Xohán Ledo: Médico e ilustrador galego

Ricardo García Suárez, coñecido co nome artístico de Xohán Ledo, nado en Ferrol o 15 de outubro de 1917 e finado en Vigo o 10 de xuño de 2006, foi un médico e ilustrador galego.

Infotaula de personaXohán Ledo
Biografía
Nacemento(es) Ricardo García Suárez Editar o valor em Wikidata
15 de outubro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 2006 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesXohán Ledo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Xohán Ledo: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán

Fillo dun militar de artillaría, fixo o bacharelato na Coruña. En 1933 comezou a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a guerra civil española serviu de sanitario en varias frontes, e rematou a carreira en 1943. Especializouse en cirurxía torácica, e traballou en Bilbao nun hospital antituberculoso. En 1950 instalouse en Vigo e abriu unha consulta privada, que despois abandonou ao entrar a traballar para a Seguridade Social.

En Vigo retomou o contacto co galeguismo, e comezou a colaborar coa Editorial Galaxia e a revista Grial entre 1951 e 1983. Fixo as capas, o deseño interior e as ilustracións de case todas as coleccións da editorial, o que o converteu -con Luís Seoane no exilio- no renovador da imaxe gráfica do libro galego. Fixo as portadas de Á lus do candil (Ánxel Fole, 1954), Si o vello Sinbad volvese ás illas... (Álvaro Cunqueiro, 1961) ou Os biosbardos (Eduardo Blanco Amor, 1962) e ilustrou obras como Terra brava (Ánxel Fole, 1955), As crónicas do sochantre (Á. Cunqueiro, 1956), Dos arquivos do trasno (Rafael Dieste, 1962) ou Xente no rodicio (Xosé Neira Vilas, 1971). Tamén realizou folletos, almanaques e carteis, como os primeiros que se fixeron sobre o Día das Letras Galegas.

Escribiu numerosos textos sobre arte, tanto na vertente pictórica como arquitectónica, que espallou en revistas, prólogos e volumes colectivos. Entre eles cómpre salientar os dedicados a Luís Seoane e Carlos Maside, seus grandes amigos da mocidade, sobre a pintura de Manuel Colmeiro ou a personalidade e obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Logo da súa xubilación retomou a súa faceta de tradutor, vertendo ao galego dous textos de William Shakespeare: Ricardo III (Fundación Otero Pedrayo, 1998; Premio Trasalba), e Xulio César (Ediciós do Castro, 1998).

En 1956 casou con Mimí Alonso da Cuña, coa que tivo tres fillas e un fillo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Xohán Ledo TraxectoriaXohán Ledo NotasXohán Ledo Véxase taménXohán Ledo10 de xuño15 de outubro19172006FerrolVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Manuel LagePratos combinadosVenresAs Cruces, SobradoPenafielRauw AlejandroSabugueiroArtistaEsther EstévezCobrePremio Espasa de EnsaioSapoconcho comúnReino de GaliciaSobreiraChinche das camasEfecto FöhnJosé MiñonesIraqXosé MonteagudoDavid HarperLeymaGoretti SanmartínAuto de fePenerbosa, Negrelos, RodeiroAndrea MaceirasCerroteFuxan os VentosSingular e plural en galegoRelación sexual humanaLimoeiroIsabel I de InglaterraJosé Miñones TrilloPepe Domingo CastañoCachotaríaMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaRaposoEtiopíaEscola Técnica Superior de Arquitectura da CoruñaBlas García PiñeiroOríxenesWikiTomas DeLoreyFrancisco Pérez DuránÓscar García PatiñoMar TirrenoSen SenraC. TanganaEscola de FrankfurtDe catro a catroLeonardo da VinciSambesugaHattusilis ISan Lázaro, Santiago de CompostelaMinisterio de Sanidade de EspañaJosé Miñones (homónimos)Laura FalcóIránRusiaIndia5Xosé BallesterosSanta Uxía de Asma, ChantadaAnagnórise (novela)Le MondeMario de LangulloPremio RañolasMaría VázquezVilamaior do Val, VerínElisa LoncónHomosexualidadeTeatroEmilio Antón IboleónCastiñeiroAndorra🡆 More