Salvia é un xénero de plantas da familia das lamiáceas, denominadas comunmente xarxas.
Xarxa (xénero Salvia) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salvia officinalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salvia |
Xeralmente a palabra xarxa ou sarxa fai referencia á Salvia officinalis, unha especie de grande interese polas súas propiedades curativas como desinfectante e febrífugo. Salvia L., representa cerca sobre 900 especies e distribúese extensamente en varias rexións do mundo, como Suráfrica, arredor de toda América e Asia Sur-Oriental. As plantas son tipicamente de 3-15 cm de altura, herbáceas ou leñosas, coas flores atractivas en varias cores.
O termo xarxa vén de salvia, que á súa vez provén do latín “salvare”, que significa “curar”. Na antigüidade utilizábanse as especies de xarxa posto que servía para curar máis de sesenta diversas doenzas desde dores a epilepsia, e tratar principalmente arrefriados, bronquites, tuberculoses, hemorraxias etc.
A xarxa ten usos ornamentais, medicinais e gastronómicos, empregándose como condimento. Tamén é habitual tomala en infusión.
As súas características son as dunha planta aromática da familia Lamiaceae; se ben o seu porte varía de herbáceo a arbustivo, a presenza do labelo superior da flor bilabiada moi conspicuo e curvado cara a abaixo permite a súa identificación.
|
|
|
|
|
|
|
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvia |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Salvia, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.