Lingua Grega: Lingua indoeuropea de Grecia, Chipre, Albania, outras partes do leste do mar Mediterráneo e o mar Negro

A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, e en grego antigo: Ἑλληνική, hellēnikḗ) é unha lingua indoeuropea pertencente á póla helénica orixinaria de Grecia, Chipre, Albania, outras partes do leste do mar Mediterráneo e o mar Negro.

Ten a historia documentada máis longa de calquera lingua indoeuropea, a cal abrangue 3 400 anos de rexistro escrito. O seu sistema de escrita é o alfabeto grego, que foi usado durante 2 000 anos; anteriormente, utilizou sistemas de escrita como o lineal B e o silabario chipriota. O alfabeto grego xurdiu do alfabeto fenicio, e á súa vez foi a base do alfabeto latino, cirílico, armenio, copto e gótico, entre outros sistemas de escrita.

Lingua grega
Ελληνικά
Falado en: Grecia, Chipre
Total de falantes: 13,5 millóns (2012)
Posición: 74
Familia: Indoeuropea
 Helénica
  Ática
   Lingua grega
Escrita: Alfabeto grego
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Grecia Grecia
Chipre Chipre
Unión Europea Unión Europea
Regulado por: Academia da Lingua Grega
Códigos de lingua
ISO 639-1: el
ISO 639-2: gre (B)ell (T)
ISO 639-3: ell
SIL: GRK
Mapa
Lingua Grega: Historia, Escritura e pronunciación, Gramática
Status
Lingua Grega: Historia, Escritura e pronunciación, Gramática
O grego está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

A lingua grega ocupa un importante lugar na historia do mundo occidental. Comezando cos poemas épicos de Homero, a literatura grega antiga inclúe moitas obras de importancia para o canon europeo. O grego tamén é a lingua de moitos textos fundacionais da ciencia e da filosofía. O Novo Testamento da Biblia cristiá tamén foi escrito en grego. Xunto cos textos en latín e as tradicións do mundo romano, o estudo dos textos e da sociedade grega da antigüidade constitúen a disciplina dos estudos clásicos.

Durante a antigüidade, o grego era falado como lingua franca no mundo Mediterráneo. Posteriormente converteríase na lingua do Imperio Bizantino e evolucionou no grego medieval. Na súa forma moderna, o grego é a lingua oficial de Grecia e Chipre, e é unha das 24 linguas oficiais da Unión Europea. É falado por, cando menos, 13,5 millóns de persoas en Grecia, Chipre, Italia, Albania, Turquía e pola diáspora grega.

As raíces lingüísticas gregas son empregadas a miúdo para crear novas palabras noutras linguas, e o grego e o latín son as fontes predominantes para o vocabulario científico internacional.

Historia

    Artigo principal: Histora da lingua grega.
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800–-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico
Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

O grego foi falado na península dos Balcáns dende o terceiro milenio a.C., ou posiblemente mesmo antes. A evidencia escrita máis antiga é unha táboa de barro en lineal B atopada en Mesenia e que data do 1450 ó 1350 a.C., convertendo o grego na lingua viva co rexistro histórico máis antigo. Entre as linguas indoeuropeas, a súa data do rexistro escrito máis antiga só coincide coas hoxe extintas linguas anatólicas.

Períodos

Lingua Grega: Historia, Escritura e pronunciación, Gramática 
Área do protogrego de acordo do lingüista Vladimir I. Georgiev.

A historia da lingua grega divídese polo xeral nos seguintes períodos:

Lingua Grega: Historia, Escritura e pronunciación, Gramática 
Distribución das variedades do grego en Anatolia, 1910. Demótico en amarelo. Póntico en laranxa. Grego capadocio en verde, cos puntos verdes sinalando as vilas gregas capadocias.
  • Grego medieval, tamén coñecido como grego bizantino: a continuación do grego koiné ata a desaparición do Imperio Bizantino no século XV. O grego medieval é un termo que abrangue un continuo lingüístico de diferentes falas e estilos de escrita, as cales van dende as continuacións vernáculas do koiné falado que xa se estaban ahegando ó grego moderno en moitos aspectos, a formas moi aprendidas que imitan o ático clásico. Gran parte do grego escrito que se utilizou como lingua oficial do Imperio Bizantino era unha variedade ecléctica de termo medio baseada na tradición do koiné escrito.
  • Grego moderno (neohelénico): A partir do grego medieval, os usos do grego moderno remóntanse ó período bizantino, xa no século XI. É o idioma empregado polos gregos modernos e, ademais do grego moderno estándar, conta con varios dialectos.
Grego moderno Grego antigo
1 Στην αρχή ήταν ο Λόγος, και ο Λόγος ήταν μαζί με τον Θεό, και ο Λόγος ήταν Θεός. 1 Ἐν ἀρχῇ ἦν ὁ Λόγος, καὶ ὁ Λόγος ἦν πρὸς τὸν Θεόν, καὶ Θεὸς ἦν ὁ Λόγος.
/stin ar'çi 'itan o 'loɣos ke o 'loɣos 'itan ma'zi me ton θe'o ke o 'loɣos 'itan θe'os/ /en arkʰέì έὲn ho lógos kaí ho lógos έὲn prós tón tʰeón kaí tʰeón έὲn ho lógos/
2 Αυτός ήταν στην αρχή μαζί με τον Θεό. 2 Οὗτος ἦν ἐν ἀρχῇ πρὸς τὸν Θεόν.
/af'tos 'itan stin ar'çi me ton θe'o/ /hóòtos έὲn en arkʰέì prós tón tʰeon/
1 Ao principio era o Verbo e o Verbo era Deus.
2 Estaba ao principio con Deus.

