Antón Fraguas: Historiador e antropólogo galego

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e finado en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.

En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Infotaula de personaAntón Fraguas Fraguas
Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos
Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Loureiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor em Wikidata
Cargos
Director do Museo do Pobo
Cronista Xeral de Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
Formación profesionalLicenciado en Filosofía e Letras
EducaciónU. de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid
Actividade
Ocupaciónhistoriador, etnógrafo,
antropólogo, xeógrafo
Período de actividade1923-1999
EmpregadorIrmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Instituto Padre Sarmiento
Real Academia Galega
Consello da Cultura Galega
Membro de
Xénero artísticoensaio
Lingualingua galega, lingua castelá
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTeresa Martínez Magariños
Fillosnon tivo
Premios
Pedrón de Ouro
Medalla Castelao
Premio Trasalba
Premio Otero Pedrayo
Premio das Artes e das Letras
S. Martiño de normalización
Sinatura
Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos

Páxina webmuseodopobo.gal
Bitraga: 3193 BUSC: fraguas-fraguas-antonio-1905-1999 Dialnet: 632445

Traxectoria

Primeiros anos

Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
O pequeno Antón coa nai e os tíos.

Naceu no lugar de Insuela, parroquia de Santiago de Loureiro, daquela Concello de Cotobade, o 28 de decembro de 1905. Foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro solteiro que emigrou a Niterói —daquela capital do Estado do Río de Xaneiro (Brasil)— pouco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, filla tamén dun canteiro, nada en Listanco (Armeses, Maside) en 1873, solteira. Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa.[3] O pai volveu de América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo o 7 de agosto dese ano. En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar, desta volta todos xuntos, ó Brasil, e que Antón chegase a ser maquinista de tren, oficio que lle ía aprender un curmán do pai. Refusaron da idea pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, Augasantas, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio.

De 1919 a 1924 estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de, entre outros, Daniel Fraga Aguiar, Alfredo de la Iglesia, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e especialmente de Antón Losada Diéguez, que influíu nel e o converteu ao galeguismo.[4] Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra, xunto con outros compañeiros de estudos entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír á luz. A súa primeira oratoria en público foi para presentar o agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.[5]

A Universidade e o Seminario de Estudos Galegos

Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
Coa muller, unha cuñada e sobriñas.

A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro ano foi a un preparatorio, onde tiñan tres catedráticos: Ciriaco Pérez Bustamante (Historia), Armando Cotarelo Valledor (Literatura) e Ramón Gallego García (Filosofía).[6] En Santiago de Compostela viviu no número 24 da rúa do Hórreo. Animado por Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala, presididas por Vicente Risco, e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928 cun estudo sobre o castro de Soutolongo (Lalín), nas seccións de Xeografía (dirixida por Ramón Otero Pedrayo), Etnografía e Folclore (dirixida por Risco) e Prehistoria (dirixida por Florentino López Cuevillas).[7] Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios permitiulle participar na catalogación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras do Concello de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografía galega, e participou na formación do Museo Etnográfico do Seminario instalado no Colexio de Fonseca. Licenciouse en 1928. En 1929 iniciouse na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.

Foi un dos primeiros en usar o galego na radio ó intervir varias veces na Radio Galega en 1932. O 16 de xullo dese mesmo ano casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu o primeiro e único número da La Voz de Cotobad baixo a súa dirección.

Represión franquista

Foi presentado á alcaldía da Estrada en 1936, en contra do seu criterio, e participou nas campañas a favor do Estatuto de autonomía, ó ser secretario xeral do Partido Galeguista, e tralo Golpe de Estado do 18 de xullo sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo. Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa cáustica as pintadas a prol do Estatuto. Trasladouse a Santiago de Compostela, onde tivo que traballar no ensino privado, e xunto co crego Ramón Davila García crea a "Academia Menéndez y Pelayo" en 1938 no pazo de Amarante. Durante este tempo traballou na súa tese de doutoramento sobre o Colexio de Fonseca que defendeu en 1948 na Universidade de Madrid, acadando a cualificación de Sobresaínte. Finalmente, en 1950, aproba a oposición a catedrático de ensino secundario de Xeografía e Historia e é destinado a Lugo.

