Primeira República Francesa

A Primeira República Francesa (en francés: Republique française) foi fundada o 22 de setembro de 1792, pola Convención Nacional.

A Primeira República estivo vixente ata a proclamación do Primeiro Imperio Francés en 1804 baixo Napoleón. Este período está caracterizado pola caída da monarquía, o establecemento da Convención Nacional e o famoso Reinado do Terror, e a creación do Consulado Francés coa subida ó poder de Napoleón.

Modelo:Xeografía políticaPrimeira República Francesa
République française (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoLa Marseillaise Editar o valor em Wikidata

Localización
Primeira República Francesa Editar o valor em Wikidata
 48°51′55″N 2°19′38″L / 48.8653, 2.32722°19′38″L / 48.8653, 2.3272
CapitalParís Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación 21 de setembro de 1792:  (Proclamation of the abolition of the monarchy (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Disolución18 de maio de 1804 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porPrimeiro Imperio Francés Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria
sistema diretorial (pt) Traducir (1795–1799)
triunvirato (1799–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoConvenção (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Moedaassignat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

O fin da monarquía en Francia

Baixo a Asemblea Lexislativa, que estivo no poder tras a proclamación da Primeira República, Francia entrou en guerra contra Prusia e Alemaña. En xuño de 1792 o duque de Brunswick, comandante xeneral do exército Austro-Pruso, ameazou coa destrución de París se algo lle sucedía ó rei Lois XVI. Cos exércitos prusianos preto de París, os cidadáns asaltaron o palacio das Tullerías, asasinando a 600 gardas suízos do rei e insistindo na destitución do rei . Un novo temor incitou á acción anti-revolucionaria a violencia adicional, e a primeira semana de setembro de 1792, as multitudes de París asaltaron as prisións da cidade, matando sobre a metade dos presos. Nobres, clérigos, e presos políticos foron asasinados nas súas celas. Isto pasou á historia como os Masacres de Setembro .

A Convención Nacional

Primeira República Francesa 
Maximilien de Robespierre.
Primeira República Francesa 
Monumento á Convención Nacional

Como resultado á inestabilidade da monarquía constitucional e da violencia pública, un partido de seis membros da Asemblea Lexislativa de Francia foi asignado para a tarefa de supervisar as eleccións. A convención resultante foi fundada coa intención de abolir a monarquía e crear unha nova constitución. O primeiro acto da Convención foi establecer oficialmente a República Francesa e quitarlle ó rei todos os seus poderes políticos. O rei, que por entón non era máis que un simple cidadán chamado Luís Capeto, nome sinxelo dado polos revolucionarios co que lle restrinxían facer vangloria dos títulos acostumados pola realeza e que provén da antiga dinastía dos Capetos da que veñen os Borbóns., foi secuencialmente acusado de varios crimes de altra traizón a partir de decembro de 1792. O 16 de xaneiro de 1793 foi acusado culpable, e o 21 de xaneiro dese mesmo ano foi guillotinado.

Entre inverno de 1792 e primavera de 1793, París estivo chea de sanguentos alborotos e fame. A nova Convención fixo pouco para resolver o problema ata a primavera de 1793, estando máis ocupada nas tarefas militares. Finalmente o 6 de abril de 1793, a Convención creou o Comité de Seguridade Pública, encabezado por Maximilien de Robespierre. Este comité instaurou unha política de terror, e a guillotina comezou a acabar cos inemigos da república. Esta etapa é coñecida hoxe como o Reinado do Terror.

Primeira República Francesa 
A Marianne revolucionaria deseñada por A. Dupré, no anverso da moeda conmemorativa do bicentenario da I Repúbilca (1992)

A pesar do gran descontento, a Convención Nacional seguiu no poder. En xuño estableceuse a Constitución de 1793, que foi ratificada polo voto popular en agosto. Porén, o Comité de Seguridade Pública era visto como un goberno de emerxencia, e os dereitos que se garantiron coa Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789 e a nova constitución foron suspendidos por este comité. O comité realizou miles de execucións contra inimigos supostos da recentemente creada república, de modo que a guillotina veu a ser coñecida como “a maquinilla de afeitar nacional”—porque parecía que caía sobre o pescozo de todos. As leis do comité levaron a revolución a límites sen precedentes, introduciron o calendario revolucionario en 1793, pecharon igrexas dentro e fóra de París como parte do movemento de descristianización, xulgaron e executaron a María Antonieta e instituíron entre outras a lei de sospeitosos. Baixo o liderado de Robespierre, membros de varias faccións revolucionarias e grupos foron executados incluíndo os Hébertistas e os Dantonistas, moitos dos cales foran amigos persoais do propio Robespierre.

