Infección

Infección é o termo clínico para a colonización dun organismo hóspede por microorganismos.

Na utilización clínica do termo infección, o organismo colonizador é prexudicial para o funcionamento normal e supervivencia do hóspede, polo que se cualifica ó microorganismo como patóxeno. Unha infección pode causar lesión celular local por metabolismo competitivo, produción de toxinas ou por reaccións antíxeno-anticorpo.

Infección
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Características

Aínda que tódolos organismos pluricelulares son colonizados nalgún grao por especies exteriores, a inmensa maioría destas habitan nunha relación simbiótica ou sen consecuencias para o hóspede. Un exemplo do anterior, son as especies de bacterias anaerobias que colonizan o colon dos mamíferos; outro exemplo son as distintas especies de estafilococos existentes na pel humana.

Unha infección activa é o efecto dunha loita na cal o organismo infectante trata de utiliza-los recursos do hóspede para se multiplicar, a costa do mesmo. O estado da infección é, de maneira frecuente, simplemente cuestión das circunstancias. Case todo organismo, nas condicións adecuadas, pode volverse patóxeno e case ningún organismo, se está presente en pequenas cantidades e en áreas ben protexidas polo sistema inmunitario do hóspede, pode levar a cabo unha infección comprometedora.

Factores

As variables que se ven envolvidas na produción nun hóspede ó que se lle inoculou un patóxeno e o resultado final, son:

  1. A ruta de entrada do patóxeno e o acceso ás zonas do hóspede que gaña o patóxeno.
  2. Período de incubación
  3. Cantidade de xermes
  4. A virulencia intrínseca do organismo particular (capacidade de multiplicación)
  5. Toxicidade
  6. Poder de invasión
  7. Tempo de actuación
  8. Asociación microbiana
  9. O estado inmune do hóspede que está sendo colonizado.

Exemplos

Como exemplo, as especies de estafilococos presentes na pel mantéñense inofensivas na mesma, pero cando se presentan nun espazo normalmente estéril, como é a cápsula dunha articulación ou o peritoneo, multiplicaranse sen resistencia e crearán unha gran carga para o hóspede.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Infección CaracterísticasInfección FactoresInfección ExemplosInfección NotasInfección Véxase taménInfecciónAnticorpoAntíxenoClínicaColonizaciónHóspedeMicroorganismoPatóxenoToxina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

República Popular da China2003Vladimir PutinAlfonso MolinaLucas TorreiraVacaGalería de imaxes de arañas de GaliciaCebadaWiki CommonsPedrafita do CebreiroVichyHortelá1869Luis ZaheraAnggunBidueiroDeclaración BalfourFrancisco Miguel Llanos TrápagaShirley ChisholmLiberdadeHard GZLista de filmes con versión en galego/CGran Premio do Reino Unido de 2017AppleTalkSupremme de LuxeCornizói0tj9BóraxFundación WikimediaPanteón de RomaRusiaBlottingApartheidQuim BarreirosFísicaRapa (serie de televisión)EsvásticaJoaquin PhoenixAgustín Reguera OcampoDiscoverer EnterpriseHTML5Listenbourg22ª edición dos Premios Mestre MateoPaula AlvarellosComunismoCatedral de MilánLiberalismoProxyO IrixoValenciaEl LuísA esmorgaNatalia Junquera2024Manchester City F.C.Xabier DeiveMandalaLingua latinaLímite matemáticoChimpínHototogisuEnsino superiorForrest GumpRepública ChecaDallas MavericksJulián MuñozBreaking BadCroaciaTerence Hill🡆 More