Antonio Reigosa: Escritor e investigador galego

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Infotaula de personaAntonio Reigosa
Antonio Reigosa: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Zoñán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 293

Traxectoria

Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo.

Colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.

Antonio Reigosa: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso "Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega", no Pazo da Cultura de Pontevedra.

É o cofundador de Chaira, Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán Ramiro Cuba, ten intervido en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo.

Relator en numerosas xornadas e congresos. Participa en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.

Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada. Membro do “Comité de Expertos en investigación de campo” do proxecto Corpus de Literatura Oral.

Coordinador da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo desde 2004 e da revista oral de periodicidade semestral A voz dos carraos editada polo Museo Provincial do Mar desde 2006, Castronela (Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol) e A voz dos lemavos (Museo Pazo de Tor). Como vogal responsable de literatura de tradición oral da AELG coordina os proxectos “Polafías” e “Mestres da memoria” creados para documentar e divulgar os valores da oralidade e da cultura popular.

Tamén é colaborador de El Progreso.

En xaneiro de 2015 foi nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo pola corporación municipal dese concello.

Obra en galego

É autor, ou coautor, de arredor de 40 títulos de textos literarios ou de investigación entre os que salientan:

Literatura infanto-xuvenil

  • Memorias dun raposo (1998). Xerais. 144 páxs. Ilustracións de Manolo Uhía. ePub: ISBN 978-84-9914-785-7.
  • Resalgario (2001). Xerais, Merlín. 104 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez.
  • O galo avisado e o raposo trampulleiro (2003) Xerais, Merliño. 32 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas.
  • Bacoriño (2004). Xerais. Ilustracións de Andrés Meixide. 136 páxs.
  • A raposa no galiñeiro (2004). Deputación de Lugo.
  • A escola de Briador (2006). Everest Galicia. 120 páxs.
  • A noite dos pesadelos (2006). Ed. Tambre (Edelvives). 94 páxs.
  • O polimacho e outras criaturas (2008). Ed. Tambre (Edelvives). 84 páxs.
  • Lu e Go pola muralla (2010). Ed. Obradoiro. 144 páxs.
  • O aprendiz de home do saco (2013). Xerais, Merliño. 40 páxs. Ilustracións de Marta Álvarez.
  • O raposo aviador que voa sen motor (2019). Xerais, Merlín. 40 páxs. Ilustrcións de Laura Cortés.

Narrativa

  • Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto (2008). Morgante. Ilustracións Saúl Blanco.
  • Contrahistorias de Galicia (2020). Embora. 112 páxs. Ilustracións de Rita Gutiérrez.

Ensaio

  • Guía ilustrada da Galicia invisible (2010). Xerais. 104 páxs. Ilustracións de Noemí López
  • Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal (2011). Xerais. Ilustracións Noemí López. 160 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-319-2.
  • Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías (2014). Xerais. 240 páxs. Ilustracións de Noemí López. ePub: ISBN 978-84-9914-853-3.
  • Celebracións de Mondoñedo. Pregóns, estampas, retratos e artivos varios (2006-2016) (2017). Embora. 239 páxs.
  • Guía de campo da Galicia encantada. Dos seres míticios e dos lugares que habitan (2020). Xerais. Ilustracións de Noemí López. 264 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-655-1.
  • Cen historias máxicas pola Mariña Encantada (2020). Lar. 200 páxs. ISBN 978-8494930867.
  • Episodios mindonienses (2021). Embora. 217 páxs. ISBN: 978-84-17824-53-2