Rehabilitación docente e últimos anos

Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
Traslado de Lugo a Santiago, 1959.

O 6 de maio de 1950 foi nomeado catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo[15] (actual IES Lucus Augusti) ata 1959, no que foi secretario e xefe de estudos, colaborando tamén co Museo Provincial e co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 pediu traslado a Santiago de Compostela, ó Instituto Nacional de Enseñanza Media Rosalía de Castro no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro), onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata a súa xubilación en 1975.

Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, constituído en 1944, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.

Tamén participou na fundación do Padroado Rosalía de Castro en 1947, integrando a súa xunta de goberno e sendo tesoureiro.

O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio de 1956 ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Otero Pedrayo. Durante uns meses de 1997 foi presidente en funcións da institución.

En 1955 traballou na biblioteca da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego e do que el foi un dos fundadores. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente.

En 1969 organizou, en colaboración con Xoán Naya Pérez e Ricardo Carballo Calero, unha exposición sobre o traxe galego nos locais do Instituto Padre Sarmiento.[19]

Outros cargos e actividades que desempeñou Fraguas ó longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega (1983), promotor, membro numerario e bibliotecario da Real Academia Galega de Ciencias, correspondente da Real Academia da Historia, a Associação dos Arqueólogos Portugueses e a Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. En 1992 o consello da Xunta de Galicia nomeouno Cronista Xeral de Galicia. En 1994 dooulle ó museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20 000 volumes.

Finou por causa dunha doenza cardíaca no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999, ós 93 anos de idade. A capela ardente situouse no auditorio do Museo do Pobo Galego, antes de que o seu corpo pasase a repousar ó lado de Aurelio Aguirre e Ramón María del Valle-Inclán, e dende 2012 tamén a carón do seu amigo Isaac Díaz Pardo, no cemiterio de Boisaca.

Obra

Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte de Galicia. Fraguas escribiu varios libros, entradas da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas -especializados ou non-, colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega, recensións, conferencias, catálogos de exposicións, pregóns e programas de festa.

Publicou máis de 1.300 artigos en xornais e revistas como A Nosa Terra, Logos, Lar, Vida Gallega, Dorna, Outeiro, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, O Correo Galego etc.

Obras individuais

Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
Historia del Colegio de Fonseca, 1956.
Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985.
Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio.
—Antón Fraguas
  • O culto ós mortos, 1931, Nós.
  • Geografía de Galicia, 1953, Porto y Cía editores.
  • As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade, discurso de ingreso na RAG, 8 de maio de 1956, A Coruña.
  • Historia del Colegio de Fonseca, 1956, anexo XI de Cuadernos de Estudios Gallegos.
  • Santiago de Compostela, 1957, colección Temas españoles n.º 332, Ed. Publicaciones Españolas. Reeditado de novo en 1993 polo Consorcio de Santiago, Santiago.
  • Los colegiales de Fonseca, 1958, anexo XII de Cuadernos de Estudios Gallegos.
  • La Galicia insólita, 1973, Librigal. Reeditado de novo en 2004 por Ediciós do Castro.
  • Lugo, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1974, ISBN 84-400-7634-7.
  • Manuel Murguía, 1979, Colección "Hombres que hicieron Galicia", Banco del Noroeste.
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985, Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Ourense). ISBN 84-398-4218-X.
  • El traje gallego, 1985, Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-24-6.
  • Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra, 1986, Real Academia Galega, A Coruña.
  • Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Primera época, 1784-1813-1821, 1986, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Santiago.
Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
Romarías e santuarios, Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia.

