Érbedo: Especie de planta

O érbedo (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos ou morotes).

Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo.

Érbedo
Érbedo: Etimoloxía, Nome vulgar, Descrición
Follas e froito do érbedo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Arbutus
Especie: A. unedo
Nome binomial
Arbutus unedo
L.
Área de distribución do érbedo en Galicia
Área de distribución do érbedo en Galicia

Área de distribución do érbedo en Galicia
Sinonimia[Cómpre referencia]
  • Unedo edulis Hoffmanns.
  • Arbutus vulgaris Bubani
Érbedo: Etimoloxía, Nome vulgar, Descrición
Froitos
Érbedo: Etimoloxía, Nome vulgar, Descrición
Arbusto

Etimoloxía

Das características anteriores vénlle o nome científico, pois en latín:

  • arbutus (lat.) diminutivo de arbor, por ser unha pequena árbore ou de arboix, áspero, polas rugosidades do seu froito;
  • unedo procede de unum (lat.), un + edo (lat.), comer; e dicir, comer un só, en alusión a que comidos en cantidade poden producir borracheira a causa do seu leve contido en alcol cando está sobremadurado.

Nome vulgar

Recibe en galego numerosos nomes comúns como: moragueiro, meroteiro, medroñeiro, madroño, esbedro, érbido, erbideiro, erbedro, érbedo, erbedeiro, érbeda, érbado, erbadeiro, ébedro, cabida, arbideiro, albelo, albeldreiro, albedro e albedredo. A formación de érbedos denomínase erbedal ou erbededo.

Do seu nome parece ser que procede o topónimo Alvedro en Culleredo, lugar onde se instalou o aeroporto da Coruña.

Descrición

Arbusto ou pequena árbore que pode chegar ata 10 m. Sistema radical forte, que forma unha gran cepa. Tronco curto. Cortiza delgada, parda-avermellada, gretada e caediza en pequenas tiras cando vella. Copa baixa, densa e irregularmente ovoide.

Follas persistentes, simples, alternas, algo coriáceas, oblongo-lanceoladas, case enteiras ou serradas, verde escuras e lustrosas na face, verde mate no envés, glabras excepto na base. Flores hermafroditas, corola urceolada, branca tirando de rosa a verdosa; as flores agrúpanse en panículas colgantes situadas ao final das ramas.

Florece en outono ou ao principio do inverno, a polinización é entomógama. O froito é unha baga globosa, verrugosa, pasando de verde, por amarela e escarlata a vermella escura ao final; madura no outono do ano seguinte coincidindo coa nova floración, aparecendo simultaneamente flores do ano e froitos do ano anterior.

Orixinaria do sur de Europa. Habita en matogueiras, bordo de bosques e ladeiras pedregosas de montañas. Espontánea nas zonas cálidas de Galicia (provincia de Ourense e o sur da de Lugo) e nas concas dos ríos.

Usos

Utilizada como ornamental, pois é árbore de aspecto elegante pola beleza da súa follaxe, ao que se engaden as flores e os froitos de cor vermella. Os froitos fermentados úsanse para elaborar licores e, en fresco, para aromatizar augardentes e preparar marmelada.

As follas e a cortiza son adstrinxentes e como tal combaten diarreas e a disentería; as follas tamén teñen propiedades antisépticas. A madeira tense utilizado en tornería; tamén arde moi ben mantendo moito tempo a brasa e dando calor; o carbón obtido é moi bo para as forxas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Érbedo EtimoloxíaÉrbedo Nome vulgarÉrbedo DescriciónÉrbedo UsosÉrbedo NotasÉrbedo Véxase taménÉrbedoAmorodoClima mediterráneoFamilia (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

FelaciónPercebeCentro público integradoPortugalMarta SánchezFollas novasLingua casteláSonsoles EspinosaAlcaldes da CoruñaManuel MurguíaHLA-DPAntonio García TeijeiroLeonardo da VinciArnaldo OtegiLista de xentilicios de concellos galegosMaría Victoria Fernández-EspañaRaquel AtanesHistoria de LugoJorge Sanz MirandaCerdedo-CotobadeEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024Diada de Sant JordiChinche das camasLauren BacallTanxugueirasAliança CatalanaAves de rapinaMexacánFrancisco Fernández del RiegoParasitoLista de WikipediasMatriz cadradaComarca da Mariña OrientalDomingo VillarJosep CarrerasGoogleGrândola, Vila MorenaMaría ReimóndezLa Puebla de ArganzónPepe CarreiroInterrogación retóricaOtelo Saraiva de CarvalhoAbruñoLeninHistoria de EspañaInfinitivo conxugadoConcepción ArenalToledoFamily Computer Disk SystemXosé Luís Méndez FerrínP'ró que der e vierBaloncesto nos Xogos OlímpicosLista de nomes femininos en galegoEstados Unidos de AméricaDía do LibroPaulino PedretSólido platónicoSalvador DalíAlberto AvendañoPunto medioEleccións municipais de 2023 en GaliciaMaría Jesús MonteroManuel María Puga PargaXela AriasXXX edición dos Premios GoyaRakel WinchesterLuis Ferrer i BalsebreBreogánSistema operativoEduardo Blanco AmorÑ🡆 More