Ruxe Ruxe: Grupo de música galego

Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996.

A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.

Ruxe Ruxe
Ruxe Ruxe: Historia, Membros, Discografía
OrixeAríns (Santiago de Compostela), Galicia Galiza
Período1996 - actualidade
Xénero(s)Rock
Punk
Folk
Bravú
Selo(s) discográfico(s)Lobicán Records
MembrosVituco Neira
Iago Jorge
Xaco Barona
Xulia Neira
David Barbas
Xan Pericán
Na rede
Páxina oficial
Facebook: ruxeruxe Twitter: ruxeruxe Instagram: ruxeruxe_oficial Youtube: UCGV9EF-SpMBkjMvljus9iWQ Spotify: 1YFrhov5H4KBd13rWQvzpe iTunes: 369270691 Discogs: 2987609 Deezer: 123660 Editar o valor em Wikidata

Até día de hoxe levan postos á venda trece discos e teñen feito concertos por toda España, Portugal e Italia. As súas cancións usáronse nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.

Historia

Ruxe Ruxe: Historia, Membros, Discografía 
Ruxe Ruxe 2019
Ruxe Ruxe: Historia, Membros, Discografía 
Vituco Neira, vocalista e guitarrista de Ruxe Ruxe.
Ruxe Ruxe: Historia, Membros, Discografía 
Xaco Barona no Festival do Castro

Foi formado en Aríns en 1996 por catro amigos do instituto: Vituco Neira (voz e guitarra), Xan Carlos Pérez "Jimmy" (guitarra), Xaco Barona (gaita e pandeireta) e Xan Rico, coñecido como "Xan Pericán" (frauta, saxofón e harmónica). Tras realizar unha maqueta, en 1999 sacaron o seu primeiro disco, de título Ruxe-Ruxe, composto por oito cancións, e ao ano seguinte saíu co selo Clave Records, Non temos medo, un traballo que constou de 14 temas e que foi gravado e mesturado en Madrid. Neste punto a banda estaba formada por nove membros; ademais dos fundadores integraban o grupo Marcos Colomar (guitarra), Xulio Sé (violín), Cándido Rodríguez (baixo), Miguel Pérez (batería), Sebastián Méndez (acordeón). Ademais Guillermo Meizoso tocou a harmónica en "Land Rover", canción que pechaba o disco. En 2002 sacaron ao mercado o seu terceiro LP, titulado A terra dos comentos, con 17 temas gravados na Casa de Tolos, en Mañufe, o estudio de Segundo Grandío, baixista de Siniestro Total. Contou coas colaboracións do Maestro Reverendo, de Antón Díaz dos Papaqueixos, de Liñaceira e de Pinto d'Herbón. Ademais realizaron unha curtametraxe titulada Carne pendurada, na que de xeito humorístico contaban a súa busca dun novo guitarrista para o grupo. Dirixiuno D.F. Vieites "Hevi" (Malandrómeda) e protagonizárono os propios membros do grupo e os actores Goldi e Manuel Cortés.

No 2004 publicaron Fervendo, un disco autoeditado con 13 novos temas, que foi presentado na Sala Capitol de Santiago. Para este disco contaron con Alberto no acordeón e Tonecho na batería e con varias colaboracións, entre elas as de Xosé Bocixa, Julián Hernández, Maestro Reverendo, Alonso Caxade e Mario César Vila (Túzaros). O tema "Ás escuras", foi a cuarta canción máis votada ese ano na Polskie Radio (Radio Estatal de Polonia) polos seus oíntes.