Obras colectivas

  • Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá, con Florentino López Cuevillas e Mª Pura Lorenzana, 1930, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Editorial Nós, A Coruña.
  • Terra de Melide (participou na catalogación de castros), 1933, Seminario de Estudos Galegos, Santiago.
  • "Una página de la vida académica del Doctor Fontán", 1946, en D. Domingo Fontán y su mapa de Galicia en el primer centenario de su publicación, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, p. 119-124, Santiago de Compostela.
  • "Escritos no coleccionados de Rosalia de Castro (VII)", 1946, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. II. p. 477-478.
  • "El edificio", 1947, en El Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Santiago. pp. 45–79.[45]
  • "Fiestas populares de Galicia: fiadeiros", 1949, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. IV. p. 397-427.[45]
  • "El Título del Bachiller Pedro de Vitoria, primer catedrático del Estudio", 1951, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. VI, p. 279-282.
  • "Farsas de carnaval en Touro (Coruña)", 1951, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. VI, p. 431-441.
  • "Apuntes sobre mámoas lucenses", 1953, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. VIII, p. 142-146.
  • "Grupo dolménico de Monte Orgoso", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia. (1953), p. 409-410, Zaragoza.
  • "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia. (1953), pp. 411–412, Zaragoza.
  • "Los castros de la Tierra de Saviñao" (con Florentino López Cuevillas), 1955, III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia. (1953), pp. 411–412, Zaragoza.
  • "Don Gumersindo Laverde y Ruiz, catedrático del Instituto de Lugo", 1956, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XI, p. 307-312.
  • "Paisaxe e historia nas conversas de D. Ramón Otero Pedrayo", 1958, en Ramón Otero Pedrayo : a súa vida e a súa obra :homaxe da Galicia Universal, Centro Galego, Caracas, p. 15-17.
  • "La antigua casa de la Carnicería en Santiago", 1960, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XV, 47, p. 349-352.
  • "Notas entorno al maíz", 1960, en Actas do Colóquio de Estudos Etnograficos Dr. José Leite de Vasconcelos, Imprensa Portuguesa, Porto.
  • "Castros de la comarca lucense", 1962, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XVII, p. 307-328.
  • "Restos dolménicos próximos a la ciudad de Lugo", 1962, en Homenaje al profesor Cayetano de Mergelina, Murcia.
  • "Aportación al estudio del Teatro Popular en Galicia. La farsa de Ribadulla", 1963, en Actas do 1º Congresso de Etnografia e folclore :promovido pela Câmara Municipal de Braga, (de 22 a 25 de Junhode 1956), Junta da Acçâo Social. V. II; p. 233-239, Lisboa.
  • "Influencia de la emigración al Brasil en tierras de Galicia", 1965, en Actas do V Coloquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros, Coímbra, v. I, p. 333-341.
  • "Algunos dichos y creencias acerca de los animales", 1965, en Actas do Congresso Internacional de Etnografía: promovido pela Câmara Municipal de Santo Tirso de 10 a 18 de julhode 1963, v. III, p. 231-253.
  • "Emplazamiento de ferias en Galicia a fines del siglo XVIII", 1968, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXIII, p. 200-223.
  • "Notas sobre el paso de los franceses por Lugo", 1968, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXIII, p. 337-346.
  • "Notas de artistas en tierras lucenses", 1969, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXIV, p. 110-125.
  • "El traje regional gallego: 22ª exposición: con motivo del centenario del nacimiento de Noriega Varela", 1969, con Juan Naya Pérez e R. Carballo Calero, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela.
  • "Don Paulino Pedret Casado", 1970, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXV, p. 5-19.
