Xesús Carro García, nado en Santiago de Compostela o 24 de decembro de 1884 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1973, foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1884 Santiago de Compostela |
Morte | 8 de decembro de 1973 (88 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Santiago Carro García |
Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Após o alzamento militar de 1936, empregando a súa sotana como salvoconduto, conseguiu salvar parte dos fondos do Seminario de Estudos Galegos da destrución. "O máis brutal atentado que se fixo con Galiza" en palabras de Isaac Díaz Pardo. Carro conseguiu rescatar, entre outras cousas, as láminas das miniaturas do Códice Calixtino.
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941 e foi correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Colaborou na revista Spes.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xesús Carro |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xesús Carro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.