Aparello Dixestivo: Conxunto de órganos encargados do proceso da dixestión

O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión de alimento, a súa dixestión para obter enerxía e nutrientes, e excretar os refugallos sobrantes non necesarios.

Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación.

Aparello Dixestivo: Anatomía e fisioloxía, Desenvolvemento, Enfermidades do aparello dixestivo
Esquema das partes do aparello dixestivo.

O aparato dixestivo difire substancialmente duns animais a outros. Algúns teñen estómagos con múltiples compartimentos, mentres que os estómagos doutros animais só están constituídos por unha soa cámara. O aparello dixestivo adoita dividirse nunha zona anterior, unha zona media e unha posterior, reflectindo a orixe embriolóxica de cada segmento.

Anatomía e fisioloxía

O aparello dixestivo é un tubo longo, con importantes glándulas asociadas. A súa función é a transformación das grandes e complexas moléculas dos alimentos en substancias sinxelas e doadamente utilizables polo organismo. Dende a boca até o ano, o tubo dixestivo mide uns once metros de lonxitude.

Na boca xa comeza propiamente a dixestión. Os dentes trituran de xeito mecánico os alimentos, e as secrecións das glándulas salivares achegan líquidos e substancias que inician a súa descomposición química; a saliva contén enzimas que inician a hidrólise dos alimentos. Despois, o bolo alimenticio atravesa a farinxe, continúa baixando polo esófago e chega até o estómago, que é unha bolsa muscular cun volume dun litro e medio. En condicións normais, a mucosa do estómago segrega un potente zume gástrico, e o alimento convértese nunha pasta viscosa chamada quimo.

Na saída do estómago, o tubo dixestivo alongase no intestino delgado, duns cinco metros de longo, aínda que moi enrolado sobre si mesmo. Na súa primeira porción, o duodeno, recibe as secrecións das glándulas intestinais, a bile e os zumes do páncreas. Todas estas secrecións conteñen unha gran cantidade de enzimas que degradan os alimentos e os converten en substancias sinxelas solubles.

O tubo dixestivo continúa coa parte chamada intestino groso, que mide un pouco máis de metro e medio de lonxitude. A súa porción final é o recto, que remata no ano, por onde se evacúan ó exterior os restos non absorbidos dos alimentos.

Desenvolvemento

No estado máis primitivo do seu desenvolvemento, o aparello dixestivo adoita dividirse en tres partes: o intestino proximal, o intestino medio e o intestino distal. O intestino proximal dá lugar ao esófago, o estómago, a metade proximal do duodeno, o fígado e o páncreas. O intestino medio dá lugar á metade distal do duodeno, o xexuno, o íleo, o cego, o apéndice e parte do colon. O endoderma do intestino distal dá lugar ao resto do colon e ao recto ata a liña ano-rectal.

Neste estado embrionario, o tubo dixestivo está envolto polo mesenterio. O mesenterio ventral dexenera durante o desenvolvemento agás no intestino proximal. O mesenterio dorsal está formado por unha capa dupla de mesotelio que suspende o aparato dixestivo. Unha capa de mesotelio alíñase coa cavidade celómica (a futura cavidade peritoneal) formando o peritoneo parietal, que se aliña coa somatopleura e o peritoneo visceral, aliñado coa esplachnopleura (parede do aparello dixestivo composta de mucosa, submucosa e dúas láminas de músculo).

Enfermidades do aparello dixestivo

Aparello Dixestivo: Anatomía e fisioloxía, Desenvolvemento, Enfermidades do aparello dixestivo 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O aparello dixestivo é un sistema fundamental dentro do corpo humano, xa que con base neste pódese desenvolver, aproveitar, asimilar e procesar todos os alimentos dende a boca ata o ano.

As enfermidades no sistema dixestivo (mesmo o cancro), polo xeral, son produto de factores externos, tales como a alimentación e infeccións, co que se pode deducir que a maioría das veces nas que ocorre unha anomalía é por produto do propio descoido e da pouca rigorosidade coa hixiene e a dieta.

