Bronquite

A bronquite é a inflamación da mucosa que recobre interiormente os bronquios.

Hai dous tipos de bronquite: aguda e crónica.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Bronquite aguda

Unha bronquite aguda aparece como consecuencia dunha infección respiratoria, como un arrefriado ou unha farinxite, cando os mesmos virus estenden a infección cara aos condutos aéreos dos pulmóns (bronquios e bronquíolos). Esta inflamación resólvese nuns poucos días.

Bronquite crónica

Na bronquite crónica a inflamación bronquial é persistente, o que provoca unha deterioración progresiva da función pulmonar. É consecuencia de infeccións repetidas dos bronquios e bronquíolos ou de, por exemplo, o fume do tabaco. Vaise alterando a cuberta mucosa dos tubos, que se estreitan e obstrúen por un aumento de secreción de moco e unha contracción excesiva dos músculos da parede bronquial.

O primeiro síntoma é unha tose lixeira matutina da que habitualmente se culpa ao tabaco. Considérase que evolucionou cara a unha bronquite crónica cando o doente expectora a maioría dos días durante tres meses consecutivos en máis de dous anos sucesivos. Débense excluír outras causas, como a tuberculose pulmonar ou a existencia de bronquiectasias.

Na bronquite crónica simple o esputo é de aspecto mucoso (escumoso e abrancazado) e na bronquite crónica sobreinfectada o esputo é purulento (espeso e amarelo-verdoso).

A bronquite crónica pódese confundir co enfisema primario (tose e expectoración escasas, mais dispnea forte), coa asma crónica (respiración sibilante) ou con bronquiectasias.

Tags:

BronquioInflamaciónMucosa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xunta de GaliciaSílvia OrriolsDomingoVincent van GoghManuel Gago MariñoCubaInfinitivo conxugadoIndiaEduardo Blanco AmorOurenseXXXTentacionLisboa1868Imperio BritánicoProvincias de EspañaLista de voces dos animaisTeoMaría Xosé QueizánHard GZSerés, Serés, CastroverdeSalvador DalíFala de EstremaduraManuel MurguíaMario CaneiroGabriel García MárquezShinovaWikiBilbaoSalvador IllaFoca monxeFesta da Palabra SilenciadaVilalba, Vilalba, VilalbaHenrique VIII de InglaterraSelección de fútbol de GaliciaEsperantoSegunda guerra mundialRevolución dos CaraveisTeoría de númerosGres, Vila de CrucesZeca AfonsoGonzalo MellaTwitterXurxo AyánPedro SánchezMommy Dead and DearestXabier FortesAdriano Correia de OliveiraJacinto BenaventeIrene FerrerasRepública Democrática do CongoLareiraCarmen LovelleGonzalo LouzaoVangardasPello OtxandianoVertoDe NinghuresMañónGalaicosRamón CabanillasHistoria de GaliciaAustraliaOs pronomes persoais galegosPrestigeLista de deuses celtasManuel MaríaRataRías Baixas (serie de televisión)Día das Letras GalegasCaquetá🡆 More