Diglosia

    Artigo principal: Cuestión lingüística grega.

Na era moderna, a lingua grega entrou nun estado de diglosia: a coexistencia de formas escritas vernáculas e arcaizantes da lingua. O que chegou a coñecerse como a cuestión lingüística grega foi unha polarización entre dúas variedades competidoras do grego moderno: o demótico, a forma vernácula do grego moderno, e o katharevousa, que quere dicir 'purificado', unha variedade a medio camiño entre o demótico e o grego antigo que foi desenvolvida no século XIX e que foi usado na literatura e con motivos oficiais polo novo estado grego. En 1976, o demótico foi declarado a lingua oficial de Grecia, logo de ter incorporado trazos do katharevousa e de crearse o grego moderno estándar, o cal é o usado de maneira oficial polo estado e na educación.

Unidade histórica

Lingua Grega: Historia, Escritura e pronunciación, Gramática 
Distribución das principais áreas dialectais do grego moderno.

A unidade histórica e a continuidade da identidade lingüística entre os diferentes períodos da lingua grega son unha das súas principais características. Malia que o grego sufriu transformacións morfolóxicas e fonolóxicas comparables ás doutras linguas, dende a antigüidade clásica, a súa tradición cultural, literaria e ortográfica nunca se viu interrompida, até o punto de que se poida falar dunha nova lingua emerxente. Os falantes de grego hoxe en día aínda tenden a considerar as obras literarias do grego antigo como parte da súa propia lingua e non como unha lingua allea. Tamén se adoita afirmar que os cambios históricos foron relativamente leves en comparanza con outras linguas. Segundo unha estimación, "grego homérico está probablemente máis achegado ó demótico que o inglés medio do século XII respecto do inglés moderno falado".

Escritura e pronunciación

O grego moderno escríbese cun alfabeto de vinte e catro letras, herdado do inicio do período arcaico (século VIII antes da nosa era). Cada letra correspondía ao principio a un son diferente (con ambigüidades, principalmente no caso das vogais), pero en grego moderno a pronunciación evolucionou, e varias letras ou grupos de letras se pronuncian da mesma maneira, cousa que fai que a súa ortografía sexa tan complexa como a do francés, por exemplo (oír unha palabra non é a miúdo suficiente para poder escribila: por exemplo, existen cinco grafías para o son «i», en razón do iotacismo). A táboa inferior dá a pronunciación das letras. O acento agudo (ou recto, segundo os tipos de letra) marca o acento tónico, en letra grosa na transcrición.

O grego moderno segue regras de sandhi tanto internes como externas. Por exemplo, un /n/ final adapta o seu punto de articulación á consoante inicial da palabra que segue (ante unha velar, pasa a [ŋ]; en posición final dalgunhas palabras gramaticais como την, τον, δεν, desaparece ante unha fricativa; sonoriza unha oclusiva xorda que o segue e pode impedir que unha sonora se espirantice, as asimilacións poden ser progresivas: τον πατέρα [tɔm ba'tεɾa]).

Letra Nome Pronunciación
Α α άλφα (alpha) /a/
Β β βήτα (vita) /v/ do francés “voiture”
Γ γ γάμμα (ghama) ante os sons /a/, /o/ e /u/ (), /ɣ/ próxima do r francés de rien pero velar e non uvular; ante os sons /i/ e /ɛ/, iode /j/ como o i de Noia.
Δ δ δέλτα (dhelta) /ð/ th inglés de «this»
Ε ε έψιλον (epsilon) /ɛ/de apertura intermedia
Ζ ζ ζήτα (zita) /z/
Η η ήτα (ita) /i/
Θ θ θήτα (thita) /θ/, th inglés de «to think»
Ι ι γιώτα (iota) /i/
Κ κ κάππα (kapa) /k/
Λ λ λάμδα (lamdha) /l/
Μ μ μυ (mi) /m/
Ν ν νυ (ni) /n/
Ξ ξ ξι (ksi) /ks/ como o x de sexo (en xeral: ξέρω /'ksɛrɔ/ «eu sei») ou /gz/ como o x de exame (tras n: δεν ξέρω = /ðɛŋg'zɛrɔ/ podendo chegar ata /ðɛg-/ = «eu non sei»)
Ο ο όμικρον (omicron) /ɔ/
Π π πι (pi) /p/
Ρ ρ ρω (ro) /ɾ/ (mono)vibrante (italiano Roma, galego cara)
Σ σ/ς σίγμα (sighma) /s/ alveolar (/z/ ante consoante sonora: σβέλτος, σμάλτο /sv-, sm-/ «esvelto, esmalte»)
Τ τ ταυ (taf) /t/
Υ υ ύψιλον (ipsilon) /i/, agás como segundo elemento de ditongo: ου pronúnciase /u/ como en “música”, αυ e ευ pronúncianse respectivamente /af/ e /ɛf/ ou /av/ e /ɛv/ (segundo que o son que siga sexa sonoro ou non: αυτό = /af'tɔ/ = «iso», αύριο = /'avriɔ/ = «mañá»)
Φ φ φι (fi) /f/
Χ χ χι (chi) /ç/: ch alemán de ich ante os sons /i/ e /ɛ/ (un iode /j/ non sonoro); /x/: ch alemán de ach ante os sons /a/ e /u/ (versión non sonora do /ɣ/)
Ψ ψ ψι (psi) /ps/ como en psicoloxía
Ω ω ωμέγα (omegha) /ɔ/

