The Times Of India

The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India.

Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña). É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.

The Times of India
The Times Of India
The Times Of India
Cartel publicitario nunha rúa de Mandawa
Formato de páxinaGran formato
Fundación3 de novembro de 1838
PropietarioThe Times Group
LinguaInglés
Periodicidadediaria
ISSN0971-8257
Número OCLC23379369
Na rede
http://www.timesofindia.com/
Facebook: TimesofIndia Twitter: timesofindia Instagram: thetimesofindia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 2008, o xornal indicou que cunha circulación de máis de 3,14 millóns de exemplares estaba certificado pola Audit Bureau of Circulations como o diario máis vendido en inglés a nivel mundial, co cal se situaba no posto 8° como o periódico máis vendido no mundo en calquera idioma. Segundo unha enquisa realizada na India en 2008, The Times of India era o xornal en inglés máis lido nese país, con 13,3 millóns de lectores. Segundo ComScore, a versión en liña de TOI era a páxina web máis visitada dun xornal con 159 millóns de visitas en maio de 2009, superando as páxinas web de The New York Times, The Sun, The Washington Post, Daily Mail e USA Today.

Historia

The Times of India foi fundado o 3 de novembro de 1838 como The Bombay Times and Journal of Commerce, durante o Raj Británico. O nome actual foi adoptado en 1861. Publicado cada sábado e mércores, o xornal lanzouse como unha edición bisemanal. Contiña noticias de Europa, América e o subcontinente indio, que eran transmitidas entre a India e Europa mediante barcos de vapor regulares. As edicións diarias dos xornais empezaron en 1850. No século XIX, a compañía empregaba máis de 800 persoas e tiña unha tirada considerable na India e Europa. Orixinalmente controlado e de propiedade británica, o seu último editor británico foi Ivor S. Jehu, que renunciou ao cargo en 1950. Foi despois da independencia da India cando a propiedade do xornal pasou a mans da entón famosa familia de industria de Dalmiya e, posteriormente, foi comprado por Sahu Shanti Prasad Jain do grupo Sahu Jain de Bijnore, Uttar Pradesh.

The Times of India publícao o grupo de medios de comunicación Bennett, Coleman & Co. Ltd. Esta compañía, xunto co grupo de compañías coñecido como The Times Group, tamén publica The Economic Times, Mumbai Mirror, o Navbharat Times (diario de gran formato en hindi) e o Maharashtra Times (diario de gran formato en marathi).

O Times declárase a si mesmo como un xornal liberal e algunhas veces é descrito como irreverente.

En xaneiro de 2007, lanzouse en Bangalore a edición en kanarés e en abril de 2008, lanzouse a edición en Chennai. Os seus principais rivais na India son The Hindu e Hindustan Times, que posúen a segunda e a terceira posición en canto a circulación.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Auletta, Ken: "Citizens Jain – Why India's Newspaper Industry is Thriving". The New Yorker, 8 de outubro de 2012, páxinas 52 to 61.
  • Hirschmann, Edwin. "An Editor Speaks for the Natives: Robert Knight in 19th Century India," Journalism Quarterly (1986) 63#2 pp. 260–267
  • Merrill, John C. e Harold A. Fisher. The world's great dailies: profiles of fifty newspapers (1980) pp. 330–33
  • Menon Malhan, Sangita P. The TOI Story: How a Newspaper Changed the Rules of the Game (2013) HarperCollins India

Ligazóns externas

Tags:

The Times Of India HistoriaThe Times Of India NotasThe Times Of India Véxase taménThe Times Of India

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ismael RamosNomenclatura binomialLago NessUCarrizo (paxaro)Manuel CabezasXosé Luís BaltarÁngel García SeoaneA homosexualidade na historiaXestaGonzalo DuránOrchataAlmorzo23Xabier DíazPepe CarballudeCuco2022TeixoLuis Miguel del AmargueJuan Carlos Rodríguez CebriánMucha e NuchaÁreas sanitarias de GaliciaMoldaviaMera, OleirosCristovo ColónLista de ríos de GaliciaNúmero de teléfonoLaosPegaCarlos SedesProvincia de LeónPiardaO PinoFrancisco Fernández del RiegoClaudio Garrido MartínezPorta SantaGalicia estremeiraManuel Taboada VigoColocación do pronome átono en galegoA sementeiraArzúaPosición do misioneiro invertidaEucaliptoCouto MixtoPrefectura de GifuArañasSésJosé Manuel Rey de VianaMartin SheenGumersindo Galego FealPVila de CrucesHeterosexualidadePriyanka ChopraNoite de WalpurgisMaría GalianaOs mortos van á présaMarínJuan CopaNava CastroBAlejandra SilvaParques eólicos en GaliciaAmanda LearAmieiroAlcaldes da CoruñaYolanda DíazMoinanteMatrimonio entre persoas do mesmo sexoPepa a LobaBenito KamelasDornelas, MosMariola (xogo)🡆 More