Lago Ness

O lago Ness (Loch Ness) é un loch (lago) de auga doce localizado nas Highlands de Escocia, de forma estreita e alongada con cerca de 37 quilómetros de lonxitude.

O lago ocupa unha área de preto de 56,4 km² e ten unha profundidade máxima de 226 metros. A visibilidade da auga é extremadamente reducida debido á turba dos solos circundantes, que levan cara ao lago as redes de drenaxe. Crese que o lago Ness foi modelado polos glaciares da última era glacial.

Lago Ness
Vista do lago Ness dende o seu extremo meridional, en Fort Augustus.
Lago Ness
A torre do castelo de Urquhart, co lago Ness ao fondo.

O lago Ness é mundialmente coñecido polas alegadas aparicións do Monstro do lago Ness, que os habitantes locais chaman Nessie. As evidencias científicas para a existencia deste monstro, descrito como unha especie de dragón mariño, son nulas, o que non impide que sexa unha atracción turística.

O lago Ness é o maior exemplo escocés de lagos encaixados en fallas xeolóxicas, neste caso a Falla de Great Glen, con rumbo nordeste-sueste. Este tipo de lago, coñecido como loch, caracterízase pola grande fondura e pola morfoloxía alongada de acordo coa dirección da falla que os modela.

As augas do Lago Ness son bastante frías, debido principalmente á súa latitude e á súa profundidade. O seu litoral é bastante pintoresco, con castelos como o de Eilean Donan, onde foi filmada a escena inicial do filme Highlander, ou ruínas de castelos, como o de Urquhart, en Drumnadrochit.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Era glacialEscociaGlaciarHighlandsLagoLochTurba

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PaspallásAndorraAsíndetoDiego Rivas GutiérrezEstadio Municipal de RiazorHistoria de EspañaEscáncerHTMLLauren BacallLondresCarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoRamiro CarregalCantiga de amigoReino suevoEva MejutoEstadio Municipal de BalaídosCarbohidratoBoteiroLingua intereslavaInfinitivo conxugadoSergio RamosXosé FortesCirrio comúnGalaicosRevolución dos CaraveisBimba y LolaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Octavio AugustoArco do Triunfo de ParísJéssica BouzasAsunta Basterra PortoO porco de péDaniel Castro GarcíaLucas VázquezRomaCarlos de Matos GomesCabo VerdeXesús PisónEva Iglesias MiguénsTameiga, MosSatélite de comunicaciónsAriadna Fernández GonzálezMomia de ManchesterAbrilTereixa ConstenlaLuis ZaheraOs ÁnxelesBarcelonaMemorias dun neno labregoTereixa NavazaJenna JamesonAmorodoCascudaMaría VillamarínArgimiro Marnotes FernándezBragaRamón Otero PedrayoLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaFentoHistoria de GaliciaDaniel DigesJosé Antonio LabordetaPolisíndetoAustriaXurxo de CapadociaHistoria de DinamarcaSantiago de CompostelaShinovaXílgaroGuerra civil españolaGabriel AlénTanxugueiras🡆 More