Dous anos despois, en 2006, saíu á luz o seu quinto disco, titulado Comercial. Foi editado polo selo Pai Música e contiña 11 cancións. Para este traballo houbo cambios na formación entrando Martín Zapata (guitarra e coros), Óscar Nanuk (baixo) e Álex Sevilla (batería), e saíndo Alberte, Tonecho, Cándido e Marcos Colomar. Ademais Miguel Costas colaborou cantando no tema "Ié-Ié". Na xira de presentación deste disco chegaron a dar máis de cincuenta concertos ao redor de toda a península. En maio de 2007 deron un concerto xunto a Zënzar no barrio de Monte Alto en memoria do anarquismo coruñés e a represión franquista sufrida nas Atochas en 1937. Tamén ese ano participaron cunha versión de "A tropa da tralla" na gravación do disco 120 capadores, homenaxe a Os Diplomáticos de Monte-Alto, xunto a NAO, Zënzar, Pulpiño Viascón, Dixebra ou Lamatumbá entre outros.

En 2008 publicaron Xigantes, un disco con doce temas, para o que entrou no grupo o baixista Antón Fernández "Torroncho", substituíndo a Óscar Nanuk. Colaboraron nel Bocixa, Xurxo Souto e García MC (Dios ke te crew). Con este disco na rúa realizaron unha longa xira de concertos por Galicia e tamén por fóra, actuando en sitios como Euskadi ou as illas Azores. En marzo de 2010 saíu á luz o seu sétimo disco, Na fura de diante, da man do seu propio selo, Lobicán Records. Foi gravado nos Océano Estudios de Javier Abreu en Patos e masterizado nos Ánxeles por Tom Baker. Un mes antes da saída do disco publicaron un videoclip do tema "Buratos", dirixido por Jairo Iglesias e protagonizado polos membros do grupo así como por Markinhos Drinkin, de Medomedá. Pouco despois houbo un cambio na formación, deixando o grupo Martín Zapata e entrando Miguel Duarte no seu lugar. En 2012 publicouse Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras, oitavo disco da banda, gravado de novo no estudio de Nigrán e co selo Lobicán. Estaba formado por 17 cancións e colaboraron nel Xabier Díaz, Dios ke te crew, Xosé Bocixa, Roi Maceda de Quempallou e Esteban de Skacha. O seu seguinte disco saíu dous anos despois e levou por título Némesis, con Carlos Freire no baixo e formado por 22 cancións, contando de novo coas colaboracións de Bocixa e de Esteban de Skacha, así como de Isidro Cea e das Pandeireteiras Bouba. Foi presentado na Sala Capitol de Santiago de Compostela, con Josito Porto e Biribirloque como abreconcertos.

En 2015 saíu o décimo disco do grupo, Un mundo perfecto, con 14 novos temas gravados por Iago Pico no Estudios Pousada Son de Ames. Foi presentado o 18 de abril na Capitol. En xuño dese ano estreouse no Teatro Principal de Santiago Sempre Adiante, un documental sobre o grupo, dirixido por Jairo Iglesias. O 25 de xullo dese ano, durante as festas do Apóstolo, celebraron os seus 20 anos cun concerto na praza da Quintana en Santiago, e a finais de ano publicaron 20 segundos, undécimo disco da banda. No 2017 puxeron a banda sonora ao documental Alén do Cosmos dirixido por Pedro Pablo Alonso, que repasa a vida do futbolista Santiago Formoso.

En xuño de 2019, publicaron unha nova canción e videoclip, "Alfaia punk", con cambios na formación: saíron Miguel Duarte e Carlos Freire e entraron Xulia Neira ao baixo e David Barbas á guitarra, ademais do batería Iago Jorge que entrara no grupo un par de anos antes. A principios de 2020, tras catro anos sen sacar disco, publicaron O estraño falar dun monstro da aldea, un disco con 13 novas cancións gravado en Andoain e producido por Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu, Nación Reixa) nos seus Studios Gárate. En maio dese ano publicaron Alfaia punk, un EP con seis temas, entre eles a canción homónima publicada un ano antes, versións propias dos temas "Afundido no lixo" de Skacha e "Amén, amén" de Korosi Dansas, e un poema de Ricardo Carvalho Calero musicado no tema "Non sei se matei".

