Xogo Mariola: Xogo infantil tradicional

A mariola, peletre ou patefa é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.

    Este artigo trata sobre o xogo tradicional infantil, para o peixe gadiforme véxase Mariola (peixe).
Xogo Mariola: Materiais necesarios, Normas, Proceso
Xogo da mariola.
Xogo Mariola: Materiais necesarios, Normas, Proceso
Transcurso dunha partida da mariola.

Materiais necesarios

Para comezar a xogar só se necesita debuxar o campo de xogo e coller unha pedra para poder lanzala e xogar.

Dependendo das zonas, o campo debúxase de distintas formas. Na zona de Carnota, onde se coñece como pelete, debúxase un terreo de xogo onde se enumeran as casiñas do un ao nove, ou senón poñendo ceo nese cadro.

Normas

  • Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores comeza a partida.
  • Ao principio tírase a china (pedra), ou a patefa, na casiña un. Realízase o percorrido como de costume, pero se se tocan as liñas limitantes perderase a quenda e pasará ao xogador contrario.
  • Se a china ou pedra non cae na casiña correspondente, tamén se perderá a vez.
  • Cada xogador poderá tirar cantas veces poida, mentres a pedra non pise a liña ou saia desta.
  • Cando se perde a quenda e posteriormente se volve a xogar, pois xa pasou toda unha rolda de xogadores, empezarase a xogar onde se quedara anteriormente.

Proceso

Para comezar, tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8), porase un pé en cada unha simultaneamente. Ao chegar á derradeira casiña, tamén dependendo das zonas, nunhas remátase o xogo e noutras séguese.

Notas

Tags:

Xogo Mariola Materiais necesariosXogo Mariola NormasXogo Mariola ProcesoXogo Mariola NotasXogo MariolaInfancia clandestinaPedraXogo tradicional

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BortziriakDoenza de Paget de mamaXosé Carlos MorellVerbos galegos ser, estar e irQueiroaArroazMoisés Rodríguez PérezEleccións municipais en SadaEditorial GalaxiaBilbaoOs demostrativos galegosCamilo Nogueira RománReino UnidoNacho Vegas25 de abrilFederico García LorcaLisboaCristiano RonaldoNúmero piDaniel de la TorreVento feridoMarçal MolinéVertoVigo2020Convento do Carme de PadrónBrasilZeca AfonsoAmaia Martínez GrisaleñaBaby ReindeerSangueFranciaRafael NadalMamen MendizábalMáquina comecartosJorge LorenzoColocación do pronome átono en galegoShinovaFrancisco AsoreyLista de exónimos en galegoFermin MuguruzaAlcaldes da CoruñaXosé Neira VilasContactThe ArtistDiego Rivas RegoVilalba, Vilalba, VilalbaAustraliaCarlos CasaresFigueresEmilio Pérez TouriñoEscudo de GaliciaGalileo GalileiTelexornalSonsoles EspinosaSystem of a DownPeer-to-peerVila de CrucesBob Dylan22 de xulloBeraTransformador CohesiónTraxe galegoDorothé SchubarthGabriel AlénAC-211Voleibol🡆 More