Emilio González López: Historiador e político galego

Emilio González López, nado na Coruña o 13 de setembro de 1903 e finado en Nova York o 19 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego, catedrático de Dereito Penal en varias universidades, deputado a Cortes durante a Segunda República Española, cónsul xeral en Xenebra e secretario da delegación española na Sociedade de Nacións.

Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e Medalla Castelao en 1984.

Infotaula de personaEmilio González López
Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra
Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Emilio González López Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1903 Editar o valor em Wikidata
San Roque de Fóra, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra Deputado nas Cortes republicanas

29 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra Deputado nas Cortes republicanas

6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: A Coruña
Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra Deputado nas Cortes republicanas

13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Cronista Xeral de Galicia
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador, político
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 4304 BUSC: gonzalez-lopez-emilio-1903-1991 Dialnet: 155520

Traxectoria

Formación

Naceu no barrio mariñeiro de San Roque de Fóra, na cidade da Coruña, fillo de Antonio González Doldán, un tipógrafo ligado aos movementos obreiros. Estudou na Coruña e tivo como mestre a Xoán Vicente Viqueira e logo marchou a Madrid para estudar dereito, onde se licenciou. Conseguiu en 1931 a cátedra de dereito penal na universidade de La Laguna, pero non chegou a exercer por mor das súas actividades políticas. Posteriormente foi gañando as mesmas cátedras de dereito penal na Universidade de Salamanca e na de Oviedo.

Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra 
Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González López, Salvador Mosteiro, asistente descoñecido, Bernardino Varela e Manuel María González.

Participación política

En Madrid foi o fundador e primeiro secretario xeral da Federación Universitaria Escolar (FUE), aínda nos tempos da ditadura de Primo de Rivera e nas primeiras eleccións da Segunda República, en 1931, saíu elixido deputado pola circunscrición da Coruña pola Federación Republicana Gallega, posto que revalidou nas eleccións de 1933 (representando á ORGA) e de 1936 (nas listas de Izquierda Republicana, dentro da Fronte Popular). Durante a República foi director xeral de administración local (1932) e director xeral de Beneficiencia (1933) dependente do Ministerio da Gobernación de Santiago Casares Quiroga. En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia.

O estouro da Guerra Civil española coincídelle en Madrid, en zona republicana, e como representante do goberno acode a Xenebra á Liga das Nacións, onde ten o encargo de coordinar unha rede de espionaxe a prol do goberno democrático.

Exilio

Coa derrota bélica, exíliase aos Estados Unidos de América, en Nova York, onde permaneceu ata a súa morte. Nos Estados Unidos deu clases de Historia na Universidade da Cidade de Nova York, onde se especializou en Historia de España e Historia de Galicia.

Recoñecementos

En 1984 recibiu a Medalla Castelao, na súa primeira entrega. Foi nomeado Cronista Xeral de Galicia e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. Tamén foi nomeado académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación en 1978.


Predecesor:
?
 Cronista Xeral de Galicia 
1991
Sucesor:
Antón Fraguas

Obra

Ademais de multitude de artigos e colaboracións, esta é unha listaxe de monografías publicadas por Emilio González López:

Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra 
Busto na Coruña.
  • La antijuricidad (1929)
  • El espíritu universitario (1931). Madrid: Morata
  • Emilia Pardo Bazán, novelista de Galicia (1944)
  • Historia de la civilización española (1966)
  • El arte dramático de Valle-Inclán (Del decadentismo al expresionismo) (1967)
  • La teoría general del delito[Cómpre referencia]
  • Historia de la Literatura española: La edad moderna (siglos XVIII y XIX) (1965)
  • El arte narrativo de Pío Baroja: Las trilogías (1971)
  • Historia de la literatura española. Edad Media y Siglo de Oro (1972)
  • La poesía de Valle-Inclán. Del simbolismo al expresionismo (1973)
  • El águila desplumada (1977)
  • Galicia, su alma y su cultura (1978)
  • La Galicia de los Austrias (1980)
  • Historia de Galicia (1980) con prólogo de Antonio Blanco Freijeiro, La Voz de Galicia, 944 P., ISBN 84-85287-22-3.
  • Un gran solitario: D. Ramón de la Sagra, naturalista, historiador, sociólogo y economista (1983)
  • Historia del puerto de la Coruña, de la prehistoria a fines de la Edad Media: Magnum Portum Artabrorum, Brigantia, Flavia Brigantia, Farum Brigantium, Burgo de Faro, La Coruña (1985)
  • Las fronteras marítimas de Galicia. De la Prehistoria a la Edad Media (1985, O Castro)
  • La Coruña, puerto y puerta de la ilustración (1987)
  • Luis López Ballesteros (1782-1853), ministro de Hacienda de Fernando VII (1987)
  • Memorias de un estudiante liberal (1903-1931) (1988)
  • Memorias de un diputado de las cortes de la república (1931-1936) (1988)
  • Memorias de un diputado republicano en la Guerra Civil Española (1936-1939) (1990).
  • Galicia y la evangelización de América [Texto impreso] : las órdenes religiosas (1991)
  • Historia de la ciudad de La Coruña. La edad antigua y la media (edición póstuma en 1992)
  • La Iglesia gallega en la "Guerra de la Independencia" (edición póstuma en 1992)
  • Castelao, propagandista da República en Norteamérica, con Amado Ricón (edición póstuma en 2000)
  • El paso por Galicia de dos futuros presidentes de Estados Unidos: John Adams y su hijo John Quincy Adams (edición póstuma en 2005).

Historia de Galicia

Emilio González López: Traxectoria, Recoñecementos, Obra 
Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • Grandeza y decadencia del Reino de Galicia (1957). Traducido ao galego por Francisco Fernández del Riego en 1978.
  • La insumisión gallega. Mártires y rebeldes (1963).
  • Siempre de negro. Galicia en la Contrarreforma: reinado de Felipe II (1970)
  • Los políticos gallegos en la corte de España y la convivencia europea. Galicia en los reinados de Felipe III y Felipe IV (1969)
  • Bajo la doble águila. Galicia en el reinado de Carlos V (1970)
  • El águila caída. Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II (1973)
  • Bajo las luces de la ilustración. Galicia en los reinados de Carlos III y Carlos IV (1977)
  • El alba flor de lis. Galicia en los reinados de Felipe V, Luis I y Fernando VI (1978)
  • El águila gala y el buho gallego: la insurrección gallega contra los franceses (1975), Ediciones Galicia
  • Entre el antiguo y el nuevo régimen. Absolutistas y liberales: el reinado de Fernando VII en Galicia (1981)
  • El reinado de Isabel II en Galicia. La regencia de María Cristina: moderados, progresistas y carlista ' (1984)'
  • De Espartero a la revolución gallega de 1846. La buena y mala fortuna del progresismo gallego (1985)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Emilio González López TraxectoriaEmilio González López RecoñecementosEmilio González López ObraEmilio González López NotasEmilio González López Véxase taménEmilio González López13 de setembro19 de decembro190319841991A CoruñaDoutor honoris causaGaliciaHistoriaMedalla CastelaoNova YorkSegunda República EspañolaSociedade de NaciónsUniversidade da CoruñaXenebra, Suíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Francisco Llanos MasFianna FáilIgrexa ortodoxa coptaChris PrattNordés (vento)Luís Pérez BarralPedro Sánchez2024SevillaSylvester StalloneBieito XVI, papaXúpiterGlenn Research CenterMecánica clásicaAlpesHenrique DacostaLista de episodios de Dragon Ball Z KaiEivisaJoaquin PhoenixA.C. MilanTratado internacionalSergio DalmaAntas de UllaAntonio GramsciJorge C. AlonsoUltradereitaEra visto!PortomarínRobert PattinsonPortela da CandaLista de nomes femininos en galegoBidueiroPenélope CruzVacaJulian AssangeSelección de fútbol do CamerúnVilagarcía de ArousaLista de episodios de SerramouraLlanesBarbitúricosForzas armadasProciónidosDinastía watásidaJAdánO BierzoQuim BarreirosCervantesPerúFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)Clara AndradaCabana de BergantiñosBaltimoreMarta DarribaAmérica do NorteEstrella GaliciaLuis Fraga EgusquiaguirreBrahim DíazFonte de Oliva, ValboaVilariño de ConsoBeatriz SerénGreta ThunbergO SalvadorFernão de MagalhãesCarlos X de FranciaRosalía de CastroIndependentismoLingua latina🡆 More