Doenza Cardiovascular: Doenza relacionada co corazón ou os vasos sanguíneos

As doenzas cardiovasculares son unha clase de doenzas que afectan o corazón ou os vasos sanguíneos.

Entre estas doenzas están as doenzas arteriais coronarias, como a anxina de peito e o infarto agudo de miocardio, accidentes vasculares cerebrais (AVC), cardiopatía hipertensiva, febre reumática, miocardiopatía, arritmia cardíaca, cardiopatía conxénita, valvulopatias, cardite, aneurisma da aorta, doenza arterial periférica e trombose venosa.

Doenza cardiovascular
Clasificación e recursos externos
Doenza Cardiovascular: Doenza relacionada co corazón ou os vasos sanguíneos
Micrografía dun corazón con fibrose (amarelo) e amiloidose (marrón). Coloración de Movat.
DiseasesDB28808
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Os mecanismos subxacentes varían de acordo coa doenza en cuestión. Estímase que os factores de risco alimentario están asociados co 53% das mortes por doenza cardiovascular. A doenza arterial coronaria, os accidentes vasculares cerebrais e a doenza arterial periférica prodúcense por aterosclerose, que pode ser causada por hipertensión arterial, tabaquismo, diabetes, falta de exercicio físico, obesidade, colesterol elevado, mala calidade do sono e consumo excesivo de bebidas alcohólicas. A hipertensión arterial é a causa do 13% das mortes por doenzas cardiovasculares, o tabaco do 9%, a diabetes do 6%, a falta de exercicio do 6% e a obesidade do 5%. A febre reumática cardíaca pode ter orixe nunha farinxite estreptocócica que non fose tratada.

Estímase que 90% dos casos de doenzas cardiovasculares poden ser evitados con medidas de prevención. A prevención da aterosclerose pode facerse diminuíndo os factores de risco, a través de medidas como seguir unha alimentación saudábel, practicar exercicio físico, evitar a exposición ó fume de tabaco e limitando o consumo de alcohol. O tratamento da hipertensión arterial e da diabetes tamén é benéfico. O tratamento das persoas con farinxite estreptocócica con antibióticos pode diminuír o risco de febre reumática. Aínda non é claro o beneficio do uso de aspirina en persoas doutra forma saudábeis.

Notas

Tags:

AneurismaCorazónFebre reumáticaIctusInfarto agudo de miocardioMiocardiopatíaTrastornos do ritmo cardíacoValvulopatíaVaso sanguíneo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Feliciano RolánLinguas románicasFrancisco Fernández del RiegoULeonardo da VinciEscáncerXosé MonteagudoCarrachaA Ponte Maceira, Portor, NegreiraBarbadosAmes NovoAna RomaníFranciaLuz Fandiño8CasaquistánVAs crónicas do sochantreEsther EstévezPaspallásBoyanka Kostova (grupo musical)Fachada do Obradoiro1936Trasar de Carballo, Cartelos, CarballedoSegunda guerra mundialAliados da segunda guerra mundialVenresAdolfo GacioCarbohidratoJosé Pablo del Bado RivasLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskyParroquias de GaliciaRonnie ThompkinsDie Zauberflöte92LDavid HarperMarcos PereiroRío Mao, río SilAWStatsTomas K. DeLoreyXoán Manuel PintosMembrana de ReissnerFerrolTelevisión de GaliciaPazos, VerínMAX AsiaPicapeixeMadeiraEleccións municipais en ArteixoDereito de propiedadeCatedral de BurgosB5Colocación do pronome átono en galegoDigital object identifierMarzo na cultura popular galegaMelania CruzFernando AbreuFeixónO MariscalPepo SuevosRosalía (cantante)Gerardo Pardo de VeraEspazo ComúnIsabel I de InglaterraLingua casteláBubelaTrasnoHarvard University PressHerexía1825RomaníaDominio de primeiro nivel🡆 More