Feixón: Especie de planta

O feixón, fabeira, faba ou chicho (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba.

Feixón: Etimoloxía, Descrición, Historia e cultivo
Phaseolus vulgaris”

As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.

Etimoloxía

O termo galego feixón, feixó, (en galego antigo: feijoo, en portugués: feijão) orixinouse do latín faseolu, con troco de sufixo.

O apelido galego Feijoo (var. Feijóo, Feijó, Feixó) derivan deste termo (Véxase artigo: Feijoo). O termo feixó foi utilizado na poesía de escarnio medieval para designar as persoas calvas. Os guerreiros dalgunhas tribos xermanas estilaban rapar a cabeza para inspirar maior terror aos seus inimigos, e o costume de rapar os cabelos non foi excepcional nos cabaleiros medievais. A influencia xermana chegou a Galiza.

Descrición

É unha planta herbácea anual, erecta ou rubideira, de talo pubescente ou glabrescente cando é adulta. As estipulas das follas tri-pinnadas son de forma lanceolada e de tamaño medio-centimétrico. Os folíolos son alongadamente ovados ou ovado-romboidal, os laterais, implantados oblicuamente, miden 4-15 por 2,5–10 cm e son pubescentes con base redondeada ou alongadamente cuneada, de bordos enteiros e ápice acuminado. As flores dispóñense en acios usualmente axilares, máis curtos que as follas. As bractéolas, persistentes, son habitualmente de lonxitude igual ou algo superior ao cáliz que é cupuliforme, bilabiado, de 3–4 mm, con cinco sépalos soldados e co labio superior bidentado emarxinado e o inferior tridentado. A corola, que pode ser branca, amarela, violácea ou rubia, ten o estandarte centimétrico suborbicular e reflexo, as ás obovadas adheridas á quilla, tamén centimétrica e con ápice espiralmente retorcido. Os estamios son diadelfos (9 soldados e 1 libre) mentres que o ovario é pubescente co estilo espiralmente torcido de 360º ou máis e con estigma oblicuo. Dito xeneceo deriva nun legume linear-oblongo duns 10-15 por 1-1,5 cm, algo curvado e inchado, glabro, picudo e con catro a dez sementes oblongas con forma de ril de moi diversas cores e tamaños, usualmente 1-2 por 0,5-1,5 cm.

Historia e cultivo

Os feixóns foron unha importante fonte de proteínas ao longo da historia, e ségueno a ser hoxe [Cómpre referencia].

Os feixóns (Phaseolus vulgaris) é unha das plantas cultivadas desde máis antigo, dende hai seis mil anos en América No México precolombiano o feixón era obxecto, xunto co maínzo e a cabaza, dun complexo sistema de cultivo combinado que sobreviviu até hoxe. As fabas americanas foron introducidas en España e Portugal polos mercadores que no século XVI traían as sementes como unha curiosidade. Dende a Península, esta nova variedade estendeuse cara a outros países europeos debido a diversos factores.

Antes do descubrimento de América, na Península Ibérica cultivábanse leguminosas de orixe afroasiática e europea. Estas variedades corresponderíanse con especies como a Vigna unguiculata ou a Vicia faba (faballón ou fabón) que aínda se consomen nalgúns territorios da Península. Vicia faba foi cultivada por primeira vez en Próximo Oriente, e chega a Europa durante o Neolítico. Así en Galicia, de xeito similar ao acontecido co millo e o paínzo (ou millo miúdo), o termo faba deixou de designar as variedades do Vello Mundo para pasar a nomear as variedades americanas, mellores para o seu uso alimentario As variedades americanas Phaseolus vulgaris evolucionaron en Europa para retornar posteriormente á súa orixe grazas aos procesos migratorios. Esta evolución implicou unha mellora xenética que se tería producido, consciente ou inconscientemente, da man dos agricultores da Península.

Produción

Europa e España

En Europa colleitáronse no ano 2003 case que 500.000 toneladas de fabas. Na Unión Europea os principais produtores son Polonia, Grecia e España, que nese ano atinxiron, respectivamente, 34.000, 23.000 e 14.000 toneladas. Fóra da Unión Europea, Belarús e Ucraína son os países que acadan maiores producións ao sumar 110.000 e 65.000 toneladas.

En 2001 no Estado español dedicáronse ao cultivo da faba máis de 12.682 hectáreas, o 44% en réxime de regadío e o 56% en secaño, e acadouse unha produción total de 15.420 toneladas. Galicia, con 2.700 toneladas, e Castela-León, con 7.200 toneladas, son as principais comunidades produtoras.

A produción galega

En Galicia as provincias da Coruña e Lugo son as que xeran a maior parte da produción. En 2001 o 57% da produción galega era de orixe coruñesa e o 20% da provincia de Lugo.

Feixón: Etimoloxía, Descrición, Historia e cultivo 
As sementes chámanse feixóns ou fabas

Tipos de sementes

Podemos atopar sementes de moi variadas cores e formas, que se diferencian ademais polo seu brillo, debido á gran diversidade xenética que existe dentro da especie.

Gastronomía

É un alimento espallado practicamente por todo o mundo, nas súas diferentes variedades de sementes e vaíñas.

En Galicia as fabas son usadas como ingredientes do caldo, e os feixóns verdes cómense habitualmente cocidos. En España hai varios pratos rexionais a base de fabas, como a fabada asturiana, as mungetes amb botifarra catalás ou o arròs amb fesols i naps valenciano. En Portugal existen varias feijoadas típicas, como a feijoada à transmontana, as tripas à moda do Porto ou o feijão frade com atúm. Na América Latina existe unha gran cantidade de pratos, como as brasileiras feixoadas de mistura ou feijão com arroz, os frijoles e gallo pinto de México e Centroamérica, ou os porotos chilenos.

Feixón: Etimoloxía, Descrición, Historia e cultivo 
As vaíñas son os feixóns verdes.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Feixón EtimoloxíaFeixón DescriciónFeixón Historia e cultivoFeixón ProduciónFeixón Tipos de sementesFeixón GastronomíaFeixón Galería de imaxesFeixón NotasFeixón Véxase taménFeixónFabaceaePlanta rubideiraSemente

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Roberto Carlos da SilvaLugares de GaliciaCataluñaLingua galegaPobo galegoJuan CaamañoRomaJesús Vázquez AlmuíñaConcellos de GaliciaXapónXesoLista de palabras galegas de orixe celtaMarcus Daniel CabadaElena CandiaDirector executivoGramática da lingua franca novaCanal de SuezOperación Uvas da IraManuel Jesús Vázquez BarcaStripteaseLuneda, A CañizaEspectrinaChacho¡Mira quién baila!Eleccións municipais en GuntínLugares de VilamarínAuritzAlberte PagánKu Klux KlanXesús de NazaretSéculos EscurosLucía VeigaManuel Veiga TaboadaFrancisco Fernández del RiegoPrimeira guerra mundialJosé González VázquezHipótese do bufón da corteJulio García ComesañaOktoberfestJavi ManeiroDavid MecaOlegario Ramón FernándezJosep PedrerolNicky HaydenHeredeiros da CrusTormentaReal Banda de GaitasInglaterraLista de xentilicios de concellos galegosMúsica tradicional galegaPradedo de Abaixo, Vilameá, GuntínMurciaNós (revista)Anxo González GuerraCarlos PadínEugenio Fadrique GonzálezLetizia OrtizArroazIsabel MorenoErnesto ValverdeLU-701Leticia Santos PazMediaWikiRamón Tojo PérezÚrsula CorberóTeruelFernando Sarabia🡆 More