Estado De Conservación

O estado de conservación dun grupo de organismos, como poden ser unha especie, refírese en ecoloxía da conservación a se ese grupo aínda sobrevive e se aínda ten potencial de continuar existindo nunha área ou ecosistema.

A extinción é un proceso natural. Con todo, na actualidade ás especies enfróntanse a unha importante acción antrópica, sexa pola agricultura intensiva, a construción de cidades ou de estradas, centrais hidroeléctricas e outras obras, que favorece as extincións.

O estudo das poboacións permite coñecer o seu estado de conservación, aínda que a protección delas depende de medidas de preservación que son tomadas polos poderes públicos ou, ás veces, por particulares.

Categorías

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN) clasifica cada poboación nunha das seguintes nove categorías (a abreviatura que segue é, por convención, a da categoría en inglés):

* Extinta EX Estado De Conservación 
* Extinta na natureza EW Estado De Conservación 
* En perigo crítico CR Estado De Conservación 
* En perigo EN Estado De Conservación 
* Vulnerábel VU Estado De Conservación 
* Case ameazada NT Estado De Conservación 
* Segura ou pouco preocupante LC Estado De Conservación 
* Posiblemente extinta PE Estado De Conservación 
* Posiblemente extinta na natureza PEW Estado De Conservación 
* Datos insuficientes, DD
* Non avaliada, NE

Criterios de clasificación

  1. Tamaño da área de distribución: ampla en varios biomas / ampla en apenas un bioma / restrinxida a un bioma ou microrrexión / restrinxida e microendémica.
  2. Alteracións ambientais: hábitat natural con pouca acción antrópica / con moderada presión antrópica (como máximo estradas asfaltadas) / hábitat natural case totalmente destruído ou descaracterizado.
  3. Amplitude de distribución: grande ocorrencia en ambientes secundarios / sobrevive en ambientes secundarios / ocorre en ambientes secundarios aínda que depende de poboacións en ambientes primarios / só ocorre en vexetación primaria.
  4. Variación poboacional do taxon: é moi frecuente ao longo da súa área de distribución / é frecuente / é pouco frecuente / é raro.
  5. Variación poboacional: poboadores estables ou crecentes / poboacións declinando a un ritmo lento / a un ritmo moderado / con acentuada redución.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Estado De Conservación CategoríasEstado De Conservación Criterios de clasificaciónEstado De Conservación Véxase taménEstado De ConservaciónEcoloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BortziriakMar MediterráneoXosé Ramón GayosoÁlvaro MorataAsunta Basterra PortoRaquel Castro MartínezLista de paísesMoscovaPotaLuis Carrero BlancoVerónica ForquéPaulino PereiroTwitterAdriano Correia de OliveiraPortugalYolanda DíazSanta CompañaIgnacio Rivera QuintanaMiro CasabellaEstatua de Che Guevara en OleirosBaby ReindeerBigues i Riells del FaiDeserto do SáharaElena CandiaTonhito de PoiFran AlonsoComarcas de GaliciaRamón Otero PedrayoDistritos de PortugalUcraínaAustraliaLingua inglesaDelfínNoiaLista das aves de GaliciaMiss Vaca (certame)VangardasPardo de CelaLista de siglas e acrónimosLingua portuguesaPontellaJorge PeteiroPovoaçãoJosé López CamposBenito KamelasArxentinaGuerra civil españolaRoberto BautistaRafael NadalRevolución dos CaraveisMark WahlbergBeteluFingeringVicente RiscoEstadio de Tammela22 de xulloSéculos EscurosBandeira de GaliciaManuel RicoAlexandre BóvedaFrancisco Porto MellaMommy Dead and DearestGoizuetaMarçal MolinéEspañaMerloCaraveleiraPablo EcheniqueCaquetáMoulin RougeA EstradaHortelá🡆 More