O 3 de xullo de 2021 tivo lugar a presentación do disco "25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE", nunha homenaxe sorpresa promovida por profesionais da música de Galicia. No disco participaron 32 bandas galegas que reinterpretaron moitas das cancións da banda. Ó día seguinte inaugurouse unha exposición na Sala C de Santiago de Compostela baixo o título de "RUXE RUXE 1996 – 2021 | 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICO". A mostra contou cunha recompilación da arte ligada ós 25 anos de traballo do grupo:carteis, camisolas, ilustracións, deseños web, videoclips animados,chapas,revistas, esculturas,artesanía e mesmo tatuaxes. Recollía as contribucións,entre outros, de Javier Iglesias (creador do logotipo da banda), Pachu M. Torres, Xulio Cé “Arinspunk”, Miguel Duarte, Javi Bermejo, Ramón Díaz “Raio” (Caramuxo), Diego Pérez “Diebujitos”, Laura Romero ou o Grupo Revisión.

O 25 de marzo de 2023 o grupo presentou o seu novo disco na Sala Capitol "Unha noite no interior dunha faísca". Co dublinés Brian Brody de abreconcertos e con X. Facal non Hammond acompañando ó grupo no seu repertorio. Esa mesma noite tamén presentaron a banda deseñada "A invasión dos guirizombis", guionizada e debuxada por Gonzalo Vilas baseándose nun conto de V. Neira que aborda a problemática do turismo masivo e invasivo na cidade de Compostela.

Ruxe Ruxe: Historia, Membros, Discografía 
Ruxe Ruxe no Festigal en Santiago de Compostela no 2015

Membros

  • Vituco Neira - guitarra e voz
  • Xaco Barona - Gaita.
  • Xulia Neira. - Baixo.
  • Iago Jorge - Batería.
  • David Barbas - Guitarra.
  • Xan Rico "Xan Pericán" - Saxofón.

Discografía

  • Ruxe-Ruxe (1999)
  • Non temos medo (2000)
  • A terra dos comentos (2002)
  • Fervendo (2004)
  • Comercial (2006)
  • Xigantes (2008)
  • Na fura de diante (2010)
  • Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012)
  • Némesis (2014)
  • Un mundo perfecto (2015)
  • 20 segundos (2016)
  • Petos furados (EP, 2019)
  • Alfaia Punk (EP, 2020)
  • O estraño falar dun monstro da aldea (2020)
  • Unha noite no interior dunha faísca (2023)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ruxe Ruxe HistoriaRuxe Ruxe MembrosRuxe Ruxe DiscografíaRuxe Ruxe NotasRuxe Ruxe Véxase taménRuxe Ruxe1996Aríns, Santiago de CompostelaCostumismoGaita galegaGaliciaMúsica rockPunkRealismo máxicoSantiago de CompostelaSaxofón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Salvador IllaXestaXunta de GaliciaValentín García GómezAsunta Basterra PortoBicarbonato de sodioZanfonaNormativa oficial do galegoGolda MeirMaría JamardoTereixa ConstenlaEscolas de Ensino Galego SementeLila (planta)GalipediaAndorraArantza PortabalesAna MenaÁlex FidalgoMártires de CarralFamily Computer Disk SystemCastelo da PicoñaAsalto do bou EvaSalgueiro MaiaXosé Luís BernalCarlos NegroWikipediaEslovaquiaCohesiónNadia ComăneciLuís MenorA ComarcaVerbos galegos ser, estar e irPornografíaÍñigo AlfonsoPablo PicassoSuízaHentaiOtto von BismarckTECOR societarioCabo VerdeIllas CanariasHTMLPartido Nacionalista VascoFelaciónJosé Antonio LabordetaFala de EstremaduraXabier FortesManuel Veiga Taboada633Eva MejutoMáquina de vaporNacionalismo galegoLoboLuís SeoaneFerroAtlánticaPunto medioGuepardoLuis Ferrer i BalsebreZorzaHipérbatoMaría Rei VilasCatecismo do labregoLista de castelos de PortugalBaloncesto nos Xogos OlímpicosDomingo VillarEstadio Santiago BernabéuArmando RequeixoAntón Alonso RíosCódigo QRPolisíndetoCreampieAlberto Pombo🡆 More