Polinización

A polinización consiste na transferencia de grans de pole (gameto masculino) desde os estames cara ao pistilo da planta, a estrutura que contén o óvulo (gameto feminino).

O transporte do pole pódeo realizar un axente físico como o vento (plantas anemófilas) ou un axente animado (plantas zoófilas).

Polinización

Polinización e agricultura

Na agricultura, o desexo de obter froito ou sementes en abundancia levou a maioría das veces a empregar plantas que non dependan xa de vectores externos para a polinización, ou polo menos que empreguen un vector superabundante como o vento. Por exemplo, a maioría de cereais son anemógamos ou directamente autógamos. Con todo, moitos outros cultivos agrícolas (por exemplo, moitos froitos e hortalizas) dependen da polinización realizada por insectos e outros animais.

É un erro crer que a polinización é un "servizo ecolóxico gratuíto" da natureza. Unha polinización efectiva necesita algúns recursos, por exemplo refuxios de vexetación natural prístina e hábitats adecuados para os polinizadores. Cando estes se reducen ou se perden, limitase a actividade dos polinizadores e necesitanse prácticas de xestión adaptábel para manter os medios de subsistencia.

Polinización 
Polinización polo vento (anemófila) dun piñeiro.

En todo o mundo a diversidade agrícola e dos agroecosistemas afronta o perigo de que as poboacións de polinizadores están diminuíndo. Por exemplo, en 1994, en California, os produtores de améndoas tiveron que importar abellas melíferas doutros estados dos Estados Unidos para aseguraren a polinización dos seus cultivos. Os principais causantes deste problema son a fragmentación dos hábitats, as substancias químicas agrícolas e industriais, os parasitos e as enfermidades, así como a introdución de especies exóticas.


Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

EstameGametoPistiloPoleVentoÓvulo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ContactEl Correo GallegoVilagarcía de ArousaVangardasEuropaProvincias de EspañaLino LópezNightmare Alley (filme de 2021)Serés, Serés, CastroverdeSanta CompañaBipartito galegoPaulino PereiroLista de voces dos animaisAsteraceaeVoleibolJosé SaramagoRosario DúrcalLista de estacións de tren de GaliciaPaparazziDavid PerdomoPaís Vasco (rexión histórica)VietnamLabor Gallega (A Habana)Pemento de PadrónImmanuel KantRaquel Castro MartínezDelfínidosA gaita gallega (libro)ISBNCarlomagnoLedicia CostasRexina VegaEnsaio (literatura)PadrónMúsica tradicional galegaAlberto FortesJohn Forbes NashMomia de ManchesterViacrucisO CarballiñoNúmero piCouselo (planta)Heraldo de ViveroGalipediaPovoaçãoBaby ReindeerVilalba, Vilalba, VilalbaMimosaDiáspora galegaMalena AlterioHarvey WeinsteinRaquel AtanesMexacánRamiro CarregalCataluñaRamón Otero PedrayoXosé Luís Méndez FerrínCayetana Álvarez de ToledoLista de paísesFentoJennifer LopezCastro de Punta do BicoPedro RieloXogos floraisLeninismoTelevisión de GaliciaAntónio de Oliveira SalazarMedoEstadio de TammelaO porco de péFermin MuguruzaXosé FortesComarcas de Galicia28 de decembro🡆 More