Partido Galego: Partido político de centro galeguista

O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades.

Partido Galego (PG)
Partido político de Galicia
Partido Galego: Ideoloxía, Logotipo, Traxectoria
Dirixentes e organización
PresidenteFrancisco Villanueva González
Secretario xeralMiguel Míguez Magdalena
MocidadesMocidade Galega (MG)
Historia
Fundación12 de decembro de 2020
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Galeguismo
Centrismo
Europeísmo
Representación
Parlamento de Galicia
0 / 75
Congreso dos Deputados
0 / 350
Concelleiros
6 / 3.766
Alcaldes
0 / 313
Outros datos
Na rede
https://www.partidogalego.gal
Instagram: partidogalego Editar o valor em Wikidata

Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.

Ideoloxía

O perfil político do Partido Galego sitúase na centralidade política, tendo como piar principal da súa ideoloxía un forte sentimento galeguista. O Partido Galego ten como intereses principais a defensa e a protección da cultura galega, a defensa dos piares do benestar públicos (educación, sanidade, servizos sociais e pensións), a defensa da ecoloxía, a defensa do rural e a defensa do desenvolvemento sostible dos sectores produtivos da comunidade conectando coa sociedade galega.

A súa acción política céntrase en gran medida no apoio e mellora en sectores consolidados tales como a pesca, gandaría, viticultura etc., así como en impulsar sectores potenciais da industria, xerando unha produción que atenda a economía circular amosando especial atención no conxunto da cadea de valor. O Partido Galego aposta polo comercio sostible, tratando de fomentar que esta actividade se exerza no comercio de proximidade e que sexa ecolóxico.

Logotipo

O logo representa o conxunto das ideas básicas do partido e está formado polas siglas PG. Nelas distínguense un carballo (árbore propia do clima oceánico de Galicia), unha rede de pesca (propia dun dos sectores produtivos máis importantes da comunidade), a bandeira de Galicia e as lentes de Castelao (timidamente ocultas entre as letras gue e o na palabra galego).

Traxectoria

O Partido Galego presentouse o 12 de decembro de 2020 en Melide. Defínese como un partido de "centro transversal" e sitúase a si mesmo "no espazo do galeguismo, da moderación, e do equilibrio medioambiental".

A disposición gráfica das siglas (PG) é moi semellante ás do extinto Partido Galeguista Demócrata, na etapa en que fora dirixido por Manoel Soto.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Partido Galego IdeoloxíaPartido Galego LogotipoPartido Galego TraxectoriaPartido Galego NotasPartido Galego Véxase taménPartido GalegoComunidade autónomaGaleguismo (política)GaliciaMelidePartido político

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rafael Hernanz AnguloPili PampínAndorraMoinanteCastiñeiroXosé Manuel BeirasIraqFrancisco Castro VelosoBaiuca (banda)Estados membros da Unión EuropeaCarballo comúnRauw AlejandroJusto González BallestaDiana AguavilSingapurHard GZEnxoval funerarioJavier LosadaTimeCuruxa comúnCatión de amonio cuaternarioBillardaCelestino Fernández de la VegaMario de LangulloCouto MixtoEstripeiroTPBSOsloBaltasar Pardal VidalMinia ManteigaMercedes González CastroCentro público integradoMáis alá!Alfabeto galegoCasto Sampedro FolgarSan Lázaro, Santiago de CompostelaValderreiGralla cereixeira8GalipediaDaniel BasteiroCoalaGaliciaFlandresGerardo Pardo de VeraMelania CruzCristina VillóExeria (escritora)MullerCarlos PajaresCerroteReino de CastelaBrasilO CarballiñoCañita BravaRamón CabanillasManuel Gago MariñoGolfiño comúnSerbiaBreogánShinovaJean-Claude Van DammeDólar EisenhowerAndoriñaLa Voz de GaliciaWikipedia2005AxoloteSisteloAna RomaníXiros idiomáticos galegosYFacebookEscherichia coliMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaBlas García Piñeiro🡆 More