Xenebra, Suíza: Cidade e comuna de Suíza

Xenebra (en francés Genève , en italiano Ginevra, en alemá Genf, en romanche: Genevra) é a segunda cidade máis grande de Suíza e a capital do cantón de Xenebra.

En total, 203.856 persoas habitan no concello de Xenebra (2020). A lingua oficial é o francés.

Modelo:Xeografía políticaXenebra, Suíza
Genève (fr) Editar o valor em Wikidata
Xenebra, Suíza: Xeografía, Historia, Poboación
Xenebra, Suíza: Xeografía, Historia, Poboación
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 46°12′N 6°09′L / 46.2, 6.156°09′L / 46.2, 6.15
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Xenebra Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación203.840 (2022) Editar o valor em Wikidata (12.804,02 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie15,92 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ródano, Rio Arve (pt) Traducir e Lago Léman Editar o valor em Wikidata
Altitude373,6 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAlfonso Gómez Cruz (2023–2024) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1201, 1202, 1203, 1204, 1205, 1206, 1207, 1208, 1209, 1211 e 1200 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico22 Editar o valor em Wikidata
Código de municipio suízo6621 Editar o valor em Wikidata
Lugar do Patrimonio suízo
IdentificadorISOS 1840

Páxina webgeneve.ch Editar o valor em Wikidata
Facebook: villegeneve.ch Twitter: villedegeneve Instagram: ville_de_geneve Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Centro comercial, bancario, industrial, intelectual e universitario, a cidade foi construída no lugar onde o Ródano deixa o lago Léman, ou lago Xenebra, e conflúe co río Arve, concretamente na beira suroeste do lago. Atópase nun fondo rodeada polo Salève e o Xura e a tan só unha hora en coche do mítico Mont Blanc, visible dende a cidade.

Na rada de Xenebra atópanse as pedras de Niton, unha das cales é o punto de referencia de todas as altitudes de Suíza. Trátase de dúas grandes rochas que emerxen do propio lago e que datan da última Idade do xeo.

Historia

Xenebra, Suíza: Xeografía, Historia, Poboación 
Panorama da cidade en 1860.

A cidade aparece mencionada por primeira vez tras a súa toma por parte dos romanos no ano 121 a.C., facendo dela un posto fortificado na fronteira do Imperio Romano coas tribos celtas e xermánicas helvéticas. Logo da caída do Imperio, pasou sucesivamente a mans de burgundios e francos ata a súa incorporación ao Sacro Imperio Romano Xermánico en 1033.

Sen dúbida, un dos momentos históricos máis importantes vividos pola urbe é o que tivo como protagonista a Xoán Calvino e que fixo dela un punto vital da Reforma protestante. En 1532 o bispo católico da cidade foi obrigado a deixar a súa residencia. Catro anos despois, os seus habitantes xa se declaraban protestantes e proclamaron unha república propia, baixo o liderado espiritual do propio Calvino, quen viviu na cidade ata o seu pasamento en 1564.

Xenebra é considerada desde hai tempo como cidade de acollida, xa desde que acolleu aos protestantes que seguiron á Reforma. Co acollemento de numerosos reformadores, ademais do xa citado Clavino, coma Guillaume Farel ou Théodore de Brèze, gañou o sobrenome de Roma protestante ou de cidade de Calvino. Numerosos persoeiros internacionais igualmente atoparon aquí refuxio, coma o célebre Lenin.

É grazas a esta tradición de acollida e á neutralidade de Suíza polo que numerosas organizacións internacionais decidiron instalar a súa sede en Xenebra:

Poboación

Xenebra, Suíza: Xeografía, Historia, Poboación

Transportes

Xenebra ten un aeroporto internacional accesible en autobús ou en tren, a menos de 10 minutos do centro. Grandes compañías como Swiss, British Airways, Air France, Lufthansa ou EasyJet teñen liñas con destinos a toda Europa e ao resto do mundo. No seo da cidade os transportes públicos xenebreses explotan unha densa rede de autobuses e trolebuses, así como unha liña de tranvías en pleno renacemento.

