As Crónicas Do Sochantre: Obra literaria de Álvaro Cunqueiro

As crónicas do sochantre é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1956 por Editorial Galaxia.

A obra xunta varias historias de misterio e crime. Está ambientada nos tempos da Primeira República Francesa, e narra as viaxes do sochantre de Pontivy polos camiños da Bretaña acompañado dunha comitiva de finados contadores de historias.

As crónicas do sochantre
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.22 de agosto de 1956
Formatorústica
Páxinas176 páxinas
ISBN978-84-8288-669-5
editar datos en Wikidata ]
As Crónicas Do Sochantre: Trama, Narración, Edicións
O título foi incluído na Biblioteca Galega 120, co número 32.

Trama

Charles Anne de Crozón é un home bretón, de finais do século XVIII. Logo de aprender a tocar o bombardino, pasou a ser o sochantre de Pontivy, e como tal, adoita tocar nos servizos relixiosos. Un día de 1793 é chamado para ir tocar no enterro dun veciño de Quelven. Ao saír de mañanciña da súa vila, dinlle que debe subir a unha carroza con outras persoas que tamén van ao enterro.

Ao pouco de partiren, descobre que os cinco acompañantes son cadáveres de persoas falecidas: Coulaincourt de Bayeux (un coronel aforcado), Guy Parbleu (queimado na fogueira), Jean Pleven (un escribán aforcado), Clarina de Saint-Vaast (unha muller envelenada) e monsieur de Nancy. A carroza está tirada por tres cabalos mortos.

Logo do susto inicial, vai collendo confianza con eles. Ao chegar a noite, os corpos perderon as súas carnes, quedando só os esqueletos. E nunha parada da carruaxe, os mortos comezan a contar as súas historias. Ao proseguir a viaxe, que se ve delongada, vense envoltos nunha batalla da Revolución Francesa, e fan unha particular representación de Romeo e Xulieta.

O sochantre, á fin, toca para o fidalgo de Quelven, pero vese envolto nunha lea amorosa co seu esqueleto, e remata correndo escapando del. Finalmente, chega de regreso á súa casa, logo de tres anos de viaxe.

Narración

A obra está contada en terceira persoa. Hai numerosas descricións, tanto do espazo como da fisionomía das persoas e as súas roupas.

Estrutura

Comeza cunha introdución sobre a terra da Bretaña e outra sobre o personaxe do sochantre. A acción está dividida en catro partes: "A carroza" (4 capítulos), "As historias" (7), "Os viaxes" (4 capítulos, incluíndo a representación da obra de teatro, e unha parte final.) A seguir, hai dous apéndices: o Dramatis personae e unha noticia sobor dun personaxe secundario.

Edicións

Foi editado por vez primeira en agosto de 1956 por Editorial Galaxia, coa portada deseñada por Ignacio Suárez Llanos e ilustracións de Xohán Ledo, adicado a Francisco Fernández del Riego. A editorial publicouno posteriormente na colección Narrativa. En 2002 fíxose unha edición para a Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, e en 2004 apareceu na Biblioteca Álvaro Cunqueiro.

Traducións

  • Ao castelán polo propio autor co título de Las crónicas del Sochantre publicado en 1959 por Editorial Destino, recibindo a obra o Premio da Crítica de narrativa castelá en 1960.
  • Ao italiano por Giovanni Allegra co título de Cronache di un maestro di coro publicado en 1983 por Jaca Book, Col. Jaca letteraria.
  • Ao francés por Claude Bleton co título de Les Chroniques du Sous-chantre publicado en 1992 por Actes Sud, Col. Lettres hispaniques.
  • Ao alemán por Elke Wehr co título de Die Chroniken des Kantors publicado en 1996 por Suhrkamp Verlag.
  • Ao asturiano por Milio Rodríguez Cueto co título de Les cróniques del sochantre publicado en 1999 por Vtp, Col. Kêr ar mor.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha na páxina web da editorial.

Tags:

As Crónicas Do Sochantre TramaAs Crónicas Do Sochantre NarraciónAs Crónicas Do Sochantre EdiciónsAs Crónicas Do Sochantre TraduciónsAs Crónicas Do Sochantre NotasAs Crónicas Do Sochantre Véxase taménAs Crónicas Do Sochantre

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Guernica (cadro)Cidade da Cultura de GaliciaKBernd SchusterAlfonso RuedaDe NinghuresFelipe GonzálezIrmandiñosVilanova de ArousaJuan Carlos Rodríguez CebriánCristiano RonaldoManuel Curros EnríquezDover (banda)Masculino e feminino en galegoEstados Unidos de AméricaValladolidXosé Luís Méndez FerrínLista de presidentes da República PortuguesaRiba-roja de TúriaLista de nomes femininos en galegoGonzalo MellaShaquille O'NealSimón BolívarBóvedaErros e TánatosAkureyriTereixa ConstenlaBulgariaEmilio Gutiérrez CabaEva CárdenasDominio públicoLista de xentilicios de concellos galegosHard GZRiro Kāinga26 de abrilReal Sociedad de FútbolXulloEdward John SmithXosé Ramón GayosoSanta CompañaLista de castelos de PortugalJavier CamuñasElvira Fernández BalboaAdolf HitlerFerroAtlánticaXeración NósBull terrierTea Rooms. Mujeres obrerasElena CandiaPartido Comunista de EspañaRosario Porto OrtegaRaquel AtanesCandela PeñaCetáceosMichael JacksonSexo analCristovo ColónVicente RiscoRevolución dos CaraveisUrueñaXapónAbraham PérezBalurosMiguel de CervantesJulio Alén MontesPirámide de necesidades de MaslowGran Guerra IrmandiñaNacho VegasBaby ReindeerAntonio Fernández PitaSevillaTito VilanovaFrancisco AsoreyAWStats🡆 More