Eleccións A Cortes Constituíntes De 1931 En Galicia

Tras a proclamación da República en España o 14 de abril de 1931 como consecuencia dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccións municipais do 12 de abril, o goberno provisorio convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o 28 de xuño de 1931.

As circunscricións electorais eran as provincias e as cidades con máis de 100.000 habitantes e tiñan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidía o xuíz municipal e que formaban persoas prominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidía o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.

A circunscrición electoral da Coruña elixía 16 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 47 deputados.

Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na CEDA.

Resultados

En toda Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Acción Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Unión Monárquica 1.

Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algún outro deputado formaron a Minoría Gallega.

A Coruña

Na provincia da Coruña a ORGA presentouse baixo o nome de Federación Republicana Gallega en candidatura conxunta co PSOE e conseguiu 9 escanos e Santiago Casares Quiroga foi o candidato máis votado na provincia, mentres o PSOE obtiña 3 deputados. O Partido Radical presentouse en solitario e non conseguiu deputado ningún, ao igual que Partido Radical Agrario e o PCE. A candidaturas de dereitas conseguiu os 4 escanos reservados ás minorías.

Deputados electos pola provincia da Coruña

Lugo

Na provincia de Lugo a FRG coaligouse con Manuel Portela Valladares e elementos da dereita como o xeneral José Sanjurjo Sacanell, pero tras a anulación e a repetición das eleccións en agosto integráronse na candidatura o PSOE, o Partido Radical e a Derecha Liberal Republicana que conseguiu os 8 escanos reservados para a maioría: 3 FRG, 2 Partido Radical, 2 PSOE, 1 DLR e 1 para Manuel Portela Valladares. Os 2 escanos das minorías foron para candidatos republicanos conservadores que se integraron no Partido Radical.

Deputados electos pola provincia de Lugo

Ourense

Na provincia de Ourense formáronse dúas candidaturas para concorreren polas maiorías, a formada polo Partido Radical e o PSOE e a outra pola FRG, o Partido Radical-Socialista e o Partido Nazonalista Republicán de Ourense.
Polas maiorías o Partido Radical conseguiu 3 escanos, o Partido Radical-Socialista 2, PSOE 1, FRG 1 e o PNRO 1. Polas minorías 1 escano foi para Acción Republicana e 1 para Unión Monárquica de José Calvo Sotelo.

Deputados electos pola provincia de Ourense

Pontevedra

Na provincia de Pontevedra formouse unha única candidatura para concorrer pola maioría; formábana a FRG, o PSOE e o Partido Radical. Polas minorías concorrían o Partido Radical Agrario, a Derecha Liberal Republicana e a Candidatura Galleguista. A FRG conseguiu 4 deputados, o PSOE 4, o Partido Radical 1 e polas minorías a DLR 1 escano, PRA 1 e a Candidatura Galleguista 1 (Castelao).

Deputados electos pola provincia de Pontevedra

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Eleccións A Cortes Constituíntes De 1931 En Galicia ResultadosEleccións A Cortes Constituíntes De 1931 En Galicia Véxase taménEleccións A Cortes Constituíntes De 1931 En Galicia12 de abril14 de abril193128 de xuñoEspaña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel MurguíaAlcaldes da CoruñaPresidente de GabónMiguel HernándezAriadna Fernández GonzálezConcello de CotobadeLa Puebla de ArganzónArgimiro Marnotes RodríguezLourenzo Fernández PrietoWilliam ShakespeareReal Academia GalegaLila (planta)PortugalSantiago AbascalDiego Rivas RegoAbraham MateoEnciclopediaCirrio comúnPulga de areaNeurotransmisorFento007 Casino RoyaleVigoLoboEsmeralda CervantesVicente RiscoIrene FerrerasEuropaXestaRafael NadalVichelocregoIsidro Parga PondalDiego Rivas GutiérrezSoberbiaXuetasPilar Bermejo BarreraEstadio Municipal de BalaídosRefraneiro galego sobre o mes de maioHaruki MurakamiRío MiñoSantiago de CompostelaCarlos CasaresSonetoBarcelonaBlogManuel Curros EnríquezGalesPosicións sexuaisNordés (vento)Bandeira de GaliciaGame BoyEpíforaA memoria da choivaDaniel DigesGaliciaO Milladoiro, Biduído, AmesDionisio Tejero PérezItä-Helsingin KiekkoTanxugueirasIndependentismo galegoArgimiro Marnotes FernándezAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoRonaldinhoAlfizMarta SánchezMaría Jesús MonteroCopia por contactoDomingo VillarDavid PerdomoÁrbores senlleiras de GaliciaRakel WinchesterCatecismo do labrego🡆 More