Trasar De Carballo, Cartelos, Carballedo: Aldea da parroquia de Cartelos, no concello de Carballedo

Trasar de Carballo é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada.

Segundo o INE en 2017 tiña 38 habitantes, en 2018 33 e en 2020 28 (14 homes e 14 mulleres).

Trasar de Carballo
Trasar De Carballo, Cartelos, Carballedo: Toponimia, Patrimonio, Trasar na cultura popular
Rúa do Fondo
ParroquiaCartelos
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°33′33″N 7°50′38″O / 42.559097, -7.8439367°50′38″O / 42.559097, -7.843936
Poboación28 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

O nome de Trasar

Segundo Ferro Ruibal, Trasar deriva do antropónimo Trassarius, o nome do primeiro propietario dunha explotación agropecuaria, que se chamaba Trasario. No século XII o lugar xa aparece documentado con este nome, e hai noticia dun Petrus Iohannis de Trasar do século XIII.. Carballo é un fitónimo que fai referencia á árbore abundante na zona, que ten a súa orixe no prerromano *carba.

Microtoponimia

Nomes concretos das terras con indicación do polígono e parcela (SIXPAC):

O Areal (pol. 22, par. 566), O Arransallo (pol. 6, par. 380, 382, 383), Augaboa (pol. 23, par. 201), As Batocas (pol. 6, par. 297), A Bubaíña (pol. 6, par. 554, 557, 558), As Bouzas (pol. 6, par. 369 e pol. 22, par. 520), Os Buratos do Zorro (pol. 22, par. 507), Casouril (pol. 22, par. 490), Cazabois (pol. 6, par. 222), O Cazarrete (pol. 23, par. 287), A Cerrada do Pataqueiro (pol. 6, par. 579), O Chao do Carballo (pol. 6, par. 352), Os Chaos (pol. 22, par. 558), Os Chousos (pol. 23, par. 238), Coiras (pol. 22, par. 29), Cortiñas (pol. 22, par. 530, 531, 527), A Costa (pol. 6, par. 562), O Coto (pol. 22, par. 546), As Cubelas (pol. 6, par. 371), Os Currás (pol. 6, par. 317), Debaixo da Uceira (pol. 22, par. 545), A Devesa (pol. 22, par. 546), A Devesa Vella (pol. 22, par. 512), Ferradás (pol. 22, par. 627), O Fondo do Agro (pol. 22, par. 452), A Fonte Dominga (pol. 6, par. 309), A Forca (pol. 6, par. 144), A Horta de Riba (pol. 22, par. 684), As Hortas (pol. 22, par. 727), A Lama da Pireira (pol. 22, par. 611), Lama Cova (pol. 22, par. 552), A Lama do Zorro (pol. 22, par. 551), Lama Redonda (pol. 22, par. 550), Lama Travesa (pol. 22, par. 537), As Lamas (pol. 7, par. 481), O Lameiro (pol. 22, par. 701), A Lamela (pol. 22, par. 726), O Lavadoiro (pol. 22, par. 625), A Leira da Cruz (pol. 22, par. 716), Libureiras (pol. 23, par. 19), Os Lobos (pol. 6, par. 244), O Monte Arrieiro (pol. 6, par. 270), O Monte Calvo (pol. 6, par. 247), O Muíño (pol. 22, par. 502, 505), A Nabeira Nova (pol. 22, par. 602), O Outeiro (pol. 22, par. 606), A Paradela (pol. 6, par. 292), Paramios (pol. 6, par. 359), As Pistelas (pol. 22, par. 21), Portacales (pol. 22, par. 547), O Pradiño (pol. 22, par. 710), O Prado de Riba (pol. 22, par. 634), O Prado de Baixo (pol. 22, par. 537), A Purreira (pol. 6, par. 283), A Rebouza (pol. 23, par. 243), A Regaña (pol. 6 par. 240), Os Regos (pol. 6, par. 127), A Revolta (pol. 22, par. 651, 652, 654), O Rexidor (pol. 6, par. 383), As Rigueiras (pol. 22, par. 660, 665), O Rolleiro/Rulleiro (pol. 22, par. 643, 638), Os Salgueiriños (pol. 6, par. 320), Suashortas (pol. 22, par. 700), Tras das Airas (pol. 22, par. 601, 592), O Val (pol. 22, par. 663), Valderredes (pol. 22, par. 315), A Villerma (pol. 22, par. 670), A Voutureira, A Zanca (pol. 6, par. 721, 189), Os Zorros (pol. 22, par. 539).

