Francisco Fernández Del Riego: Intelectual galego

Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego.

Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.

Francisco Fernández del Riego Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán
Nacemento7 de xaneiro de 1913 e 1913
 Vilanova e Provincia de Lugo
Falecemento26 de novembro de 2010 e 2010
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, político e editor
CónxuxeEvelina Hervella Nieto
Fillosnon tivo
XénerosEnsaio, narrativa
PremiosMedalla Castelao, doutor honoris causa pola Universidade de Vigo, Premio Laxeiro, Medalla de Ouro de Galicia, Pedrón de Ouro, Premio Trasalba, Premio Irmandade do Libro, Premio Otero Pedrayo e Premio Celanova Casa dos Poetas
Na rede
Galiciana: 28028 Bitraga: 376 AELG: 180 BUSC: fernandez-del-riego-francisco-1913-2010 Dialnet: 289970
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán
editar datos en Wikidata ]

O 9 de xullo de 2022, o plenario da Real Academia Galega, institución que presidiu de 1997 a 2001, decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.

A cultura non se pode politizar seitariamente, perténcelle ao país, que se interpreta a través dela.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Foi o primoxénito dos once fillos de Vicente Fernández Díaz (1880-1945), agrarista e rico comerciante natural de Cedofeita, Ribadeo, e Amada del Riego Fernández (1891-1981), descendente dun escribán,[9][10] que casaron o 11 de marzo de 1912.[11] Vicente fora voluntario na Guerra de Cuba, fixera fortuna na Habana e con ese capital tornara a Galicia. Os avós maternos, Xesús e Dominica, eran propietarios de terras e casaríos na comarca e rexentaban un negocio de tecidos no baixo da casa en que vivían.

Francisco comezou o bacharelato cos bieitos de Lourenzá e rematouno como interno no Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos. En 1930 matriculouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. En Madrid comezou a ler a Rosalía de Castro e a Vicente Risco. A proclamación da Segunda República colleuno nesa cidade. Pouco despois a súa numerosa familia trasladouse a Santiago de Compostela e alí foi el tamén, a seguir os seus estudos de Dereito na universidade galega, ao tempo que realizaba tamén a carreira de filosofía e letras. Dirixiu a revista Universitarios, e desempeñou a secretaría da revista Alento.

Carreira política antes da guerra civil

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Carné do Partido Galeguista, visado por Ánxel Casal.

Iniciou a súa actividade literaria con colaboracións na revista Vallibria e xa en Compostela publicou artigos en El Pueblo Gallego, A Nosa Terra e Heraldo de Galicia. A súa participación política iniciouse en 1931 coa publicación dun manifesto galeguista en Vilanova de Lourenzá que asinaba xunto co estudante de medicina Carlos Rodríguez Alonso. En Compostela entrou no Seminario de Estudos Galegos, e incorporouse ao Partido Galeguista logo da súa fundación. En 1932 foi elixido secretario xeral da agrupación Ultreya. Cando se constituíu a Federación de Mocedades Galeguistas foi o seu primeiro secretario xeral, e formou parte do Consello galego de Galeusca (1934).

A guerra civil

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela, nos anos trinta.

Coa Guerra civil española chegou a súa inhabilitación na docencia perdendo o seu posto como profesor de Dereito na USC: no BOE do 8 de novembro de 1937 apareceu o seu cesamento; nese mesmo número eran sancionados Antonia Ferrín Moreiras como axudante da Facultade de Ciencias e Antonio Baltar Domínguez como axudante temporal da Facultade de Medicina.

Fernández del Riego recibiu unha sanción por parte do Tribunal de Orde Pública que fixo que estivera agochado un tempo e, finalmente, decidiu incorporarse ao exército cando foi chamado, para salvar a súa vida. Participou nas batallas do Ebro, Teruel e Estremadura.[16] O Tribunal de Responsabilidades Políticas abriulle expediente, satisfeito o cargo económico, foi pechado en decembro de 1940 coa sanción de tres anos e un día de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos de mando, confianza e directivos.

A guerra civil foi anos despois material literario da súa novela O cego de Pumardedón (1992), onde a xeración que fixo a guerra aparece representada simbolicamente polo protagonista, un home que queda cego tras o estoupido dunha granada: esa cegueira é unha metáfora da imposibilidade de dar unha visión integral e obxectiva do sucedido.

Despois da guerra civil

Ao rematar a guerra trasladouse a Vigo desde onde traballou sempre polo galeguismo e a cultura galega en múltiples iniciativas. En 1940 casou con Evelina Hervella Nieto (1908-2007), filla de Antonio Hervella Ferreira, farmacéutica de formación, aínda que non exerceu. Non tiveron fillos.

En 1947 foi detido, encarcerado e xulgado en consello de guerra, sendo finalmente exculpado.

Foi xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Isla Couto un dos principais impulsores da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. En 1963, xurdiu desta editorial a revista Grial, que Del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua recesións literarias e artigos.