Cultura

Xenebra, Suíza: Xeografía, Historia, Poboación 
Anverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro de Xenebra de 1851

Xenebra acolle numerosas festas e manifestacións ao longo do ano, tales como o Salón internacional do automóbil de Xenebra no mes de marzo, a Festa da música no mes de xuño, a Lake Parade no mes de xullo e a celebración da Escalada en decembro. As festas da cidade desenvólvense entre xullo e agosto.

Lugares de interese

  • O Jet de Genève (o Chorro de Xenebra) que é o símbolo da cidade. Localizado ao longo do Quai des Eaux-Vives é máis que centenario. Instalado orixinalmente preto do Bâtiment des Forces Motrices (Edificio das Forzas Motrices), servía en principio para diminuír a presión nas canalizacións da cidade. Foi despois desprazado á rada e conservado polo seu atractivo turístico.
  • A Catedral de San Pedro. Do século XII, foi o templo relixioso adoptado por Calvino dende o cal irradiar o seu reformismo relixioso. No seu interior consérvase a cadeira de madeira empregada por este. Existen evidencias da existencia de templos anteriores ao edificio actual, polo menos do século VIII, así como restos de actividade en época romana.
  • Alberga, por outro lado, numerosos museos entre os cales salientan:
    • O Musée d'Art et d'Histoire é o museo principal da cidade. Acolle pinturas dende a Idade Media ata o século XX, iconas, armas, instrumentos musicais e pezas téxtiles. Tamén ten un espazo adicado á arqueoloxía, incluíndo obxectos da Europa prehistórica, así como das culturas clásicas grega e romana e do Antigo Exipto, entre as que destaca unha momia do século IX a. C.
    • O Museo de historia natural.
    • O Museo etnográfico.
    • O Museo de arte moderna e contemporánea.
    • O Museo internacional do automóbil.
    • O Xardín e o Conservatorio botánicos.
    • O Museo da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
    • O Museo Patek Philippe.
Xenebra, Suíza: Xeografía, Historia, Poboación 
Organización Mundial da Propiedade Intelectual

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Xenebra, Suíza XeografíaXenebra, Suíza HistoriaXenebra, Suíza PoboaciónXenebra, Suíza TransportesXenebra, Suíza CulturaXenebra, Suíza NotasXenebra, Suíza Véxase taménXenebra, SuízaCantón de XenebraLingua alemáLingua francesaLingua italianaLingua retorrománicaSuíza

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alexander VórticeMíster EspañaIndonesiaEuropaNoelia ReyBárbara ReyXosé Ramón GayosoThe ArtistParadigmas dos verbos irregulares galegosLudwig van BeethovenGame Boy Advance SPArmando BlancoFrancisco Castro VelosoBrasilCastro de Punta do BicoVila Nova de CerveiraOs vellos non deben de namorarseCabo Norte, NoruegaLista de nomes masculinos en galegoCuruxa comúnRosario Porto OrtegaGabriel AlénISBNA CoruñaAC-141Esther EstévezPToniña comúnCuarzoPecados capitaisSalgueiro MaiaTribadismoCohesiónLuisa CarnésFelaciónQuenllaXabier DeiveManuel Lourenzo SobralMauro ScaloniLingua galegaAs dúas MaríasJosé María Barreiro GómezJuan CorralMeteoGaliciaArceJude BellinghamPorno suaveO GroveXosé Luís BernalXestaLista de programas de Televisión EspañolaMercedes QueixasEstadio de TammelaFerrer BassaSonDeSeu2020Francisco PazosJosé SaramagoAeroporto de VigoPatricia VázquezDeportivo da CoruñaTonhito de PoiAciñeiraAbrilAmancio OrtegaManuel MaríaImmanuel KantHeraldo de ViveroCalorDodecágonoManuel RicoIrene FerrerasDorothé Schubarth🡆 More