Silvia Penas: Escritora e profesora galega

Silvia Penas Estévez, nada en Vigo o 6 de outubro de 1980, é unha escritora galega.

Infotaula de personaSilvia Penas
Silvia Penas: Traxectoria, Obra, Premios
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

Silvia Penas: Traxectoria, Obra, Premios 
Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e exerceu como profesora de lingua e literatura galega.

Ten participado en recitais do colectivo das Redes Escarlata, ao que pertence.

Participou na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas da Compañía Inversa teatro, na que actuou e achegou textos. Creou co músico Jesús Andrés Tejada do grupo de poesía escénica Cintaadhesiva, encargándose do texto e da voz.

Entre o 2014 e o 2016 encargouse da organización e impartición dos cursos de Slam (spoken word) do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo. Imparte obradoiros de poesía en Vigo e contorna.

En febreiro de 2019 o concello de Vigo grava en bronce os seguintes versos na rúa peonil do Príncipe xunto con algúns de María Reimóndez e María Xosé Queizán.

    "A elas
    que nos edificaron
    polas marxes do Lagares..."

Nunha cita sobre a arte poética afirma: "A poesía é unha clase de perseveranza sobre o terreo queimado, a confianza en que, en lugar de que volva arder, alume".

Obra

Poesía

Silvia Penas: Traxectoria, Obra, Premios 
Con Tamara Andrés e Marcus Daniel Cabada en Pontevedra en 2019
  • As uñas crecen (2014). Sotelo Blanco. 44 páxs. ISBN 978-84-7824-633-5.
  • Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (2016). Fervenza. 54 páxs. ISBN 978-84-944750-1-6 .
  • Fronteira paraíso (2019). Fotografías de Andrés Tejada. Editorial Urutau. Brasil. 64 páxs. Area Erina di do libro: "A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar".
  • O resto é ceu (2021). Editorial Urutau. ISBN 978-65-5900-056-2.
  • Retratos de vodas, partos e funerais (2023). Vigo: Galaxia. 82 paxs. ISBN 978-84-1176-158-1.

Obras colectivas

Premios

  • 2005: Premio de poesía da Universidade de Vigo por Neste bosque, poema en cinco partes.
  • 2007: Premio do Certame Galego de Creadores GZ Crea por A tiranía do des.
  • 2012 Premio de poesía Victoriano Taibo por Biografía da Multitude, libro escrito xunto a Elvira Riveiro. Gañou o premio ex aequo con Cuarto Minguante, de María Carmen Caramés Gorgal.
  • 2012: Premio Lueiro Rey de poesía por As uñas crecen.
  • 2013: Foi gañadora do Slam Arousa e do I Slam Vigo e seleccionada para participar no Slam estatal en Madrid e no Slam Internacional de Barcelona durante o ano 2013.
  • 2015: Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada no 2015, por Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores.
  • 2018: Residencia artística internacional para creación de performance poética. Poetri Slam Lisboa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Silvia Penas TraxectoriaSilvia Penas ObraSilvia Penas PremiosSilvia Penas NotasSilvia Penas Véxase taménSilvia Penas19806 de outubroGaliciaVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Selena GomezMarta DarribaTorre de HérculesFauna de GaliciaHistoria de AlbaniaChumboFreixoAgustín Fernández PazBispoXabier DíazCeroRSSLingua portuguesaSalgueiro MaiaPili PampínJoe BidenOllos de augaMoción de confianzaDiáspora galegaPimpín comúnXosé Ramón Gayoso24 de abrilCatedral de OurenseISBNSara ErraniMickey Mouse ClubhousePolieno (química)Xela AriasSalvador IllaQXosé Manuel PiñeiroDonicelaPaulino PereiroElectrónicaÁnxel CasalAndorraFesta dos maiosJ. K. RowlingFentoArco da vellaFacebookAlfabeto galegoAlfonso Basterra CamporroFerroLa Voz de GaliciaAlicia BorrásLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloGame Boy ColorVigoCantabriaRonaldoEva Iglesias MiguénsJosé Antonio Primo de RiveraFidel CastroAquilesThe ArtistLuka ModrićRoberto Vidal BolañoTeoMeg RyanA CoruñaXogo de apostaContactorRamiro I de OviedoZeca AfonsoPhil CollinsVisigodosNacionalidade históricaManuel AzañaA Bandeira, Manduas, SilledaCanle (comunicación)Mariano RajoyOurenseDodecágono🡆 More