Gonzalo López Abente: Escritor galego

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra.

Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Infotaula de personaGonzalo López Abente
Gonzalo López Abente: Traxectoria, Obra, Galería de imaxes
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1878 Editar o valor em Wikidata
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIrmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Real Academia Galega
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, teatro
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Escumas da ribeira, 1911
D'Outono, 1924
Nemancos, 1929,
Vaosilveiro, 1929
Familia
CónxuxeBalbina Abente Myszkovski
PaisFrancisco López García  e Xulia Abente Lago
Sinatura
Gonzalo López Abente: Traxectoria, Obra, Galería de imaxes Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Foi fillo de Francisco López García, capitán da mariña mercante e armador, e Xulia Abente Lago. Estaba emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, pois Gonzalo era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela rematando en 1893 e despois a carreira de Dereito, licenciándose en 1899. Viaxou por Francia, Bélxica e Países Baixos, pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios. Colaborou na prensa local e comarcal e chegou a dirixir El Eco de Mugía. En 1909 casou con Balbina Abente Myszkovski —filla do seu tío Victorino Abente Lago— que finou ao dar a luz en 1910, con vinte e seis anos de idade.

Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á guerra civil (Escuma na ribeira, Alento de raza e D'Outono) na escola do "Poeta da Raza", Ramón Cabanillas. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d' A Nosa Terra coa novela O deputado de Beiramar. O 20 de febreiro de 1921, estreou a súa única peza teatral, María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática feminista.

López Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación de Escritores de Galicia. Colaborou en revistas e periódicos: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel e Lar.

Co triunfo do bando franquista foi depurado do seu posto de traballo como xuíz municipal suplente. Conta diso dá o seu expediente de incautación.

O 27 de xullo de 1941 ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya e Ángel del Castillo, co discurso A terra e a poesía de Eduardo Pondal, presentado o 27 de xullo de 1941.

Gonzalo López Abente: Traxectoria, Obra, Galería de imaxes 
Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros: Florentino López Cuevillas, Victoriano Taibo, Risco, López Abente, Cabeza de León, Antón Villar Ponte, Xosé Filgueira Valverde, Castelao, Otero Pedrayo, Lugrís, Leandro Carré e Jaime Vidal Rey.

En 1963 viron a luz tres libros máis de poesía da súa autoría: Nemancos, Cintileos nas ondas e Decrúa (este último póstumo).

Obra

Poesía

Gonzalo López Abente: Traxectoria, Obra, Galería de imaxes 
De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez, Enrique Peinador, López Abente, Pura González (muller de Lugrís), Celia Brañas, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Lugrís, Antón Villar Ponte e Estrada Catoyra.

Narrativa

  • O diputado por Veiramar (1919. Imprenta Nova).
  • O novo xuez (1922, Céltiga).
  • Buserana (1925, Lar).
  • Fuxidos... (1926, Lar).
  • Vaosilveiro (1929).
  • A narrativa mariña (2012, Xerais).

Teatro

  • María Rosa (estreada en 1921, publicada en 1928 por Nós).

Ensaio

  • A terra e a poesía de Pondal (1965, Real Academia Galega).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Gonzalo López Abente TraxectoriaGonzalo López Abente ObraGonzalo López Abente Galería de imaxesGonzalo López Abente NotasGonzalo López Abente Véxase taménGonzalo López Abente

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eusebio Alonso VieitesTelevisión de GaliciaSantoalla, Santoalla do Monte, PetínAlbaniaOurenseCopa da CostaJesús Peleteiro SuárezCouto MixtoAguiño, RibeiraProxyJosé Manuel Rey de VianaLeymaLuísa MerelasPosicións sexuaisLonga noite de pedraXoniaGalipediaTraxe galegoLista de nomes masculinos en galegoGatoO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoReal Academia GalegaCantigas de Santa MaríaHéctor CajaravilleMoncha FuentesAcerbaixánChico CésarEspañaThe Times of IndiaPepe Carballude8O Carreiro, Aguiño, RibeiraLeite CeltaJosé Benito Pardo RodríguezDos arquivos do trasnoLucía VeigaJosé Manuel Rodríguez PuenteRicardo Sánchez VarelaCercedaFernando AlonsoFesta dos maiosPoutaBisemiaPepa a LobaRevolución galega de 1846Gonzalo DuránOurizo cachoAzoresd91jvHTTPOhioValfendidoDeportivo da CoruñaIraqBoyanka Kostova (grupo musical)Eleccións municipais en CercedaSan Paio de Abeleda, Castro CaldelasDinahostingMiguel SolísJesús Vázquez AlmuíñaSardiñaLuís Álvarez PousaGuamO incerto señor Don HamletRogue (filme)2022José Manuel Baltar BlancoSexo analAGumersindo Galego FealLinuxSexo oralTamara Canosa🡆 More