  • "Derechos de paso por el puente de Rábade", 1970, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXV, p. 245-253.
  • "Santiago y su tierra en el catastro del Marqués de la Ensenada", 1970, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXV, p. 299-310.
  • "Un silbato de piedra y otros objetos", 1971, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. XXVI, p. 117-119.
  • "Notas del Padre Sarmiento", 1972, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Separata de: Cuadernos de Estudios Gallegos, t. XXVII, fasc. 81-82-83 (1972);p. 355-367.
  • "La Villa y la Tierra de Padrón en el Catastro de Ensenada", 1975, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, t. 29 (1974/75); p. 250-262.
  • "A xeografía no Seminario de Estudos Galegos", 1978, en Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, Ed. do Castro. Sada. pp. 41–46.[45]
  • "Geografía de un lugar", 1978, en Miscelánea de Geografía de Galicia en Homenaje a Otero Pedrayo, Universidade de Santiago, pp. 85–101, Santiago. ISBN 84-7191-028-4.
  • "Literatura oral en Galicia", 1980, en Evolución cultural de Galicia: ciclo de conferencias, CAV.
  • "Galicia. A terra e o mar: A xeografía", 1980, en Historia de Galicia, Tomo I, Cupsa Editorial.
  • "El siglo XIX", 1980, en La Universidad de Santiago.
  • "A emoción da banda popular", 1983, en Homenaxe ás bandas populares de música galegas, Concello de Santiago de Compostela, Santiago, pp. 11–14.[45]
  • "Antropología", 1984, en Galicia eterna, Ed. Nauta, T. II, Barcelona, pp. 325–403.[45]
  • "Fole nos cernes de Galicia", 1986, en Os escritores lucenses arredor de Fole, Lugo.
  • "Las costumbres populares gallegas en la literatura de Rosalía", 1986, en Cursos superiores de verano en Galicia, Fundación A. Brañas, Santiago.
  • "El proceso histórico de España y Galicia en el período de elaboración del Estatuto del 36", 1987, Cursos superiores de verano en Galicia, Fundación A. Brañas, Santiago.
  • "O teatro en Santiago", 1988, en Teatro Principal, Santiago.
  • "Castelao e o Seminario de Estudos Galegos", 1989, Actas Congreso Castelao, Santiago. ISBN 84-7191-568-5.
  • "O río Miño: realidade, lenda e literatura", 1989, en Conferencias sobre el río Miño, Caixa Ourense, Ourense. ISBN 84-241-9894-8.
  • "Sinodales de Tuy: notas antropolóxicas", 1990, en Actas del 1er. Congreso Internacional "Gallaecia", A Guarda, 1988, D.P. de Pontevedra, Pontevedra, pp. 195–201. ISBN 84-86845-40-8.[45]
  • "Don Antonio Couceiro Freijomil: o historiador", 1990, en Homenaje al polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil en el primer centenario de su nacimiento, 1888-1988, D.P. da Coruña. A Coruña, pp. 125–128. ISBN 84-86040-49-3.
  • "Don Ramón Otero Pedrayo: notas dun lector", 1990, en Simposio Internacional de Antropoloxía. Centenario de Otero Pedrayo, Santiago, 1988, Santiago, pp. 237–244. ISBN 84-87172-54-7.
  • "Galicia", 1991, en El auto religioso en España, Comunidade de Madrid, Madrid.
  • "O cambio familiar", 1992, en Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega, 1990, Santiago. ISBN 84-453-0595-6.
  • "A repoboación forestal dende a Edade Media", 1992, en Especies frondosas en la repoblación de Galicia, Academia Galega de Ciencias, Lugo.
  • "Pasado, presente y futuro del castaño", 1992, en Especies frondosas en la repoblación de Galicia, Academia Galega de Ciencias, Lugo. pp. 101–108.[45]
  • La antigua y la Nueva Galicia: Caminos del mundo (con J. R. Álvarez), 1992, Cámara Nacional de Comercio de Guadalajara, México.
  • "Desde o Antroido á Pascua: vida e costumes a comenzos de século", 1993, en Homenagem a J. R. dos Santos Júnior, (1989), vol. II, Lisboa, pp. 205–210. ISBN 972-672-539-9.
  • "Dende o ano 1931 deica hoxe", 1993, en Rolda de Amigos derredor de Francisco Fernández del Riego, Ediciós do Castro. Sada. pp. 57–59. ISBN 84-7492-660-2.
