Adxectivo: Clase de palabra

O adxectivo é unha clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, é dicir, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo ó cal se refire.

Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta (percibible pola mente, como en "libro difícil"), ben concreta (percibible polos sentidos, como en "libro azul").

En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ao que determina ou ben do artigo que o acompaña, cando se produciu unha metábase. Admite, ademais, afixos e morfemas de grao superlativo (os sufixos -ísimo, -érrimo). É determinado así mesmo por adverbios cuantificadores que lle confiren os outros graos, o comparativo de igualdade (tan), de superioridade (máis) e de inferioridade (menos), así como o grao superlativo analítico (moi, ben bo). Substantívano ou transfórmano en substantivo o artigo o ("o bo") e, ademais, a supresión do substantivo nunha lexia habitual: o barco veleiro = o veleiro.

morfoloxía do adxectivo
morfoloxía do adxectivo

En canto á súa sintaxe, o adxectivo desempeña habitualmente tres funcións diferentes: adxacente dun substantivo ("bo libro grande), atributo dun substantivo a través dun verbo copulativo ("Pedro é, está ou parece san") e complemento predicativo ("o coche corre rápido")

Distínguese entre adxectivos atributivos, unidos asindeticamente ao nome: noite escura ou escura noite e adxectivos predicativos, ligados ao nome mediante un verbo copulativo: a noite era escura.

Adxectivo substantivado ou absoluto: é o que desempeña na frase a función de substantivo mediante transposición.

Adxectivo verbal: é o participio en función adxectiva cando non perdeu aínda a súa natureza verbal.

Véxase tamén

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel TurizoXosé Neira VilasToquesA fiestra valdeiraIrene FerrerasCando petan na porta pola noiteBárbaroTuiMiñocaVilagarcía de ArousaFesta dos maiosPatricia Argerey VilarDominio públicoFamily Computer Disk SystemSatélite de comunicaciónsAbraham MateoRelación sexual humanaAlexandre BóvedaHistoria de DinamarcaCangasTamara CanosaPortugalListenbourgJéssica BouzasCalendario gregorianoBimba y LolaSéchu SendeMichael JacksonAlfabeto galegoAntiga CartagoTeresa García-SabellAna Belén FortesSantiago de CompostelaIdade do CobreFerroAtlánticaCélula pancreática acinarConcello de CotobadeAlmudena ChacónManuel Curros EnríquezSalvador IllaPaís VascoLuciano PavarottiPremio Miguel de CervantesFentoGalaicosIllas CanariasBuxo comúnUbaldo RuedaAmazon Prime VideoVila de CrucesAbeleiraRosalía Fernández RialParque Nacional das Illas AtlánticasHistoria de CroaciaA Ponte do Porco, Miño, MiñoDaniel DigesNarónPartido Nacionalista VascoDomingo VillarTeléfonoEscolas de Insiño GalegoBloque Nacionalista GalegoCarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoMomia de ManchesterGrupo Brais PintoManchester United Football ClubPresidente de GabónPremios Follas Novas do Libro GalegoLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasXosé Ramón Fernández-OxeaSegunda República EspañolaEva Iglesias MiguénsPanteón de Galegos Ilustres🡆 More