Doenza: Condición anormal que afecta o corpo dun organismo

Unha doenza ou enfermidade é unha condición anormal que afecta ó corpo dun organismo.

A miúdo é interpretada como unha condición médica asociada a uns síntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunhas fontes externas, como as enfermidades infecciosas, e poden causar dor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida. No senso máis amplo, tamén se inclúen feridas, discapacidades, desordes, síndromes, infeccións, síntomas illados, desviación do comportamento, e variacións atípicas de estruturas e funcións, mentres que noutros contextos e para outros propósitos son consideradas noutras categorías. As doenzas adoitan afectar ás persoas non só fisicamente, senón tamén emocionalmente, xa que poden alterar a perspectiva da vida e a personalidade das persoas.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Doenza: Definición e termos relacionados, Definición de doente, Exemplos
Imaxe microscópica da Mycobacterium tuberculosis, unha bacteria patóxena infecciosa que é a principal causante da tuberculose.

Existen catro tipos principais de doenzas: doenzas patóxenas, doenzas de discapacidade, doenzas hereditarias e doenzas psicolóxicas. Tamén poden ser clasificadas como transmisibles e non transmisibles. A doenza máis común do mundo é doenza das enxivas que afecta a 3 de cada 4 persoas. A doenza máis mortal do mundo é a doenza isquémica do corazón (obstrución da circulación do sangue), seguida polas cerebrovasculares e as infeccións das vías respiratorias.

A morte causada por unha doenza é chamada morte por causas naturais. O estudo das doenzas denomínase patoloxía, mentres que a medicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.

Definición e termos relacionados

O concepto de doenza é unha aproximación que orienta sobre o tipo de problema de saúde en cuestión, e axuda no seu entendemento. Toda doenza ten un compoñente conceptual que a categoriza, e proporciona un punto de referencia para identificar que pode ter en común ou diferenciarse unha entidade nosolóxica doutra.

Diferenza entre doenza e outros termos

Por definición, existe unha soa doenza, pero a caracterización e identificación de variados procesos e estados diferentes da saúde levou á discriminación dun universo de entidades distintas (entidades nosolóxicas), moitas delas entendidas estritamente como enfermidades pero outras non (cf. síndrome, entidade clínica e trastorno). Deste xeito, as enfermidades e procesos sucedáneos e análogos, son entendidas como categorías determinadas pola mente humana.

Fitopatoloxía e medicina veterinaria

As enfermidades que afectan ás plantas concirnen á fitopatoloxía, e as patoloxías que afectan ós animais son dominio da ciencia veterinaria. A doenza humana é o núcleo organizador da ciencia médica, pois gran parte do coñecemento médico está orientado cara a enfermidade e a súa solución.

Patoloxía humana e nosoloxía

Estritamente, as doenzas son obxecto de estudo da patoloxía (do grego παθος: 'afección', 'sufrimento'), póla da medicina que investiga as características propias de cada entidade, os seus compoñentes e o proceso que desenvolven, en relación coa evidencia morfofisiolóxica que se imprime na bioloxía do organismo enfermo. Porén, é a nosoloxía a disciplina encargada de gobernar a definición e clasificación das diversas doenzas segundo unha normativa baseada na caracterización e identificación dos compoñentes e funcións que definen cada entidade nosolóxica como algo único e discernible do resto. Así, son estudadas nun contexto máis amplo, comparativo e sistemático, dentro dun esquema global da patoloxía.

Nomenclatura

Para denominar unha doenza, como regra xeral, especifícase a parte do corpo afectada, seguida dun sufixo que indica a etiopatoxenia do problema de saúde.

Exemplos:

  • tendinite: tendón (estrutura anatómica lesionada) + "-ite" (indica proceso inflamatorio).
  • artrose: articulación (estrutura anatómica lesionada) + "-ose" (indica proceso dexenerativo).
  • osteoma: óso (estrutura anatómica afectada) + "-oma" (indica que se desenvolveu unha masa ou tumor).

Algunhas enfermidades levan o nome de quen as descubriu ou describiu por vez primeira; son os denominados epónimos, como é o caso da doenza de Alzheimer e a doenza de Parkinson

Aínda que coloquialmente se emprega moito nese senso, a palabra patoloxía non é sinónimo de 'enfermidade', xa que fai referencia a unha disciplina, e non ó nome das enfermidades.

