Bande: Concello da comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense

Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia.

Segundo o IGE en 2018 tiña 1.591 habitantes (1735 en 2015, 2083 en 2010, 2217 en 2006, 2285 en 2005, 2326 en 2004 e 2332 en 2003). O xentilicio é bandés.

Bande
Escudo de Bande
Bande: Xeografía, Historia, Cultura
Casa do Concello.
Bande: Xeografía, Historia, Cultura
Situación
Xentiliciobandés/bandesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.482 hab. (2023)
Área99 km²
Densidade14,97 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloBande
Política (2023 )
AlcaldeSandra Quintas (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Bande
Uso do galego (2011)
Galegofalantes87,74%
Na rede
concellobande.sedelectronica.gal
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

O concello de Bande ten 99 km² e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1146 m) e Fonte Santa (1088 m). Polo sur discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a sueste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros.

O clima é húmido e chuvioso, con temperaturas suaves no verán e baixas no inverno. A media anual é de 13,1 °C.

Demografía

Censo total 1.591 (2018)
Menores de 15 anos 64 (4,02 %)
Entre 15 e 64 anos 757 (47.58 %)
Maiores de 65 anos 770 (48.4 %)
Bande: Xeografía, Historia, Cultura
Evolución da poboación de Bande   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5721 5684 6099 3882 2326 2116 2020 1958 1890 1829 1735 1668
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Bande escribe nas súas terras desde tempo inmemorial a súa historia, deixando a pegada nos vestixios das moitas poboacións que habitaron estes lugares. Bo exemplo diso son os numerosos restos arqueolóxicos que se conservan, entre os que resaltan as mámoas que se dispersan polo seu territorio, os castros de Rubiás, Sarreas, Fervenza, Seoane, Lobosandaus e Pena Maior.

Época romana

Bande: Xeografía, Historia, Cultura 
Ponte Pedriña Bande

No seu territorio habitaba a tribo dos Querquennos, que foron sometidos polas tropas romanas. No ano -218, Décimo Xunio Bruto que cruzou o río Limia (Lethes ou río do esquecemento) por algún lugar próximo ao que hoxe é territorio de Bande; Décimo Xunio Bruto demostra aos seus soldados -medorentos de cruzar estas augas- que non se perde a memoria alén do río, e cita un a un os nomes da súa tropa. Os romanos trazaron por estas terras a Vía XVIII de Brácara Augusta a Astúrica Augusta, coñecida como a Vía Nova do itinerario de Antonino Item alio itinere a Brácara Astúrica que foi construída no ano 80 baixo o reinado dos emperadores Perico e Domiciano. A máis de construírse un campamento denominado "Aquis Querquennis" coñecido tamén como "A Cidá" (este campamento é o terceiro da Vía romana).

Idade Media

Odoario mandou repoboar estas terras en nome do rei Afonso III no século IX. Estas terras e os seus habitantes víronse inmersos en numerosas guerras cos portugueses que loitaban por establecer unha fronteira. A principios de século, nas proximidades do campamento romano, concretamente na vila dos Baños, construíuse un balneario que en determinadas épocas do ano queda asolagado polo encoro das Conchas cando o seu nivel é alto. Estas augas recoñecidas polas súas propiedades e aconselladas para tratar a reuma, enfermidades da pel e do aparello dixestivo, sae a uns 48 graos centígrados.

Restauración

Destacable é o feito de que, durante a Restauración, Bande era un feudo da familia Bugallal, que, segundo consta, gañaba as eleccións sen que se celebrasen as votacións, métodos que se denunciaron polas xentes destes lugares encabezados por Basilio Álvarez.

En Bande editouse o periódico El Noticiero de Bande en 1914.

Cultura

Toponimia

Durante a romanización da Península Ibérica, Bande non pasou desapercibida. Bande, que etimoloxicamente provén de "Bandu", segundo algunhas teorías, ou de "Venatus", que evoluciona a "Vaneto", segundo afirma nos seus estudos o polígrafo Xocas.[Cómpre referencia]

Por outra parte, unha figuriña do Deus Bandua, recoñecido como "Marte galaico" foi encontrada no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquernis. A posibilidade dunha relación entre o nome do deus e do topónimo parece clara.[Cómpre referencia]

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Nas escavacións do campamento romano de "Aquis Querquennis" atopáronse, entre outros obxectos, unha estatuíña que representa un lexionario.

No castro de Rubias atopouse unha cabeza pétrea de guerreiro de época galaico-romana, coñecida como Cabeza de guerreiro de Rubiás e que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Patrimonio arquitectónico

En 1921 declarouse Monumento Nacional a Igrexa de Santa Comba de Bande. En 1944 declarouse Monumento Histórico Artístico a ponte de Ponte Pedriña, de orixe romana, asolagada ese mesmo ano polo encoro das Conchas.

Na antiga igrexa de Baños destapouse unha lápida coa inscrición "Alepio de 19 anos morto en Cristo no ano 545", que na actualidade tamén se atopa depositada no museo ourensán e se considera como unha das máis antigas que se coñecen dun enterramento cristián.