  • "Necesidade destas forzas xornalísticas para dar fe de vida", 1994, en Douscentos galegos de hoxe no xornal da Galicia que vén: O Correo Galego, Santiago. p. 54. ISBN 9788480640398.[45]
  • "As Marías no meu recordo", 1994, en "As Marías", Santiago. pp. 9–10.[45]
  • "Santiago de Compostela, paradigma secular de la hospitalidad", 1994, en La convivencia social en el Xacobeo 93, Santiago. pp. 20–21.[45]
  • "Don Fermín Bouza-Brey Trillo de Figueroa", 1994, en Simposio Internacional de Antropoloxía: In memoriam Fermín Bouza-Brey, 1992, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp. 15–23. ISBN 84-87172-85-7.
  • "Do cancioneiro á mesa posta", 1995, en Ciencia y Humanismo en la Alimentación, Real Academia Galega de Ciencias-Caixa Ourense, Santiago, pp. 81–100.
  • "Leyendas y tradiciones del Camino de Santiago", 1995, en Congreso de Reales Sociedades Económicas de Amigos del País : Santiago de Compostela 26, 27 y 28 septiembre 1993, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Santiago, pp 197–202. ISBN 84-605-3563-0.
  • "O cancioneiro popular nas Rías Baixas", 1995, en Las Rías Bajas y el Arco Atlántico: cursos de conferencias, Real Academia das Ciencias, Pontevedra, pp. 139–157.
  • "Peregrinaxe a Santiago e as romarías de Galicia: Lendas e tradicións", 1995, Romarías e peregrinacións: actas do Simposio de Antropoloxía, 1993, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp. 7–15.
  • "Notas del Padre Sarmiento", 1995 (reed.), en Estudos adicados a Fr. Martín Sarmiento artigos tirados dos Cuadernos de Estudios Gallegos (1945-1982), Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Santiago, pp. 383–396. ISBN 8460613216.
  • "Peixeiros, peixe e peixeiras", 1996, EN La pesca en Galicia: presente y futuro, Curso de conferencias, 1995, Real Academia Galega de Ciencias, pp. 81–89.
  • "Lembranza de Don Xaquín Lorenzo Fernández", 1996, en Tecnoloxía tradicional: dimensión patrimonial e valoración antropolóxica: Simposio Internacional. In memoriam Xaquín Lorenzo, Ourense, 1994, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp. 13–19. ISBN 84-87172-15-6.
  • "A mitoloxía da auga", 1996, As augas de Galicia, Consello da Cultura Galega, Santiago, pp. 9–40. ISBN 84-87172-10-5.
  • "Insuela, un lugar antigo e os nomes da parroquia", 1996, en Humanitas: estudios en homenaxe ó prof. Dr. Carlos Alonso del Real, Santiago, pp. 457–459.
  • "Reimóndez Portela, estradense ilustre", 1996, en Manuel Reimóndez Portela na lembranza, Ediciós Castro, Sada, pp. 83–87.[45]
  • "O folclore na obra de Sarmiento", 1997, en O Padre Sarmiento e o seu tempo: Actas do congreso, Santiago, 1995, Consello da Cultura Galega, Santiago, Vol I, pp. 207–217. ISBN 84-8121-623-2.
  • "O muíño nas terras do sul de Cotobade", 1997, en Iª Jornadas nacionales sobre molinología, 1995, Ediciós do Castro, Sada, pp. 13–17.
  • "Festa equinoccial", 1998, en 23 letras para un país: O Correo Galego. Santiago de Compostela : Editorial Compostela. P. 29-32.
  • "Don Xosé Fernando Filgueira Valverde", 1998, en Antropoloxía mariñeira. Simposio Internacional de Antropoloxía. In memoriam Xosé Filgueira Valverde, CCG, Pontevedra, p. 13-14.
  • "Lenda e poesía popular nas nosas rías, no noso mar", 1998, en Antropoloxía mariñeira. Simposio Internacional de Antropoloxía. In memoriam Xosé Filgueira Valverde, CCG, p. 335-348.
  • "As augas misteriosas", 1999, en Las aguas de la Provincia de Ourense, RAGC, p. 115-126. ISBN 84-8416-447-0
  • "Laudatio de Castelao", 1999, discurso de entrada na Real Academia Galega en Presenza de Castelao na Academia, RAG, p. 29-31.
  • "As festas populares", 1999, en Circular polo Saviñao I: 40 aniversario do Círculo CulturalRecreativo Saviñao, Círculo Saviañao, p. 171-177.
  • Cinco títulos esenciales para comprender las tradiciones gallegas, 2010, Editorial Galaxia.

