Francia Consulado

O Consulado foi a institución de goberno en Francia entre a caída do Directorio tras o golpe de Estado que deu Napoleón Bonaparte o 18 Brumario de 1799 até o comezo do Imperio Napoleónico, en 1804.

Francia Consulado
Napoléon Bonaparte, Primeiro cónsul, 1803. Por François Gérard.

Por extensión, o termo O Consulado refírese tamén a dito período histórico francés.

O cargo de cónsul ten a súa orixe no antigo cargo homónimo da Antiga Roma.

O Consulado estaba constituído, teoricamente, por un triunvirato. O cargo de cónsules ostentárono Napoleón Bonaparte, Sieyès e Ducos temporalmente até o 12 de decembro de 1799. Posteriormente, Sieyés e Ducos foron substituídos por Jean Jacques Régis de Cambacérès e Charles-François Lebrun, que seguiron no cargo até 1804, cando Napoleón foi coroado Emperador dos franceses.

Historia

Francia Consulado 
Os tres cónsules:
Cambacérès, Bonaparte e Lebrun.

Napoleón, como primeiro cónsul, concentrou na súa persoa case todo o poder, deixando os outros dous cónsules cos que formaba o triunvirato, como unha mera comparsa.

Durante o Consulado leváronse a cabo importantes reformas políticas e sucederon importantes feitos militares e diplomáticos, grazas aos que Napoleón se transformou nun dos personaxes máis recoñecidos do mundo, pola súa maneira de armar a un exército e pola súa intelixencia.

Algúns destes feitos foron:

  • O Tratado de Lunéville (febreiro de 1801), que poñía fin á guerra con Austria, e polo que Francia se apoderaba de case toda a península italiana. Isto permitiu a Bonaparte eliminar os opositores ao código civil das asembleas.
  • O Concordato de 1801, que separaba a Igrexa do Estado e polo que, entre outras cousas, Francia abolía o calendario republicano francés, que era substituído polo tradicional calendario gregoriano.
  • O Tratado de Amiens (25 de marzo de 1802), co Reino Unido, e no que España e a República Bátava, aliados de Francia, pagaron todas as custas, deu un pretexto ao primeiro cónsul para facerse cónsul vitalicio, como recompensa por parte da nación; este feito oficializaríase nun referendo no seguinte mes de agosto.
  • A Constitución do ano X, que consagraba a Napoleón como cónsul vitalicio.

Napoleón utilizaba as técnicas do Antigo Réxime no seu goberno, que cada vez se concentraba máis na súa persoa. A pesar da oposición dos republicanos (que vislumbraban o seu soño de ser emperador) ao seu autoritarismo, a maioría da poboación permaneceu, acrítica, apoiando a súa política, ao punto de que o Senado acordou dar a Bonaparte o título de emperador o 18 de maio de 1804, decisión aprobada por un referendo no mesmo día. O soberano foi coroado o 2 de decembro dese mesmo ano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Francia Consulado HistoriaFrancia Consulado NotasFrancia Consulado Véxase taménFrancia Consulado17991804Directorio (Francia)FranciaGolpe de EstadoNapoleón BonapartePrimeiro Imperio francés

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AWStatsLalínHenrique DacostaMarxistaBarbitúricosIndependenciaPobo triquiJSONRosendo SalvadoPortadaMadagascarMarta DarribaConnellitaSindicalismoCastro de Punta do BicoRefreyRafael LouzánReconquista de VigoWiki CommonsPartido Comunista ItalianoEliseo SeoaneVilanova dos Infantes, CelanovaReal Academia GalegaO hobbitA derradeira leición do mestreRaquel AtanesLustroAntonio GramsciSelección de fútbol do CamerúnCallitriche stagnalisPrimeira guerra mundialPosición do misioneiro invertidaMaría JamardoTartánManchester City F.C.2003Comarcas de GaliciaShinovad05oxMatriz (matemáticas)Las Torres de CotillasAdolf HitlerSevilla Fútbol ClubSexo analDaniel de la SotaManuel MongeEspañaAnálise numéricaLingua latinaXunta de GaliciaMarcos PereiroGlenn Research CenterPaula AlvarellosConcellos de GaliciaHermann Heinrich GossenAirbus A350ProxyAmancio López SeijasBatalla de Medina de RiosecoFinados en 2024BenidormCatedral de MilánCopia por contactoRegina García GarcíaO Ézaro, DumbríaFillas de CassandraFascismoFianna FáilCasa BaillyVíctor Coyote🡆 More