No Catastro de Ensenada de 1753 xa figuran nomes de eidos en Trasar de Carballo: Lodeiro, Outeiro, Ferradás, Portacales, Palleiro, Lama, Lamela, Agro, Currás, Rollo, Rolleiro, Pereira, Pereiras, Campo, Val, Verea/Berea, Coto, Chan/Chau, Baixo, Porra, Porreira, Branca/Banca (ou Carvallo, nunha finca), Revolta, Frea, Salgueiriños, Villerma, Carvallo, Soanabeira..

Patrimonio

Peto de ánimas de Trasar de Carballo: Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado. O retablo está tallado en pedra sen policromía e representa as ánimas no purgatorio. O tellado presenta unha cúpula coroada por unha cruz e a ámbolos lados da cúpula dous pináculos coroados por sendas bolas. Pertence ao século XVII.

En Trasar de Carballo naceron os escritores Emilio Álvarez González e Anxo González Guerra; tamén o cura galeguista do Incio Anxo González González.

Os de Trasar matan a besta,

os de Lobelle cómena fresca,

e os de Quintá mandaron recado

que lles gardaran mitá do rabo. !

Lugares e parroquias

Lugares de Cartelos

Lugares da parroquia de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo)

Cartelos | A Casa do Barrio | A Laxa | Trasar de Carballo | Vilaguillulfe


Parroquias de Carballedo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Galería de imaxes

Notas

Tags:

Trasar De Carballo, Cartelos, Carballedo ToponimiaTrasar De Carballo, Cartelos, Carballedo PatrimonioTrasar De Carballo, Cartelos, Carballedo Trasar na cultura popularTrasar De Carballo, Cartelos, Carballedo Lugares e parroquiasTrasar De Carballo, Cartelos, Carballedo Galería de imaxesTrasar De Carballo, Cartelos, Carballedo NotasTrasar De Carballo, Cartelos, Carballedo20172018CarballedoCartelos, CarballedoComarca de ChantadaInstituto Nacional de EstadísticaProvincia de Lugo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Angkor WatNoelia ReyDavid PerdomoBenidormSanta Cristiña, Berdoias, VimianzoAntonio PalaciosWikiBragaCangasSeseoMexacánRepública Popular da ChinaLibra esterlinaSobreiraMaría VázquezLicenza de documentación libre de GNUXosé Neira VilasArnaldo OtegiLaura PreponXestaTarancónArteixoLista de programas de Televisión EspañolaBrasilZinedine ZidaneManuel RivasJude BellinghamEleccións municipais de 2015 en GaliciaTaboadelaAustraliaAs Pontes de García RodríguezRaposo comúnPili PampínFrancisco de GoyaFermin MuguruzaCapudreBasílica de San PedroYleDía das Letras GalegasMarcos PereiroLista de nomes masculinos en galegoNicolás González CasaresBoiroMilgrandeiraMediana (cálculo)Cristiano RonaldoA-6Nomes da folla do piñeiro en GaliciaXosé Luís BernalGatoA Silva, Rodís, CercedaShakiraAlain DelonVíctor SenraRía da CoruñaFrancisco Castro VelosoLista de castelos de PortugalDiego AnidoVanessa RedgravePrimeira división española de fútbolBatalla das Navas de TolosaDiana PalazónBimba y LolaMontenegro (apelido)Luísa VillaltaClub Deportivo LugoAntón Avilés de TaramancosPaís VascoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoRexurdimentoRicardo III de InglaterraSan Martiño, Poio (San Xoán), PoioLousameFidel Fernán🡆 More