Economía

A agricultura ocupa o 50 % da poboación, que se complementa co gando ovino e vacún. Desde a década de 1930 a poboación reduciuse a un terzo debido á emigración, primeiro á Arxentina e o Uruguai, despois a Venezuela e a partir da década dos 50 maioritariamente a Europa (Suíza, Francia e Alemaña).

  • A castaña saiu podre,/ mozos de Nigueiroá;/ a castaña saiu podre,/ outra boa sairá .
  • Á entrada de Forcadas/ por ti parei perguntando:/ dixeron que estabas bo/ por eso veño cantando .
  • Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada .
  • Andivécheste alaudando/ por Recarei e por Bande/ que te querían as mozas:/ ai, que mentira tan grande! .
  • Arrieiros, os de Calvos,/ que pasades pola estrada,/ tende coidado coas bestas/ no lugar de Fontarcada .
  • As meniñas, as de Calvos,/ todas ten a saia rota,/ só a filla da forneira/ que a ten feita de estopa .
  • As mociñas de Corvelle/ son pequenas e redondas;/ que vivan as de Facós,/ que son longuiñas e longas! .
  • As mociñas de iste pueblo/ son malas de contentar;/ os mociños, os de Calvos,/ alá non as van buscar .
  • Chabacana de Forcadas,/ anque te laves e laves/ eres negra de nación/ e pouquerrichiño vales .
  • Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira .
  • De Pereira me mandaron tres peras nun ramalliño, desexaba de sabere quen foi o do regaliño.
  • Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei .
  • En Quintela hai boas mozas/ e no Pazo nada delas,/ en Santa Baia carnochas,/ ninguén quer cargar con elas
  • Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba .
  • Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a Rubiás .
  • Heime de casar en Crasto,/ en Crasto me casarei;/ se me non casar en Crasto/ casareime en Recarei .
  • Indo prá feira da Ponte/ atopei un carballiño,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratiño .
  • Moreniña, moreniña,/ moreniña de Cadós,/ dame o teu amor, morena,/ xa que cho pido por Dios .
  • O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará .
  • O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros .
  • O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla .
  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte .
  • Pasei a Ponte Pedriña,/ Maruxiña por te ver;/ o día que te non vexo/ non poño o caldo a quecer .
  • Pasei a Ponte Pedriña, /paseina de madrugada;/ hachei un anelo de ouro/ cunha cinta colorada .
  • Pasei a Ponte Pedriña,/ paseina dunha carreira;/ tireille un tiro a unha lebre,/ matei unha costureira .
  • Pasei a Ponte Pedriña,/ queridiña, por te ver;/ o día que te non vexo/ non podo o caldo comer .
  • Qué estriga teño na roca!/ Que mazaroca farei!/ Que lindos mozos eu teño/ no lugar de Recarei .
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras .
  • Teño amores, teño amores,/ en Nigueiroá os teño,/ mais hei de casar contigo/ xa que tu tes ise empeño .
  • Teño un amor na montaña,/ en Forcadas teño sete;/ a ti heicho da-lo si/ cando non veñas peneque .
  • Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media .
  • Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei .
  • Viva Bande, viva Bande,/ con todos seus arredores;/ terra de moitas castañas,/ vivan os apañadores .
  • Viva Bande, viva Bande,/ que bonito vai a ser/ coa carreteiriña nova/ i a ponte que van faguer .
  • Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei .
  • Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia .

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) |Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) |Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) |Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


Lugares de Bande

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bande vexa: Lugares de Bande.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Bande XeografíaBande HistoriaBande CulturaBande EconomíaBande na literatura popularBande Galería de imaxesBande ParroquiasBande Lugares de Bande NotasBande Véxase taménBande2003200420052006201020152018Comarca da Baixa LimiaIGEProvincia de OurenseXentiliciowikt:bandés

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SevillaTanxugueirasAlberto FortesSíndrome do aceite tóxicoGacelaIndiaIrmandiñosAbrilPratos combinadosBugalloFrancisco Vázquez VázquezJohn TravoltaAlberto Núñez FeijóoNiloRomaníaEva CárdenasCaixa Rural GalegaYolanda DíazCastro de Punta do BicoÁlbum de la CaridadTito VilanovaAciñeiraCouselo (planta)Concellos de GaliciaAlfonso RuedaModelo OSISéculos EscurosMaría Antonieta de AustriaSimón BolívarMontañésVimianzoÁngel CarracedoFuga de cerebrosBulgariaCopia por contactoMartiño de DumioBatalla de CacheirasFernando Grande-MarlaskaToledoTeresa CasalCogomeloAresAC-960YouTubeCatherine Zeta-JonesPili PampínSalvador García-BodañoManuel LourenzoEstripeiroIsabel Díaz AyusoRenda básica universalXurxo SoutoVilanova de ArousaAkureyriWinston ChurchillDiego Rivas GutiérrezXabier DeiveLeninismoIria Carreira PazosManuel Curros EnríquezSalgueiro MaiaPeníscolaXinzo de LimiaMads MikkelsenArmando RequeixoAndorraCarlos CasaresTotó GarcíaMasturbaciónRosalía de CastroCervo comúnAlberte PagánXapónXohán Xabier Baldomir CabanasMaría Jesús Montero🡆 More