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Máquina de escribir Underwood utilizada polo autor na década de 1950.

A proposta de Manuel Gómez Román, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Casás Fernández e Sebastián Martínez-Risco, ingresou en 1960 na Real Academia Galega, lendo o 26 de novembro o discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, respondido por Ricardo Carballo Calero. Nestes anos integrouse no Partido Socialista Galego (PSG), do que chegou a ser Secretario Xeral, con Manuel Beiras como dirixente, e ao que pertenceu ata 1978. Formou despois parte do consello de dirección da plataforma apartidaria Realidade Galega e pediu o voto afirmativo no referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980. En 1997 sucedeu a Domingo García-Sabell como presidente da RAG, sendo substituído en 2001 por Xosé Ramón Barreiro.

O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra convérteno nun dos principais intelectuais galeguistas do século XX e comezos do XXI. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Historia de la literatura gallega (1951), Galicia no espello (1954), Diccionario de escritores en lingua galega (1990), A xeración Galaxia (1996) e estranxeiras, como Letras do noso tempo (1974). Deste último libro Carlos Durán dirá que "a abondosa parte (case a mitade do libro) adicada á literatura en inglés e francés é do millor que se pode atopar hoxe en calquera língua culta e podería mesmo servir pra un curso de introdución a esas literaturas", unha obra esta onde Fernández del Riego fai unha severa crítica da "novela de protesta, que naceu nos Estados Unidos e veu desembocar na 'novela verdade' que en Truman Capote, por exemplo, dexenera en reportaxe xornalístico (tal é a manía polo dato e a documentación), chegando por ahí a un calexón sen saída na novela norteamericana" en referencia a In Cold Blood de Truman Capote, aparecida en 1966.

Cultivou tamén a narrativa (O cego de Pumardedón, 1992) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, 1984). Editou antoloxías poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artigos poéticos e biografías. Tamén é autor dun libro de memorias, O río do tempo (1991).[26] No 2003 recompilou a súa correspondencia con Álvaro Cunqueiro e a editou en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario Mindoniense, e publicou tamén en Galaxia as súas memorias baixo o título de Camiño andado.

Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Consello da Cultura Galega, do Consello de Bibliotecas da Xunta de Galicia, da Asociación Internacional de Críticos Literarios, da Fundación Laxeiro, dos Padroados Carlos Maside, Rosalía de Castro, da Fundación Luís Seoane, do Museo do Pobo Galego, do Auditorio de Galicia e do Padroado da Fundación Penzol, tamén director da Biblioteca. Ademais, presidente e socio de ANABAD-Galicia, presidente do Instituto Galego de Información e da Fundación Otero Pedrayo, presidente honorífico da Agrupación Cultural Galicia Rutas Mágicas, da Fundación Lois Peña Novo e do Padroado Vicente Risco, e Socio de Honra da Fundación Álvaro Cunqueiro.

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Placa na Casa Galega da Cultura.

Autor de numerosos limiares, colaborou en publicacións e xornais como Universitarios, Alento, Ser e A Nosa Terra, das cales chegou a ser director; La Noche, Galicia, Galicia Emigrante, Vieiros, Vida Gallega, Heraldo de Galicia, Nós, Grial, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Vallibria e Industrias Pesqueras. No Faro de Vigo dirixiu o “Suplemento de Cultura”.

En 1995 doou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego da Casa Galega da Cultura. Foi director da Biblioteca da Fundación Penzol, no mesmo edificio.

Tralo seu pasamento, acaecido en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi incinerado e as súas cinzas depositadas no cemiterio de San Pedro da Ramallosa, Nigrán.

En 2023 Galaxia editou a vida en banda deseñada, Francisco Fernandez Del Riego, o home que valía por mil , con guión de Antón Mascato e debuxos de Pepe Carreiro. E a Revista Grial no nº 237 (xaneiro, febreiro, marzo, 2023) dedicoulle un especial "Francisco Fernández del Riego: testemuño e compromiso", con artigos de Malores Villanueva, Patricia Arias Cachero, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Xosé Manuel Dasilva e Marián Vidal Fraile.

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Busto de Fernández del Riego, obra de Álvaro de la Vega, na praza homónima, en Vigo.

Día das Letras Galegas e Fernández del Riego

Considérase o promotor da idea porque o 20 de marzo 1963, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. O 28 de abril do mesmo ano, en xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano.

En maio de 2021 a corporación municipal de Lourenzá pediu que o Día das Letras Galegas 2022 se dedicase a Francisco Fernández del Riego.

Obra en galego

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Homenaxe a Castelao, Lugo, 1932.

Ensaio

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda.
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Recepción a Francisco F. del Riego na súa visita a Buenos Aires en 1954. Na imaxe, entre outros, Antón Alonso Ríos, Manuel Puente e Ramón Suárez Picallo.

