Pobo Grego

Os gregos, tamén chamados helenos (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo.

Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.

Pobo grego
Pobo Grego
Primeira liña: Homero  · Leónidas I  · Pericles  · Heródoto  · Hipócrates
Segunda liña: Sócrates  · Platón  · Aristóteles  · Alexandre o Grande  · Arquímedes
Terceira liña: Hipatia  · Basilio II  · Aleixo I Comneno  · Georgios Gemistos Plethon  · El Greco
Cuarta liña: Rigas Velestinlís  · Theódoros Kolokotronis  · Laskarina Bouboulina  · Georgios Karaiskakis  · Ioannis Kapodístrias ·
Quinta liña: Elefthérios Venizelos  · Konstandinos Kavafis  · Georgios Papanikolaou  · Arcebispo Makarios  · Pirros Dimas
Poboación
Poboación total:
aprox  14 - 17 millóns
Rexións principais:
Grecia Grecia10 280 000 (2001)
Estados Unidos de América Estados Unidos1 390 439 / 3 000 000 (estimación2009; incluídos os que teñen devanceiros gregos)
Chipre Chipre792 604 (estimación 2008)
Reino Unido Reino Unido400 000 (estimación)
Australia Australia365 120 (censo 2006) / 700 000 (incluídos os que teñen devanceiros gregos)
Alemaña Alemaña294 891 (estimación 2007)
Pobo Grego Canadá242 685 (censo 2006; con orixes exclusivamente gregas)
Pobo Grego Albaniaaprox  200 000
Rusia Rusia100 000
Ucraína Ucraína91 500 (censo 2001)
Aspectos culturais
LinguaGrego
RelixiónIgrexa Ortodoxa
Grupos
relacionados
Gregos de Albania, pónticos
Pobo Grego
A dispersión dos gregos no século VI a.C.

Na antigüidade, os gregos organizábanse politicamente en cidades estado, e alí orixinouse o concepto de democracia. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo, malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo, onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga. No século IV a.C, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India, e despois da caída do Imperio Romano, Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX, os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia, a costa occidental de Anatolia, o Mar Negro, Exipto, Chipre e Constantinopla; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI, e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.

Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.

Pódenselles atribuír ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes, a literatura, a filosofía, a política, a música, as matemáticas, a ciencia, a arquitectura, a tecnoloxía, as exploracións, a cociña e o deporte).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Encyclopedia Britannica (en inglés). Estados Unidos: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition. 
  • The Columbia Encyclopedia (en inglés). Estados Unidos: Columbia University Press. 2008. Online Edition. 
  • Pocket World in Figures (Economist) (en inglés). Londres: Economist Books. 2006. ISBN 1-86197-825-1. 

Ligazóns externas

    Diáspora
    Relixión
    Comercio

Pobo Grego 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Tags:

Pobo Grego NotasPobo Grego Véxase taménPobo GregoChipreGreciaGrupo étnicoLingua gregaMar ExeoNación

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estadio Municipal de RiazorPoboRiba-roja de TúriaMaría Victoria MorenoOTANJosé López CamposAlfredo Pérez RubalcabaJosé Galera MorenoMiley CyrusA CañizaApp Store (iOS)FerroAtlánticaFernando Suárez BarciaGarcía II de GaliciaLarraunJorge PeteiroMaría a BalteiraLista de nomes masculinos en galegoAnxo QuintanaHermisendeFrancisco AñónSistema solarSexo analIrúnFragas do EumeO PorriñoAresoAntolín FaraldoCarralFingeringFrancisco Castro VelosoIgnacio Gómez PérezNormandíaPablo PicassoDavid MellaEstadio Municipal de AnoetaASalvador García-BodañoReal Sociedad de FútbolAliança CatalanaMaría ReimóndezPartido Comunista de EspañaSantiago de CompostelaLugoEstripeiroDiego Martínez PenasGolda MeirLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaOvidio RodeiroDecembroManuel MurguíaGrândola, Vila MorenaLuka ModrićSeptimio SeveroGalipediaRío TíberPobo galegoElxokasLista de palabras galegas de orixe celtaTom Holland (actor)XXXTentacionNegueira de MuñizJoe BidenWikiTráfico de influenciasDeportivo da CoruñaPortugalEleccións municipais de 2015 en GaliciaSermos GalizaSayenHoliAdolfo SuárezRafael Rodríguez VillarinoCélula pancreática acinar🡆 More