xarope laxante. As follas usábanse para escorrentar as moscas dos cabalos polo recendo. Facíase un feixe destas follas e levábase cando se cabalgaba. Por ese mesmo cheiro desagradable das follas, úsase como antídoto para expulsar certos animais considerados daniños, coma sapos, cóbregas, píntegas etc. (Mariño 1985:131).

En Bélxica fan cos sabugos cervexa que recibe o nome de Cervexa Blierke.

Esoterismo

Tamén se lle atribuían ao sabugueiro virtudes máxicas, sendo unha planta sagrada no mundo celta. Dende a antigüidade empregábanse as varas co fin de simbolizar o poder sobre o mundo "invisíbel".

En Galiza o sabugueiro úsase na véspera de San Xoán coma herba máxica , especialmente as flores, que reciben o nome de flores de San Xoán.

Tense tamén a crenza de que queimar a madeira do sabugueiro é perigoso. O viño de sabugo disque foi o derradeiro agasallo da Deusa Terra, polo que non debe ser bebido pola xente común, senón por sacerdotes ou meigos, xa que posibelmente produciría alucinación, polo que se empregaba en rituais de adiviñación. Non respectar as normas de conduta e arrincar pólas de sabugueiro ou comer os froitos traía a má sorte; dicíase tamén que a persoa que tallase un sabugueiro podía quedar cega e incluso perder os seus fillos, e no mellor dos casos, ver enfermar o seu gado. Polo que segundo a mitoloxía cómpre tratar esta planta con respecto e antes de apañar follas, froitos ou pólas deberemos pedir permiso e agradecer deixando unha ofrenda dos nosos cabelos, unhas moedas ou algo de mel.

Disque, na antiga Inglaterra, os poderosos meigos de antano utilizaban as varetas de sabugueiro para seren invencíbeis a calquera outro meigo.

Acepcións na cultura

Na serie Harry Potter, da escritora británica J. K. Rowling, é coa madeira desta árbore que está feita a Vareta Letal ou a Vareta do Fado, unha vareta máxica considerada coma a máis poderosa do mundo, que pasou de xeración en xeración por medio do roubo e o asasinato (cada portador desposuíu ao anterior da vareta e moitos teñen sido asasinados polos ladróns).

Nome común

Tiroteiro, sempreverde, samugueiro, sabugueiro, sabugo, estraloque, caneleiro, biuteiro, biouteiro, bioteiro, binteiro, bienteiro, bieito, bieiteiro, benteiro, beneiteiro, bantieiro, baíto e baiteiro.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bibliografía

  • Mariño Ferro, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.
  • Rigueiro Rodríguez, Antonio, e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996.

Tags:

Sabugueiro DescriciónSabugueiro UsosSabugueiro EsoterismoSabugueiro Nome comúnSabugueiro Galería de imaxesSabugueiro NotasSabugueiro Véxase taménSabugueiroLingua latinaPlanta medicinal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Julio Alén MontesEscolas de Insiño GalegoBoteiroAlmudena ChacónÁreas lingüísticas do galegoMiro VillarCirrioSonetoArmada InvencibleRamón María del Valle-InclánConcellos de GaliciaDidelphis marsupialisNino BravoPremio de Poesía Johán CarballeiraLourenzo Fernández PrietoEspañaVorticelaTeresa García-SabellRondaMiguel DelibesAndrea MaceirasAntonio ReigosaDragon BallRaquel AtanesPepe CarreiroCreampieA fiestra valdeiraSistema operativoMaruca do MediterráneoIdade do CobreHTML5Gabriel AlénDua LipaGonzalo Fernández de CórdobaXosé FortesMondarizBidueiroFauna de GaliciaDomingo VillarEuskal Herria BilduAsalto do bou Eva2004Andrés Mellado FernándezAlberto FortesAntónio de Oliveira SalazarDereito de autoríaGuepardoPablo PicassoMetonimiaEstadio Municipal de RiazorMarie CurieO xardín das deliciasSexo analLista de nomes femininos en galegoFrancisco Castro VelosoWilliam ShakespearePonteareasCristiano RonaldoPortadaAlberto Núñez FeijóoPraza da QuintanaCarballo comúnAlexandre BóvedaSydney SweeneyMicrosoftEduardo Blanco AmorRakel WinchesterGatipedroConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeGuerra do Peloponeso🡆 More