Sufixo

En morfoloxía lingüística, sufixo é o morfema derivativo ou afixo que se engade despois do lexema, raíz ou tema dunha palabra e antes dos morfemas constitutivos para engadirlle a este unha información suplementaria.

A palabra nova así formada denomínase palabra derivada, e o mecanismo polo cal se fai coñécese como derivación.

Sufixo
Sufixación e prefixación nas linguas do mundo.

Características

Os sufixos en galego posúen tres características:

  1. son tónicos: cargan co acento da palabra: Azucre / azucreiro.
  2. poden cambiar o rango gramatical dunha palabra: am-ou (verbo), am-or (substantivo), am-able (adxectivo), amable-mente (adverbio)
  3. poden cambiar o xénero dun substantivo: A casa / O cas-ón. A cabra / O cabrón

Tipoloxía

Existen varias clases de sufixos segundo deferentes criterios. Por exemplo, segundo a categoría gramatical que fornece ao lexema, hai sufixos que son nominalizantes porque forman substantivos (-anza, -encia, -ción, -zón etc...); adxectivizantes porque crean adxectivos (-il, -oso, -ble etc...) verbalizantes porque crean verbos (-ear, -izar, -ificar) e adverbializadores porque crean adverbios (-mente).

Sufixos alterativos

Varían a significación sen mudar a categoría gramatical. Pódense dividilos en tres subtipos: diminutivos, aumentativos e despectivos. Os diminutivos e aumentativos permiten falar dunha certa gradación dos substantivos, mais acostuman transmitir tamén valores afectivos, pexorativos, intensificativos...

Un dos sufixos diminutivos máis común en galego é -iño/a, pois pode empregarse con tódolos substantivos, conforme ás seguintes regras:

      • Substantivos rematados en vogal átona: moza>mociña, navalla>navalliña.
      • Substantivos rematados en vogal tónica: pé>peíño, papá>papaíño.
      • Os rematados en ditongo crecente -io, -ia: croio>croíño, xoia>xoíña, raia>raíña.
      • Os rematados en ditongo decrecente ou -n: pau>pauciño, man>manciña, irmán>irmanciño, nai>naiciña, rei>reiciño, can>canciño. Os substantivos femininos do tipo de irmá fan o diminutivo partindo do masculino: irmá>irmanciña, mañá>mañanciña, la>lanciña, ra>ranciña...
      • Os rematados en consoante distinta de -n: rapaz>rapaciño, luz>luciña, muller>mulleriña.

O resto dos diminutivos teñen menor rendemento e empréganse cun número limitado de substantivos.

Sufixos alterativos

      oso/orgulloso
      • ico/a: fachico
      • echo: cornecho, fendecha
      • oupo/a: casoupa
      • uxo/a: cabuxa
      • uco: fachuco, mulleruca
      • acho/a: riacho, fiacho, coiracho
      • ancho: ferrancho
      • astro/a: palastro
      • olo/a: rapazolo, pernolas
      • elo/a: soutelo, fontela
      • ete/a: mocete, rapaceta
      • exo/a: lugarexo
      • azo/a: homazo
      • on/a, oa: cabalón, mullerona, mulleroa

Sufixos derivativos

Ademais de variar a base semántica do substantivo poden cambiar a palabra de categoría gramatical: alumnado, amilladoiro, verdadeiro.

Son moi ricos en matices significativos; entre eles están:

      • ado: profesorado
      • eiro: taberneira
      • ista: xornalista
      • al: cultural
      • és: francés
      • ego: chairego
      • ada: niñada
      • doiro: obradoiro, lavadoiro

Estes sufixos poden estar especializados en diversas significacións; sufixos colectivos como -eda ou -edo; que indican potencialidade, como -ble ou "que está cheo de", como -oso.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Sufixo CaracterísticasSufixo TipoloxíaSufixo Véxase taménSufixoAfixoDerivación (lingüística)LexemaMorfemaMorfoloxía (lingüística)Palabra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Game Boy AdvanceA CoruñaMaría ReimóndezPeneCándido Conde-Pumpido VarelaAlbert EinsteinLisboaGoizuetaEstadio Municipal de BalaídosJuana AcostaEspañaNoruegaValladolidSistema operativoÁureoMemorias dun neno labregoLista das árbores de GaliciaSuso Díaz EstévezLiga Feminina de baloncesto 2023-24PonteareasMikaRafael LouzánPaco JémezGatoJeff BezosCatedral de Santiago de CompostelaAgustín Fernández PazMúsica dos países islámicosDiego Rivas GutiérrezIris Gey LópezThe OffspringFerrolToni KroosGondar, SanxenxoTransexualidadeLuísa VillaltaO comparativo galegoBatalla de CacheirasHarvey WeinsteinGalipediaCarmen MéndezFélix BolañosJuan Carlos Rodríguez CebriánLU-170MoinanteSociedad Civil y DemocraciaGhaleb Jaber IbrahimRonda de NelleSobreiraJosé López CamposRaquel Sánchez-SilvaSalvador García-BodañoSalgueiro MaiaProvincias de EspañaCarro galegoÁlex GonzálezCandela PeñaClara CampoamorOTANPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Real Sociedad de FútbolMúsica tradicional galegaCarlo AncelottiUniversidade de Santiago de CompostelaMiguel Anxo BastosAsunta Basterra PortoReal Club Celta de VigoInternetMaría del MonteLuís DavilaA memoria da choivaFala de EstremaduraA Pobra do CaramiñalCeleste CaeiroCarlos SedesColiseum da Coruña🡆 More