Romeu E Xulieta: Traxedia de William Shakespeare

Romeu e Xulieta, ás veces Romeo e Xulieta (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet.

Romeu e Xulieta
Romeu E Xulieta: Tema e argumento, Orixe, Edicións
Representación da famosa escena do balcón de Romeu e Xulieta. Pintura de 1884, por Frank Dicksee.
Título orixinalThe Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeReino Unido Reino Unido
Linguainglés
Tema(s)Amor prohibido
Xénero(s)Traxedia
Data de pub.1597 (Q1)
1599 (Q2)
1609 (Q3)
1622 (Q4)
1637 (Q5)
2003 (1ª tradución o galego)
TraduciónMiguel Pérez Romero
editar datos en Wikidata ]
Romeu E Xulieta: Tema e argumento, Orixe, Edicións
Romeu E Xulieta: Tema e argumento, Orixe, Edicións
Romeo e Xulieta de Ford Madox Brown.

Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado pola Editorial Galaxia en 2003.

Tema e argumento

A obra trata sobre dous amantes que viven un amor imposible pola rivalidade das súas familias, os Montescos e os Capuletos. Só a morte dos amantes conseguirá conciliar as súas familias. Xunto con Hamlet foi unha das obras máis populares da época de Shakespeare, e segue a ser unha das máis representadas. A estrutura dramática empregada polo dramaturgo inglés é notable, especialmente na combinación de comedia e traxedia para aumentar a tensión narrativa, así como no desenvolvemento de enredos secundarios e a expansión que sofren os personaxes máis secundarios, outorgándolle un sentido de forte complexidade ó relato. Os dous protagonistas acadaron co tempo un valor simbólico, derivando no arquetipo do amor perfecto pero que a sociedade fai imposible. De Romeu e Xulieta fixéronse numerosas versións teatrais, cinematográficas, musicais e de banda deseñada. A obra traduciuse a gran número de linguas. A tradución galega apareceu no ano 2003.

Orixe

Romeu e Xulieta pertence á tradición de romances tráxicos que xa ven da antigüidade, o seu argumento baséase en dous contos italianos, o de Matteo Bandello e o de Masuccio Salernitano na versión que del fixo Luigi da Porto e que traduciu en 1562 Arthur Brooke titulando á súa obra The Tragical History of Romeus and Juliet e que William Painter reescribiu en prosa en 1582 co título Palace of Pleasure. Shakespeare baseouse nas dúas obras para escribir a súa entre 1591 e 1595, engadíndolle personaxes novos tales como Mercucio e Conde Paris.

Edicións

Foi escrita na primeira etapa como literato de Shakespeare. Como libro publicouse por primeira vez en 1597, o texto considérase de baixa calidade, segundo o crítico T. J. B. Spencer a edición non sería de Shakespeare senón que estaría baseada no recordo do texto por parte dos actores que a representaron. En 1599 publicouse a seguinte edición que tiña o título de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet, conta con 800 versos máis ca versión anterior e é un texto máis completo e fiable, reimprimiuse varias veces ó longo da primeira metade do século XVII. A edición que aparece no First Folio (1623), na que se basean os textos canónicos da maioría das obras de Shakespeare, é a reimpresión de 1609 con algúns engadidos. A primeira versión moderna é a de Nicholas Rowe e data de 1709.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Romeu E Xulieta Tema e argumentoRomeu E Xulieta OrixeRomeu E Xulieta EdiciónsRomeu E Xulieta NotasRomeu E Xulieta Véxase taménRomeu E Xulieta

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Asalto do bou EvaGuillermo Alonso BarciaBaby ReindeerNava CastroMoción de confianzaCayetana Álvarez de ToledoDomingoTereixa ConstenlaCaquetáOtelo Saraiva de CarvalhoLista de estacións de tren de GaliciaNational Portrait GalleryPosición aconchegadaLesakaGheadaGrupo SargadelosPalmaManuel Otero MartínezGonzalo Pérez JácomeO divino saineteRamiro CarregalAEduardo IndaJosé López CamposEmilio González AfonsoAliança CatalanaXosé Manuel PiñeiroCristiano RonaldoVacaTPobo palestinoRaposo comúnHistoria de GaliciaQueiroaOurenseBidueiroFala de EstremaduraGalaicosPablo MartinezXosé Luís BernalRosario Porto OrtegaLista de xentilicios de concellos galegosPello OtxandianoEmilio Aragón BermúdezHeraldo de ViveroDeserto do SáharaRebeliom do InframundoSecretaría Xeral de Política LingüísticaRéptilesVictoria Núñez LópezEva Iglesias MiguénsEstados Unidos de AméricaLista de palabras galegas de orixe celtaPalauRebel MoonPecados capitaisRataTeresa González CostaCarmen LovelleQuenllaGoretti SanmartínO incerto señor Don HamletMEcce HomoAvenida da Liberdade (Lisboa)Esencia de trementinaPadrónOrdesImmanuel KantCohesiónFiúnchoEva CárdenasGeorgia O'KeeffeLabor Gallega (A Habana)Carlos Negro🡆 More