Ignacio Gómez Pérez: Político galego

José Ignacio Gómez Pérez, nado en Ribadavia en 1972, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaIgnacio Gómez Pérez
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadavia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Vinculado ao PSdeG-PSOE dende os 16 anos, foi Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia en Ribadavia. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como número 5 da candidatura do PSdeG en Ribadavia, se ben non resultou elixido. En novembro de 2000 foi elixido Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Ribadavia. Nas eleccións municipais de 2003 resultou elixido concelleiro e tenente de alcalde de Ribadavia. Tralas municipais de 2007 e 2011 volveu ser elixido concelleiro e tenente de alcalde, tras revalida-lo PSdeG o goberno da vila. En 2007 e 2011 foi designado deputado provincial, sendo ademais portavoz do grupo socialista na Deputación dende 2011.

Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde de Ribadavia como cabeza da lista máis votada. Volveu ser designado deputado provincial, continuando como portavoz do grupo socialista. Porén, en novembro de 2016 foi destituído como portavoz pola executiva provincial do partido, tras manter diversas discrepancias internas. Nas municipais de 2019 pasou a se-la segunda forza política tralo PPdeG, se ben tiña opción de mante-la alcaldía co apoio da marea Ribeiro en Común. Porén, esta formación vetou a súa continuidade como alcalde para apoiar os socialistas, polo que o PPdeG logrou a alcaldía ó se-la forza máis votada. Nese mandato volveu ser designado deputado provincial, sendo ademais o viceportavoz do grupo socialista. En febreiro de 2021 o PSdeG e Ribeiro en Común presentaron unha moción de censura que fixo alcaldesa á socialista Noelia Rodríguez, pasando a formar parte da Xunta de Goberno Local pero sen asumir competencias concretas. Nas municipais de 2023 concorreu como número 4 da candidatura do PSdeG, a cal perdeu o goberno tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta. Se ben inicialmente non resultou elixido concelleiro, a renuncia dunha compañeira fixoo acceder de novo á corporación. Volveu ser designado deputado provincial.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorre como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Predecesor:
Marcos Blanco Jorge
 Ignacio Gómez Pérez: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
Alcalde de Ribadavia
 
2015 - 2019
Sucesor:
César Fernández Gil

Tags:

Ignacio Gómez Pérez TraxectoriaIgnacio Gómez Pérez NotasIgnacio Gómez Pérez Véxase taménIgnacio Gómez Pérez1972PSdeG-PSOERibadavia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mario CaneiroLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloGoogleJorge Peteiro2005DodecágonoEnciclopediaWilliam ShakespeareSegunda República EspañolaReal Academia GalegaPedro RieloGalego-portuguésTeodorico II, rei visigodoCarles PuigdemontJesús Hidalgo BermejoPeer-to-peerAna BelénVictoria Núñez LópezHard GZSonsoles EspinosaPetróglifoAP-9O incerto señor Don HamletEspañaGinger RogersGata CattanaNúmero triangularArcos, CuntisDelfín Modesto BrandónO sabor das margaridasEthan HawkePremios Follas Novas do Libro GalegoCanle (enxeñaría)Galería de imaxes de flores de GaliciaFesta dos maiosDavid Ben-GurionJessica AlbaCouto MixtoDaniel Castro GarcíaSancho GraciaVisigodosEstrella GaliciaClub Deportivo ArenteiroZeca AfonsoApolonio de Atenas (orador)Diana Varela PuñalAmérica-GaliciaVigoCaroline WozniackiBrad PittStanley KubrickLista de xentilicios de concellos galegosPRECCandela PeñaAmiantoAnxo AngueiraFentoOcéano ÍndicoXurxo de CapadociaAníbal MalvarGabriel García MárquezÁlex FidalgoOs verbos regulares galegosOrlando BloomPili PampínLlama M-82Isabel RiscoMonomitoCélula amácrinaAndrés Martínez SalazarDavid PerdomoRochoComarcas de GaliciaXoán Manuel Ramos RodríguezTaylor SwiftLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingLista de prefixos e sufixos🡆 More