Definición de doente

Doenza: Definición e termos relacionados, Definición de doente, Exemplos 
«Ekstatische Jungfrau Katharina Emmerich» de Gabriel von Max (1885).

Un doente é un ser humano que padece unha enfermidade, sexa consciente ou non do seu estado. Joan Riehl-Sisca define o rol do doente como «a posición que asume unha persoa cando se sente enferma». A forma na que un individuo percibe a saúde e a enfermidade é un fenómeno complexo e particular de como este reacciona en conxunto e se enfronta á situación en diferentes dimensións da súa personalidade. Así, cada persoa vivirá a experiencia de saúde-enfermidade de xeito diferente e isto condicionará o significado que lle dea a tales experiencias.

En 2019 a Organización Mundial da Saúde (OMS) estableceu o día 17 de setembro como o Día Mundial da Seguridade do Paciente, co obxectivo de concienciar á sociedade e mellorar a seguridade do paciente e reducir os danos causados durante o tratamento .

Experiencia da enfermidade

A experiencia da enfermidade é a vivencia dun proceso que implica cambios ou modificacións dun estado previo. Divídese en cinco etapas:

  1. Fase I, na que se experimenta o síntoma.
  2. Fase II, na que se asume o papel de doente.
  3. Fase III, na que se toma contacto co axente de saúde.
  4. Fase IV, na que o doente se fai dependente do servizo de saúde.
  5. Fase V, na que ten lugar a rehabilitación, recuperación ou aceptación do estado de enfermidade se este é crónico.

Conduta de enfermidade

En xeral, as «persoas enfermas» actúan dunha forma especial fronte o seu estado; os sociólogos médicos chaman conduta de enfermidade a tal modificación na actitude. A conduta de enfermidade implica como o doente controla o seu organismo, define e interpreta os seus síntomas, adopta accións e fai uso do sistema sanitario. Existe unha gran variabilidade na forma na que as persoas reaccionan fronte á enfermidade, tanto a propia como a allea. Porén, a manifestación da conduta de enfermidade pode usarse para controlar as adversidades da vida. A conduta de enfermidade pode converterse en anómala cando é desproporcionada respecto ó problema e a persoa persiste no papel de doente.

Exemplos

Doenza: Definición e termos relacionados, Definición de doente, Exemplos 
Enfermeira atendendo a un doente de COVID-19 na UCI.

Como exemplos de enfermidades poden citarse:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Doenza Definición e termos relacionadosDoenza Definición de doenteDoenza ExemplosDoenza NotasDoenza Véxase taménDoenza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Abrente. Boletín de la AnunciadaRenda básica universalReino de GaliciaHistoria de EspañaPablo Iglesias TurriónReal Academia GalegaPaco LodeiroGerardo Pardo de VeraClub Deportivo ArenteiroXosé Carlos Carracedo PortoRoberto Vidal BolañoTeodorico II, rei visigodoMasculino e feminino en galegoMúsica tradicional galegaRoisDibencil cetonaFranciaMan-in-the-middle attackCélula procariotaFerrolMiki NadalArcos, CuntisMaría LadoOs vellos non deben de namorarseAntonio López DíazSan SadurniñoLince (zooloxía)Domingo de AndradeMondoñedoAna ObregónOs ÁnxelesRomán Rodríguez GonzálezCatedral de Santiago de CompostelaProvincias de EspañaLuísa VillaltaMarina CastañoShōgunNigránEthan HawkeEmma CouceiroGame Boy Advance SPCaldas de ReisManuel María Puga PargaAlcaldes da CoruñaAquilesCarlos NegroAguaneiroAlalá (programa de televisión)María Xosé QueizánDoenza de Paget de mamaAdrián NoiaMarcelo CaetanoXosé Ramón GayosoMacrófago alveolarVilalbaWikipediaOcéano ÍndicoWikipedia en betawiSalgueiroTomiño (planta)País VascoLuis López DiéguezPaula GodinhoElena RivoLila (planta)Felix MendelssohnBispoParadigmas dos verbos irregulares galegosDeadmau5🡆 More