Buxo: Xénero de plantas

Os buxos son arbustos do xénero Buxus de follas perennes, da familia das Buxáceas, que pode atinxir unha altura ata de 5 ou 6 metros.

Son plantas de crecemento ás veces moi lento, que pode vivir varios séculos. A especie que abunda en Galiza é o buxo común.

Distribución

Hai dúas especies indíxenas en Europa. A primeira é Buxus balearica, ás veces chamado buxo de Maó, atópase aínda en estado salvaxe en Andalucía nas serras de Segura e Cazorla, así como nas Illas Baleares e Sardeña.

A outra especie, mellor coñecida, é o Buxus sempervirens, que se estende desde Marrocos a Portugal e a Galiza, pasando polo Norte de España e Francia, ata Alemaña, Inglaterra, Luxemburgo e Suíza. Debeu formar parte da flora belga ata o século pasado, pero nunca o formou da de Italia (a pesar dos textos de Plinio o Vello e doutros autores antigos). Atópase nos Balcáns (antiga Iugoslavia, Grecia, Kosovo etc.) ata Bulgaria e Suroeste de África.

Descrición

Produce en primavera flores axilares, abrancuxadas, de pequeno tamaño, sen interese decorativo, mais apreciadas polas abellas.

Usos

A súa madeira, compacta, dura, flexible e duradeira, foi moi demandada e empregada para elaborar ferramentas. Tamén se utiliza na elaboración da gaita galega.

Nos xardíns o buxo emprégase a miúdo a xeito de sebe, mesmo tallado e en figuras. É a base da chamada arte topiaria.

Toxicidade

O contacto co zume de buxo pode provocar irritacións cutáneas. A cortiza, as follas e os froitos son tóxicas e a súa inxesta pode, en fortes doses, provocar vómitos, vertixes, tremores e parálise espiñal.

Enfermidades

Buxo: Distribución, Descrición, Usos 
Sebes de buxos no parque de Castrelos en Vigo.

.

O buxo padece o ataque do fungo Pseudometria rousseliana, que produce o chamado cancro do buxo, caracterizado por manchas de cor rosada ou vermella en follas e pólas; diminúe marcadamente o vigor da planta e pode aínda chegar a matala. Utilízanse preparados de cobre para combatelo.

Outros fungos que o afectan son o Mycosphaerella patouillardi, que provoca a caída das follas, manifestándose con pintas brancas persistentes. O Phyllosticta buxina produce síntomas similares á cancrose dos cítricos e o Phytophthora cinnamomi afecta a raíz de maneira incurábel.

Dende 2014, os buxos de Galiza vénse afectados pola avelaíña do buxo (Cydalima perspectalis), un insecto de orixe asiática cuxas eirugas se alimentan masivamenta das follas do arbuto até causaren a súa morte.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Buxo DistribuciónBuxo DescriciónBuxo UsosBuxo ToxicidadeBuxo EnfermidadesBuxo Galería de imaxesBuxo Véxase taménBuxoArbustoBuxo comúnPerenneXénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RPelaxePremio RañolasNormativa oficial do galegoVagalumeSayenBerensonPanteón Real da Catedral de SantiagoCampus de Esteiro1825Román Rodríguez GonzálezRebentaboisDrag Race España (segunda tempada)Camilo Díaz Baliño92Carcinoma lobular in situManchesterCesáreo Sánchez IglesiasSubdivisións da IndiaAsia1978Eduardo de Almeida NavarroMicrosoftFábrica Nacional de Moneda y TimbrePepe MiñonesValderreiRexurdimentoIFachada do Obradoiro76Historia da lingua galegaMoinanteAndrea MaceirasLista de castelos de PortugalDelegación do Goberno en GaliciaApollo 11OrchataLareiraAníbal MalvarDía das Letras GalegasTrisónLingua irlandesaHistoria do CairoA4CarbúnculoRamón López RodríguezNervio ópticoAndoriñaSeychellesLeymaMarta DarribaLingua francesaMáquina comecartosIslandiaIsabel I de InglaterraReino UnidoLista de concellos de PontevedraEstrutura secundaria das proteínasLista de palabras galegas de orixe celta39Natalia Puente PradoMarta Fernández-TapiasDios ke te crewBox Office MojoCanadáJusto González BallestaEuropa5Moeda da Antiga RomaFernando AbreuCapital (economía)🡆 More