Ademais, algúns grupos de letras que forman dígrafos teñen unha pronunciación especial:

Letras Pronunciación
αι como ε: /ɛ/
γγ e γκ /g-/ en inicial, /-ng-/ [-ŋɡ-] noutras posicións
ει, οι, υι como ι, υ, η: /i/
μπ /b-, -mb-/ como en bar (que en grego se escribe μπαρ…)
ντ /d-, -nd-/ como en demo
ου /u/ como en cu
τσ /ʦ/ (africada) pero alveolar
τζ /ʣ/ (africada) pero alveolar
λι + V /ʎ/ como en galego solla

Exemplos

Palabra Transcrición Significado
αίμα èma ‘sangue’ (pensar en «hematoma», «hematoloxía»)
καλοριφέρ kalorifèr ‘radiador’  :-)
είναι i ‘el/ela é’ ou ‘eles/elas son’
μπαρμπάς barbas ‘tío’
εντάξη èndaksi 'de acordo'

Gramática

O grego moderno é unha lingua con declinacións (como o alemán, por exemplo): a terminación das palabras cambia segundo a función da palabra na frase. Mesmo os nomes propios se declinan: por exemplo, dirase ο Φίλιππος έφυγε (o Phílippos éfiye: «Filipe marchou»), βλέπω τον Φίλιππο (vlépo ton Phílippo: «Vexo a Filipe»), είναι το σπίτι του Φίλιππου (íne to spíti tou Phílippou: «é a casa de Filipe»).

Ademais, o grego distingue dous aspectos para cada verbo, marcados cada un por unha forma distinta: unha forma continua (calcada sobre o presente) e unha forma instantánea (calcada sobre o pasado, chamado aoristo). Esta diferenza é moi viva e vólvese atopar no futuro e no subxuntivo. Un Grego non ha confundir θα τον δω (tha ton dho) e θα τον βλέπω (tha ton vlépo): os dous significan «eu vereino», pero o primeiro sobreentende «unha vez» mentres que o segundo significa «continuamente».

Léxico

O grego moderno conserva moito léxico herdado do grego antigo, pero tomou prestadas tamén moitas palabras do latín, do turco, e, máis modernamente do francés e do inglés.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Tags:

Lingua Grega HistoriaLingua Grega Escritura e pronunciaciónLingua Grega GramáticaLingua Grega LéxicoLingua Grega NotasLingua Grega Véxase taménLingua Grega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel RivasJ. R. R. TolkienCaldas de ReisAlalá (programa de televisión)José Rodríguez Martínez (médico)Diáspora galegaIrmandiñosWiiMoucho comúnEmma WatsonOs verbos regulares galegos24 de abrilQFrancisco FrancoXabarilJordi Sierra i FabraPosición do misioneiroAfonso X o SabioAsalto do bou EvaCando petan na porta pola noiteRSSPremios Follas Novas do Libro GalegoKarl MarxO Viso, RedondelaCarlos de Matos GomesTeoría de gruposJorge PeteiroAlmibreMoreira (árbore)Bieito (nome)Nintendo 64Diego González RivasGisela LladóMaría LadoAAntón Villar PonteEduardo PondalKendji GiracMiguel Pampín RúaYolanda CastañoAgustina de AragónNino BravoO Barco de ValdeorrasTomiño (planta)MeteoGaliciaAdejeCascudaMércoresA rendición de BredaNocelloTito AsoreyLeopoldo RubidoThais VillasEstoicismoFreixoTelexornalJosé Luis GilJosé Antonio ArmadaConfederación Española de Derechas AutónomasDon Quixote da ManchaQuerela das mulleresJoseba ApaolazaLista de presidentes da República PortuguesaGinger RogersNúmero triangularRaquel AtanesVila de CrucesFísicaVertoVerínRafael NadalNancho Novo🡆 More