Os esforzos da guerra estaban mellorando en Francia para 1794, por unha parte debidos á excelencia militar de Napoleón Bonaparte. Moitos na Convención Nacional chamaban á volta da normalidade, pero Robespierre negábase. Entre as execucións totales, o medo salvaxe do pobo, e a institución do Festival da Razón, a mediados de 1794 había “moito entusiasmo para terminar o terror, pero ninguén sabía como facelo... A única solución posible era a caída de Robespierre". Robespierre foi xulgado e executado o 28 de xullo de 1794.

O Directorio

Tras a caída de Robespierre, o club Xacobino foi pechado e os Xirondinos superviventes foron reinstaurados. En agosto, a Convención Nacional adoptou a Constitución de 1795 e restableceron a liberdade de emprego. O 3 de novembro de 1795, o Directorio foi establecido. Baixo este sistema, Francia estaba dirixida por unhas cortes bicamerais, compostas pola Cámara Alta chamada Consello de Anciáns (250 membros) e a Cámara Baixa chamada Consello dos 500 (500 membros). O poder executivo consistía en cinco membros que formaban o Directorio. Debido á inestabilidade e aos desastres militares franceses en 1798 e 1799, o Directorio só durou catro anos.

O Consulado

O sistema caeu co golpe de Estado do 18 de brumario de 1799, que iniciou un novo período coñecido como o Consulado Francés. Os propios membros do Directorio planearon o golpe. Napoleón Bonaparte foi un dos conspiradores do mesmo, e alzouse co poder como o Primeiro Cónsul. Máis tarde nomearíase a si mesmo como emperador, poñendo fin á Primeira República Francesa e iniciando o Primeiro Imperio Francés.

De xeito inconstitucional a Primeira República estivo formada por:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Primeira República Francesa O fin da monarquía en FranciaPrimeira República Francesa A Convención NacionalPrimeira República Francesa O DirectorioPrimeira República Francesa O ConsuladoPrimeira República Francesa NotasPrimeira República Francesa Véxase taménPrimeira República Francesa1792180422 de setembroConsulado FrancésLingua francesaNapoleónNapoleón BonapartePrimeiro Imperio FrancésTerror (Francia)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Florencia PeñaPasadena, CaliforniaCSSLista de episodios de Dragon Ball Z KaiMediaWikiEstados Unidos de AméricaCurtisPonte de RandeKarl MarxGran Premio de Mónaco de 2014LiberalismoCarlismoMaruca do MediterráneoGalipediaJosé Luis GilMandalaAs NevesCervantesPireneosChile (pemento)EstrasburgoUS AirwaysTerceira InternacionalElizabeth TaylorSylvester StalloneProciónidosPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteArturo Fernández (xornalista)Agustín Reguera OcampoDodecágonoChris PrattO SalvadorRenda básica universalÑPúrpuraMarta DarribaRubén Lois GonzálezLista de episodios de SerramouraPedrafita do CebreiroGalería de imaxes de arañas de GaliciaImperio RomanoSindicalismoCarlos VII de FranciaIgrexa ortodoxa coptaRobert PattinsonAmancio OrtegaA derradeira leición do mestreHomeroEnid BlytonVilariño de ConsoShirley ChisholmMosteiro de Santa María de OseiraIbai Llanosd05oxLustroBóraxJulián MuñozAeroporto de Newark LibertyReconquista de VigoCatalán ribagorzanoLista de episodios de DoraemonProxyÁngel RodalSupremme de LuxeSulfato de cobre (II)República Popular da ChinaGuerra civil españolaLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasManu ChaoMaribel VerdúMarcos PereiroGarcía Pardiñas Vilar de FrancosPortadaFascismoKarim BenzemaRegina García GarcíaRaxáJake Gyllenhaal🡆 More