The Washington Post: Xornal de Washington, D.C

The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos.

Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro. O Post distinguiuse polas súas reportaxes sobre a Casa Branca, o Congreso, e outros aspectos do goberno estadounidense.

The Washington Post: Xornal de Washington, D.C
Logo de The Washington Post.
The Washington Post: Xornal de Washington, D.C
Sede do xornal.

Por outra banda, a diferenza doTimes e o Journal, o Post vese a si mesmo como un xornal estritamente rexional, e non imprime unha edición nacional para distribución máis aló da Costa leste dos Estados Unidos. A maior parte dos seus lectores son do Distrito de Columbia, xunto cos suburbios adiñeirados de Maryland e Virxinia.

A súa circulación diaria media, segundo datos de marzo de 2013, era de 474 767 e de 838 014 os domingos, o que o coloca no oitavo lugar dos xornais estadounidenses, detrás do Wall Street Journal, New York Times, USA Today, Los Angeles Times, San Jose Mercury News, Daily News e New York Post. Mentres que a súa circulación (como a de todos os diarios) foi en caída lenta, ten unha das taxas de penetración de mercado máis altas de todos os diarios metropolitanos.

Notas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Comarcas de GaliciaTereixa NavazaHard GZVulvaAna Belén FortesCharles de GaulleXestión de dereitos dixitaisNovialÁngel CarracedoToledoPripyatPIker MuniainDover (banda)Lista de xentilicios de concellos galegosLeninismoAndorraIker CasillasRío TíberLuka ModrićFala de EstremaduraReal Federación Española de FútbolPili PampínRomárioMela CasalJosé CoronadoToni KroosPanteón de Galegos IlustresBalurosEuphoria (serie de televisión)Rocco SiffrediFrancisco FrancoYouTubeAntonio Fernández PitaXosé Neira VilasPablo ArangüenaEduardo Valencia FernándezCarlos CuerpoRusiaRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Sete Sabios da Fraga de BambúSteve JobsManuel MurguíaAraitzXohán Xabier Baldomir CabanasDani PedrosaNervoSíndrome do aceite tóxicoMasturbaciónGonzalo MellaConcellos de GaliciaIsabel II do Reino UnidoA ira dos mansosLiga Feminina de BaloncestoTarragonaIosif StalinAterínidosMarta DoviroLobernoAlberto FortesLista de estacións de tren de GaliciaEva Iglesias MiguénsLeitzaldeaFascismoIsmael RamosTaboadaPonte das PíasJuan Constenla CarbónRamón CamposSandroCastañolaAndoriña🡆 More