Narrativa

Edicións e antoloxías

  • Escolma de poesía galega. III. Os contemporáneos (1955). Vigo: Galaxia.
  • Escolma de poesía galega. IV. O século XIX (1957). Vigo: Galaxia.
  • Obra completa de Ramón Cabanillas (1959). Centro Gallego de Buenos Aires, Ediciones Galicia.
  • Poesías galegas de Francisco Añón (1966). Vigo: Galaxia.
  • Pensamento e sementeira (1971). Escolma dos traballos xornalísticos de Antón Villar Ponte. Sálvora.
  • Poesía galega. Do dezanove ós continuadores (1976). Vigo: Galaxia.
  • Poesía Galega. Do posmodernismo ós novos (1980). Vigo: Galaxia.
  • Vicente Risco. Escolma de textos (1981). Real Academia Galega. ISBN 978-92-0-338280-9.
  • Pensamento galeguista do século XIX (1983). Biblioteca Básica da Cultura Galega. Vigo: Galaxia. 200 páxs. ISBN 9788471544322.
  • Pensamento galeguista do século XX (1983). Biblioteca Básica da Cultura Galega. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-438-4.
  • Poesía, de Antonio Noriega Varela (1991). Vigo: Xerais. ISBN 9788475075464.
  • Eduardo Blanco Amor: escolma de textos (1993). Real Academia Galega. ISBN 84-606-1237-6.

Obras colectivas

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Lousa no camposanto de S. Pedro da Ramallosa.

Epistolarios a Fernández del Riego

Tradución

Obra en castelán

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Caricatura de don Paco.

Ensaio

Obras colectivas

Dicionarios

  • Vocabulario castellano-gallego (1973). Vigo: Galaxia.

Outros legados

Non tivo fillos. No ano 1995 dooulle ao pobo de Vigo a súa gran biblioteca de máis de 20.000 títulos, o seu arquivo e a súa colección artística, formada por obras de, entre outros, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Maside, Luís Seoane, Manuel Colmeiro Guimarás, Laxeiro, Virxilio Blanco, Manuel Torres, Antón Faílde Gago, Mario Granell, Manuel Pesqueira, Manuel Prego de Oliver, Isaac Díaz Pardo, Din Matamoro, Elena Colmeiro, Mercedes Ruibal, Ánxel Sevillano e Álex Vázquez.

Premios e recoñecementos

Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Unha praza de Vigo leva o seu nome.
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
A don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, en Praia América.
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.

Ademais conta cunha placa e mais co nome dunha rúa en Vilanova de Lourenzá.

Galería de imaxes

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Gravacións de son externas
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán  Homenaxe a Castelao Cemiterio da Chacarita, Bos Aires, 1954.
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán  Amigos CRTVG, 15/11/2013.
Predecesor:
Domingo García-Sabell
Francisco Fernández Del Riego: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Presidente da RAG

1997-2001
Sucesor:
Xosé Ramón Barreiro

Tags:

Francisco Fernández Del Riego TraxectoriaFrancisco Fernández Del Riego Obra en galegoFrancisco Fernández Del Riego Obra en castelánFrancisco Fernández Del Riego Outros legadosFrancisco Fernández Del Riego Premios e recoñecementosFrancisco Fernández Del Riego Galería de imaxesFrancisco Fernández Del Riego NotasFrancisco Fernández Del Riego Véxase taménFrancisco Fernández Del Riego1913201026 de novembro7 de xaneiroCultura de GaliciaEditorial GalaxiaGaliciaGrial (revista)Grupo NósLiteratura galegaLourenzáPseudónimoRamón PiñeiroVigoVilanova, Lourenzá, Lourenzá

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AviónAngkor WatReino de GaliciaEscola primariaPena TrevincaCalendario gregorianoKylian MbappéPremios Mestre MateoLingua bretoaBatmanEmma BoninoTorre de HérculesRianxoUniversidade de BoloñaDía das Letras GalegasDaniel Vega PérezTui365 días (filme)A Veiga, AsturiasXixónPuenteLisboaLista de episodios de SerramouraDua LipaHervásMarylandItaliaJacaAntonio Sánchez UzalRamón Otero PedrayoConor McGregorAs aves na cultura popular galegaRacing Club de FerrolLlavianaXosé de CoraJosé Antonio CamachoManuel Sanjurjo ManteigaPadre CasaresHenry CavillRosalía Fernández RialAlcaldes da CoruñaAmancio López SeijasEstruga maior1963Illa do Príncipe EduardoAvilésSitio webPedro RieloÁngel Pardo PuzoMetadonaProvincia de TeruelDécada de 1920Stephane LasmeÁlvaro CarrerasCélula nai pluripotente inducidaRefuxio de Fonte da CovaRafael NadalSalgueiroÉdith PiafIsabel MorenoCurtisEpidauroCreampieMateria escuraO BierzoFrancisco AsoreyParísLingua casteláLuísa VillaltaCorinto antigaNicolao de MiraEstreleiraLa sociedad de la nievePorto, PortugalCarlos Valcárcel RiveiroLingua portuguesaCeuta🡆 More