Inflorescencia

Unha inflorescencia é a parte da planta onde se localizan as flores.

Normalmente consiste nun prolongamento semellante ao talo, ou raque, provido de follas modificadas chamadas brácteas. Nas axilas destas brácteas localízanse as flores. Moitas familias botánicas distínguense de xeito doado polo seu tipo de inflorescencia, como o espádice das Araceae, as umbelas das Apiaceae ou os capítulos das Asteraceae.

Inflorescencia
Acio de Byrsonima tuberosa

Tipos principais

Hai unha inmensa diversidade de formas diferentes de inflorescencias nas Anxiospermas. Poden ser definidas e de crecemento limitado, ou indefinidas, de crecemento ilimitado (cando o ápice do raque presenta un meristema). Entre os tipos de inflorescencias, destácanse:

  • Acio: flores pediceladas dispostas nun raque simple.
  • Panícula: flores pediceladas dispostas nun raque ramificado, normalmente ocorrendo nas ramificacións.
Inflorescencia 
Panículas de Cortaderia selloana, ou Cortadeira
  • Umbela: flores pediceladas inseridas nun único punto, no ápice da inflorescencia.
  • Espiga: flores sésiles dispostas nun raque simple.
Inflorescencia 
Capítulo de Gerbera jamesonii.
  • Escorpioide: flores inseridas nun lado do raque.
  • Capítulo: flores inseridas nun receptáculo discoide ou redondo protexido por brácteas. É común haberen tipos de flores diferentes nestas inflorescencias, como nas margaridas.
  • Dicasio: o raque subdivídese en dúas partes unha ou máis veces, portando as flores nas extremidades.
Inflorescencia 
Sicóns de Ficus lutea.
  • Sicóns: flores sésiles inseridas nun receptáculo carnoso que se pecha sobre elas, deixando unha abertura no ápico (como ocorre nas figueiras).
  • Ciatio: flores unisexuais dispostas en conxuntos protexidos por brácteas. A flor feminina atópase no centro, e as masculinas ao redor.
  • Fascículo: varias flores inseridas nun único punto do talo.

Tamén hai inflorescencias compostas, combinando dúas ou máis das estruturas descritas.

Existen inflorescencias "indefinidas" ou "definidas", se o eixo principal das mesmas termina cun gomo terminal ou por unha flor.

Inflorescencia indefinida

Nunha inflorescencia indefinida, o eixo principal termina nunha xema terminal que se alonga, en teoría, indefinidamente, emitindo lateralmente flores ou eixos secundarios con máis flores. As flores da base florecen en primeiro lugar, seguindo as outras, en dirección ao cume da inflorescencia. A inflorescencia típica, neste caso, é o acio.

Inflorescencia definida

Nunha inflorescencia definida, o eixo principal termina nunha flor, que florece en primeiro lugar e cuxo crecemento é limitado. As outras flores aparecen sucesivamente en dirección á periferia, en raques secundarios que, ás veces, poden ser moi curtos. O tipo, na inflorescencia definida, é a cimeira. Neste caso, fálase de "ramificación simpódica".

Inflorescencias compostas

Podemos tamén atopar inflorescencias con todo tipo de combinacióms. Ás veces, a inflorescencia, no seu todo, tende a simular unha flor simple, como no caso da edelweiss. Existen, polo tanto, as inflorescencias:

  • Homoxéneas :
    • Umbelas compostas
    • Espigas compostas
  • Mixtas:
    • Tirso = Acio de cimeiras,
    • panícula de espigas,
    • corimbo de capítulos,
    • espiga de cimeiras,
    • espiga de glomérulos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • FOREY, P, FITZSIMONS, C.. Flores Silvestres, 1.ª ed. Aveiro: Editora Plátano. 1987. ISBN 972-707-118-X

Tags:

Inflorescencia Tipos principaisInflorescencia indefinidaInflorescencia definidaInflorescencia s compostasInflorescencia Véxase taménInflorescenciaApiaceaeAraceaeAsteraceaeAxilaBrácteaCapítulo (botánica)EspádiceFlorFollaPlantaeTaloUmbela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VigoOs camiños da vidaLuandaLeedsMasculino e feminino en galegoNarónJean Shinoda BolenParacaídasA EstradaMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordForzas armadasSemellanza (xeometría)Leonardo DiCaprioVolta ao País Vasco 2018The ArtistAs NevesGran DepresiónLareiraMario CaneiroEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Tomás IribarrenRoko (actriz)Alfonso Daniel Rodríguez CastelaoShinovaEstrasburgoJosé Manuel LageFlorentino PérezUltradereitaNew DealJosé Luis Iglesias LagoMr. TStellantisCorea do NortePalauRobin WilliamsRe-TROSRegina García GarcíaHipotensiónDe catro a catroTwitterSri LankaÁngel RodalGrupo NósClase (bioloxía)Igrexa ortodoxa coptaEva CárdenasFervenza do ÉzaroO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesSanxenxoRepública ChecaRichard SerraBurocraciaCapitalismoDodecágonoEnid BlytonChorimaAscanio CondiviMela CasalMSantiago de CompostelaMaribel VerdúChen Shui-bianMario Vargas LlosaSan Xosé de Ribarteme, As NevesElectronic Numerical Integrator And ComputerPaz Lamela VilariñoParadoxo de TeseoXacioOppenheimer (filme)Ibai LlanosMosteiro de Santa María de OseiraRequintaPremios Mestre Mateo🡆 More