Obras colectivas

  • Polavila na Pontenova (1998). Deputación de Lugo.
  • Contos para levar no peto (2001). Xerais. 104 páxs.
  • Manuel María (2001). Ophiusa.
  • Ninguén está só. 21 autores a prol dos dereitos humanos. Amnistía Internacional (2001). Tris Tram. 139 páxs.
  • Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. 240 páxs.
  • Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Ir Indo. 328 páxs.
  • Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Deputación de Lugo. Con Xoán Ramiro Cuba.
  • Contos de medo no museo (2005). Museo Provincial de Lugo.
  • Balada do neno cego, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (2006). Xunta de Galicia.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011). Asociación Cultural Arumes do Corgo.
  • Crónicas das San Lucas (2015-2020) (2020). Asociación As San Lucas.
  • Colección Cabalo Buligán. 20 volumes (1998-2003). Xerais. Contos da tradición oral.
  • Contos fantásticos. I e II (2001). Xerais.
  • Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002). Xerais. 128 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide.
  • Contos de encantamento. I e II (2002). Xerais.
  • Máis contos de animais. I e II (2002). Xerais.
  • Contos de parvos e pillos. I e II (2003) Xerais.
  • Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror (2004). Xerais. 168 páxs. Ilustracións de Álvaro García Lema.
  • Contos prodixiosos. I e II (2004) Xerais.
  • A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas (2006). Xerais. 176 páxs. Ilustracións de Ramón Trigo.
  • Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010), 2011, AELG.
  • Contos marabillosos. I e II (1998). Xerais.
  • Contos marabillosos. III e IV (1999). Xerais.
  • Dicionario dos seres míticos galegos (1999). Xerais. 240 páxs. Ilustracións de Lázaro Enríquez. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial.
  • Contos de maxia. I, II, III e IV (2000). Xerais.
  • Antoloxía do conto de tradición oral (2001) Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia.
  • Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001) Xerais.
  • Contos de animais. I e II (2001). Xerais.
  • Pequena mitoloxía de Galicia (2001). Xerais. 112 páxs. Ilustracións de Irene Fra Gálvez, Fino Lorento, Enjamio, Teresa Novoa.
  • Lendo lendas, digo versos (2015). Xerais. 168 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas.
    Con Lois Pérez
  • Letra das Festas (2011-2020). A revista oral do San Froilán (2021). Concello de Lugo.

Obra en castelán

Literatura infanto-xuvenil

  • Cuentos y leyendas de Galicia (2012). Anaya.

Premios

  • Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura (1987).
  • Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por O sumidoiro calcarrúas.
  • Premio Merlín no 1998, por Memorias dun raposo.
  • Premio Supernova (1999).
  • Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil o ano 1999 con Memorias dun raposo
  • Premio Raíña Lupa (2000), por Resalgario.
  • Lucense do Ano (2002) pola Asociación de Prensa, Radio e Televisión da provincia de Lugo.
  • I Premio Literario Frei Martín Sarmiento (Categoría de 11 a 13 anos) no 2004, por Contos de parvos e pillos. I. Con Xosé Miranda.
  • 2006: Premio de Comunicación, da Asociación Cultural María Castaña de Lugo, pola web Galicia Encantada.
  • 2013: Premio Irmandade do Libro (XXII edición), modalidade Fomento da Lectura, da Federación de Libreiros de Galicia, pola web Galicia Encantada.
  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.
  • 2108, 2019: Coa web Galicia Encantada, finalista dos Premios Gala do Libro Galego, modalidade “Proxecto literario na rede”.
  • 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por “Proxecto literario na rede”.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Predecesor:
Francisco Mayán
 Cronista de Mondoñedo 
2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo

Tags:

Antonio Reigosa TraxectoriaAntonio Reigosa Obra en galegoAntonio Reigosa Obra en castelánAntonio Reigosa PremiosAntonio Reigosa NotasAntonio Reigosa Véxase taménAntonio Reigosa15 de agosto1958Literatura galegaMondoñedoZoñán, Os Remedios, Mondoñedo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Luís Méndez FerrínRosalía de CastroMarta Fernández-TapiasIria Carreira PazosBloque Nacionalista GalegoDaniel BasteiroLista de presidentes da República PortuguesaGrupo de teatro O FachoLingua galegaGrupo RompenteFernando Suárez BarciaVicente RiscoXosé Manuel PiñeiroEsther EstévezCarballoAntonio Fernández PitaRosario DúrcalCirco de los MuchachosMónica García PérezCarlos CasaresCélula pancreática acinarAna RomaníAlfonso RuedaQueiroaFalange EspañolaRamón CamposDonostiaTorre de HérculesHoliHistoria dos eslavos do surBenito KamelasListenbourgAnxo QuintanaBetanzosDMAXLista de concellos da CoruñaHarry StylesPornografíaRiba-roja de TúriaAC-422CLIP (inmunopéptido)HorteláGame Boy AdvanceSermos GalizaFerrolMaría Antonieta de AustriaTransexualidadeJordi HurtadoEstragónDodroMareas vivasRomárioEduard del Castillo VelascoRicardo BeirasA Pobra do CaramiñalXosé Neira VilasShaquille O'NealCurmánSupermartesVillarmentero de CamposJosé Castiñeira PardoPadre CasaresNerónPantera RodríguezBillardaLista de cidades de IsraelBala (grupo musical)PegsatPazo BaiónIsaac Díaz PardoA gaita gallega (libro)Caixa Rural GalegaPeer-to-peerProxy🡆 More