Recoñecementos

Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos 
Inauguración dunha placa en memoria de Fraguas, na súa casa natal.

Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973. En 1984 concedéronlle o Pedrón de Ouro, a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego e a Medalla Castelao da Xunta. Recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1985. Foi Premio Otero Pedrayo das deputacións provinciais en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Xeral de Galicia. Déronlle o Premio das Artes e das Letras de Galicia en maio de 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela e en 1996 obtivo o Premio San Martiño de normalización lingüística do Concello da Estrada.

En 1995, a sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega organiza, na súa honra, o Simposio Internacional Medicina popular, Antropoloxía da Saúde.

Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, clasificada como de interese cultural e declarada de interese galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o "Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas".

Leva o seu nome o "IES Antonio Fraguas" de Santiago de Compostela e un centro municipal de formación do concello de Carral, así como rúas en varias cidades e vilas como Santiago, Lugo e Melide.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno, que foi a finalmente escollida. O 7 de xullo de 2018 os membros do plenario da Real Academia Galega escollérono para ser a figura homenaxeada do ano 2019. As candidaturas finalistas foron a de Fraguas —defendida por Pegerto Saavedra, Andrés Torres Queiruga, Salvador García-Bodaño e Francisco Díaz-Fierros—, que levou 16 votos a favor e, de novo, a de Ricardo Carballo Calero, que tivo oito (houbo unha abstención). O carácter que se lle deu á figura de Antón Fraguas no Día das Letras Galegas foi criticado por Suso de Toro porque considerou que se identificou a cultura galega e a antropoloxía do rural preindustrial coa lingua galega.

En 2018-2019 o concello de Cerdedo-Cotobade organizou actos en recoñecemento da súa persoa durante ano e medio, ata o vixésimo aniversario da súa morte.

Galería de imaxes

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

 

Outros artigos

Imaxes externas
Antón Fraguas: Traxectoria, Obra, Recoñecementos  No Simposio Internacional de Antropoloxía de 1992

Ligazóns externas

Predecesor:
 Emilio González López 
 Cronista Xeral de Galicia 
1992 - 1999
Sucesor:
Antonio Eiras Roel

Tags:

Antón Fraguas TraxectoriaAntón Fraguas ObraAntón Fraguas RecoñecementosAntón Fraguas Galería de imaxesAntón Fraguas NotasAntón Fraguas Véxase taménAntón Fraguas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

María Victoria de la Fuente AlonsoEusebio Alonso VieitesLista das aves de GaliciaManuel Curros EnríquezVigoAlba ManceboTamara AndrésCalendario gregorianoReino de GaliciaXabier GonzálezOleirosPerbes, MiñoSica RomeroBatalla de CacheirasDos arquivos do trasnoJosé Yáñez GarcíaSantoalla, Santoalla do Monte, PetínPosición do misioneiro invertidaLingua inglesaXinzo de LimiaEucaliptoPaíses BaixosAmieiroCastroverdeRoberto Tojeiro DíazGaio (ave)Manuel Taboada VigoEleccións municipais en RibeiraPorta SantaMonte Porreiro, Mourente, PontevedraA carta roubadaBorja VereaLenda das SereasPartido GalegoSalgueiroZCarrizo (paxaro)SarriaMelónWikiFerrolCon pólvora e magnoliasArzúaAL-VSardiñaBrais LamelaHidrografía de GaliciaUXoniaSilva bravaDepartamentos de ColombiaZoe SaldanaTMáquina comecartosXián (nome)EscáncerJosé Manuel Pérez PenasLapa (molusco)John HughesJacinto ConvitMelideO reino medieval de Galicia na historiografíaMaría JamardoCarles PuigdemontRianxoEl LuísO CarrabouxoGalegoXosé Antonio Ventoso MariñoLorbé, Dexo, OleirosPontedeumeXunta de GaliciaSuso VaamondeRastroManuel DopazoThe Notebook (filme)Verín🡆 More