Algúns trastornos do aparello dixestivo son:

  • Enfermidade celíaca (EC): Non é unha enfermidade unicamente dixestiva, senón un proceso de natureza autoinmune que afecta ao intestino e a diversos órganos e sistemas, de difícil diagnóstico. Está producida por unha intolerancia permanente ao glute, en persoas con predisposición xenética. Os síntomas dixestivos adoitan ser leves ou mesmo ausentes, especialmente a partir dos 2 anos de vida, pero poden desenvolverse numeroso síntomas e trastornos non dixestivos, polo que habitualmente non é recoñecida nin diagnosticada, a pesar de tratarse da enfermidade dixestiva crónica máis frecuente.
  • Síndrome do intestino irritable (SII): Non é unha enfermidade propiamente dita, senón un conxunto de trastornos funcionais do intestino que se caracterizan pola presenza de episodios recorrentes de dor abdominal, molestias acompañadas de inchazón abdominal e alteracións na frecuencia ou na consistencia das deposicións. Non obstante, actualmente disponse de probas diagnósticas que falan a favor de que non é apropiado seguir considerando o SII como un trastorno puramente funcional. Non é unha enfermidade psiquiátrica nin psicolóxica e non se demostrou a existencia de factores psicolóxicos que provoquen o SII ou que inflúan na súa aparición, aínda que estes factores si poden contribuír á deterioración da calidade de vida.
  • Colite: Inflamación do intestino groso (colon), provocada por diversas causas. Os síntomas principais son a diarrea e as dores abdominais.
  • Úlcera péptica (UP): Trátase dun defecto ou lesión da mucosa gastrointestinal, que se perpetúa como consecuencia da actividade ácido-péptica. As áreas de localización son fundamentalmente o estómago e o bulbo duodenal.
  • Cancro de estómago: Trátase dunha das principais causas de mortalidade por cancro. Máis do 90% de todos os tumores de estómago débense ao adenocarcinoma gástrico (AG), provocado por unha complexa interacción entre a infección por Helicobacter pylori, a alimentación e a predisposición xenética. Os factores ambientais son responsables do 62% dos cancros gástricos e os factores hereditarios do 28%.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Aparello Dixestivo Anatomía e fisioloxíaAparello Dixestivo DesenvolvementoAparello Dixestivo Enfermidades do aparello dixestivoAparello Dixestivo NotasAparello Dixestivo Véxase taménAparello Dixestivo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aníbal MalvarCélula pancreática acinarHarry S. TrumanFlora invasora de GaliciaThe BeatlesGoretti SanmartínCelanovaAustralian Broadcasting CorporationXoán Manuel PintosOs demostrativos galegosRichard WagnerAlcumeMesopotamiaLa Voz de GaliciaTino SaquésLuis Mateo DíezEurasiaDavid BeckhamLucas VázquezCataluñaAlbert EinsteinCarlos CasaresIrmandades da FalaGuerra de Sucesión EspañolaMemorias dun neno labrego16 de xulloDios ke te crewPortadaDomingo de AndradeInfanciaMexillónNósLista de ríos de GaliciaPedro Campos CouceiroManuel MaríaDavid Perdomo24 de abrilFrédéric ChopinMaggie SmithFallout (serie)Real Club Celta de VigoCorzo+CuñadosWikipediaRaquel AtanesRepública ChecaMosteiro, Mosteiro, BóvedaHard GZMurosBaldur BrönnimannEspañaLucky LukeIránGospelLois PereiroAntonio LombaA fiestra valdeira2003VacalouraAlecrínProsaManuel González González (músico)CentauroLouis ArmstrongIllas CanariasSegunda GaliciaAlfabeto galegoDía da TerraMiguel Ángel Zabalza BerazaThe Lady in the VanArnaldo OtegiGuerra civil españolaBeatriz MatoBenigno Gómez Tadín🡆 More