O Mariscal: Obra teatral de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte

O Mariscal é unha obra teatral de intención política escrita por Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, baseada na vida de Pardo de Cela.

Se ben o primeiro manuscrito está datado en Mos en 1920, foi publicada pola editorial Lar en 1926, con debuxos de Álvaro Cebreiro.

O Mariscal
O Mariscal: Creación, Personaxes, Estilo
Autor/aRamón Cabanillas e
Antón Villar Ponte
Ilustrador/aÁlvaro Cebreiro
OrixeGaliza
LinguaGalego
Xénero(s)Teatro
EditorialEditorial Lar
Data de pub.1926
Páxinas194
editar datos en Wikidata ]

Creación

A trama foi idea de Antón Villar Ponte, que pretendía introducirse na recreación do mito popular máis ca na realidade histórica. A escrita levouna a cabo Cabanillas, influenciado polo irlandés William Butler Yeats.

Retoma a confrontación entre Galiza (representada pola torre da Frouseira) e Castela, cunha fonda oposición de valores (ben-mal, nobreza-traizón, idealismo-materialismo, cabaleiros-mercenarios, luz-sombra, Graal-bens materiais). Amais, trátanse temas como a relixión, a liberdade e a morte.

Personaxes

Hai un forte simbolismo na caracterización. Unha vella representa a raza. O propio mariscal aparece representado como un mártir, parello a Cristo. Como personaxes reais, aparecen tamén a súa muller (Sabela de Castro), o seu curmán (Pedro de Miranda), o seu fillo Pedro e as súas fillas Xoana e Beatriz, e o nobre Afonso Yáñez e Aguiar. Outros personaxes son Lois Marcos Mudarra (francés ao servizo de Castela) e a súa tropa, servidores do pazo de Castrodouro e cóengos do cabido de Mondoñedo.

Recupera a figura do mariscal Pardo de Cela, executado en 1483 por orde dos Reis Católicos.

Estilo

O estilo poético é similar ao usado por Cabanillas en Na noite estrelecida. Adoita usar o romance octosílabo para os monólogos, usando tamén pareados alexandrinos, ao igual que a estrutura principal do ciclo artúrico.

O Mariscal é un símbolo da resistencia galega fronte á política centralista dos reis, e convértese nunha referencia fundamental para o nacionalismo de comezos do século XX.

Espazo e tempo

A historia comeza cun Wiki Galegoprólogo ambientado na actualidade. O acto primeiro desenvólvese nun día e unha noite de inverno. O acto segundo ten lugar a noite do 7 de decembro de 1483. O acto terceiro abrangue o amencer e a mañá dun día pouco despois do anterior.

O Mariscal: Creación, Personaxes, Estilo 
A ponte do Pasatempo en Mondoñedo.

O prólogo está ambientado nun espazo mítico. O espazo real aparece representado na campía de Valadouro (primeiro acto), o pazo de Castrodouro (primeiro e segundo acto), o calabozo da cadea de Mondoñedo e a ponte do Pasatempo (terceiro acto).

Adaptacións

En 1929 a obra foi musicada por Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, co libreto adaptado polos propios autores. A peza lírica foi estreada o 31 de maio de 1929 no Teatro Circo Tamberlick de Vigo. Representouse tamén en Pontevedra, Ferrol, A Coruña e Madrid, con figurinos e decorados deseñados por Camilo Díaz Baliño. No 2010 volveu aos escenarios, musicada pola Orquestra Sinfónica de Galicia e dirixida por Joám Trillo. Nas voces estiveron Teresa Novoa (soprano), Javier Franco (barítono) e Pablo Carballido (tenor).

En 1994 foi representada polo Centro Dramático Galego como teatro de monicreques, baixo dirección de Marcelino de Santiago.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

O Mariscal CreaciónO Mariscal PersonaxesO Mariscal EstiloO Mariscal Espazo e tempoO Mariscal AdaptaciónsO Mariscal NotasO Mariscal Véxase taménO Mariscal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Laura PonteAllMovieÑMondariz-BalnearioEduardo Blanco AmorHarry S. TrumanTXulloPepe CarreiroPartidos politicos de España inscritos de 1976 a 1980Música tradicional galegaUXoanqui AmeixeirasFotografía eróticaWikiquoteGrupo NósCistusRefraneiro galego sobre o panVento feridoIria MorgadeCapela SistinaHomer SimpsonCategoría Primera ACopa da CostaMaría do CeoFernando TorresGerhard BergerIria MisaOurenseHindemburg Melão Jr.SocalcoPartido Comunista dos Traballadores de EspañaRocco SiffrediNordés (vento)Daniel de la TorreEstatuto de autonomía de Galicia de 1981Jude Bellingham2004Xogos popularesIsmael RamosDeportivo da CoruñaLugares de Monforte de LemosEuropaCelia DíazLingua portuguesaXente de aquí e de acoláAníbal MalvarAndoni OrtuzarPortugalIemenHorteláHugh JackmanMartín SarmientoBandeira de GaliciaFrancisco Porto MellaNee BarrosHong KongKiribatiSurribasAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAlgaJoaquín ReyesBegoña ErraztiBenjamin NetanyahuLuar na lubreXabier DíazZendayaVeneciaStephen HawkingOs ÁnxelesParísO divino saineteExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveLudwig van Beethoven🡆 More