Bioma

Un bioma (dos grego «bios», vida), tamén chamado paisaxe bioclimática ou áreas bióticas (e que non debe confundirse cunha ecozona ou unha ecorrexión), é unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna.

Un bioma é o conxunto de ecosistemas característicos dunha zona bioxeográfica que está definido a partir da súa vexetación e das especies animais que nel predominan. É a expresión das condicións ecolóxicas do lugar no plano rexional ou continental: o clima e o chan determinarán as condicións ecolóxicas ás que responderán as comunidades de plantas e animais do bioma en cuestión.

Biomas terrestres clasificados segundo a vexetación.
Biomas terrestres clasificados segundo a vexetación

En función da latitude, a temperatura, as precipitacións e a altitude, en definitiva, e das características básicas do clima, pódese dividir a terra en zonas de características semellantes; en cada unha desas zonas desenvólvese unha vexetación (fitocenose) e unha fauna (zoocenose) que cando están relacionadas, definen un bioma, que comprende as nocións de comunidade e a interacción entre chan, plantas e animais.

Hai diferentes sistemas para a clasificación de biomas, que en xeral adoitan dividir a terra en dous grandes grupos — biomas terrestres e biomas acuáticos-, cun número non demasiado grande de biomas. A escala planetaria, a selva tropical densa, a sabana, a estepa, os bosques temperados e a tundra, son os grandes biomas que caracterizan a biósfera e que teñen unha repartición zonal, é dicir, que non superan certos valores latitudinais. A escala rexional ou continental, os biomas son difíciles de definir, en parte porque existen diferentes patróns e tamén porque as súas fronteiras adoitan ser difusas (véxase o concepto de ecotono).

Os biomas a miúdo son coñecidos polos seus nomes locais. Por exemplo, un bioma de herbais coñécese como pradería en América do Norte, sabana en África, estepa en Asia, pampa en Suramérica e veld en Suráfrica.

Os biomas terrestres son descritos pola ciencia da bioxeografía. Por extensión, fálase de microbioma para designar a esfera da vida microbiota.

O concepto de bioma non debe confundirse con outros conceptos similares como o de ecozona —grandes extensións da superficie da terra onde as plantas e os animais desenvólvense en relativo illamento durante longos períodos de tempo, separados uns doutros polas características xeolóxicas, tales como océanos, grandes desertos, altas montañas ou cordilleiras, que forman barreiras á migración de plantas e animais—, hábitat —área que é habitada por unha especie particular de animais ou plantas— ou ecosistema—complexo dinámico composto por plantas, animais e microorganismos, e a natureza morta que os rodea actuando en interacción en tanto que unidade funcional—. As distintas ecorrexións do mundo agrúpanse tanto en biomas como en ecozonas.

Notas


Bioma 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

EcorrexiónEcosistema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Memorias dun neno labregoDaniel BasteiroGonzalo Pérez JácomeEstadio Municipal de RiazorLugares de Monforte de LemosBenigno Gómez TadínGlaucus atlanticusVictoria Núñez LópezPauliñaDía da TerraDolores VillarinoLucky LukeBombardeo atómico de Hiroshima e NagasakiIria MisaWikipediaXestaCayetana Guillén CuervoMouro (mitoloxía)Lois PereiroRepública ChecaMartin Luther KingVilagarcía de ArousaNacionalismo galegoCopia por contactoPaulino PereiroSydney SweeneyAvespa asiáticaPegaCélula pancreática acinarParísFC Bayern MünchenBlogMZendayaAllMovieAlternativa dos VeciñosRaposo comúnGoogleGalicia estremeiraPablo VioqueXXX edición dos Premios GoyaParadigmas dos verbos irregulares galegosIgrexa de Santa María do AzougueCarlos NegroPremios Follas Novas do Libro GalegoHLA-CCandela PeñaConcha MéndezCambreMartaHard GZPartido Nacionalista VascoGalego-portuguésLa Libertad (Betanzos)Hong KongGerardo Pardo de VeraIllas CanariasLuar na lubreManuel MaríaBarroLingua casteláTom CruiseBlack ElkMáquina de vaporUbi suntAÁcido alfa-cetoglutáricoGabriel AlénCalendario gregorianoConcepción ArenalDavid WalliamsBulgariaChantreGárgola (arquitectura)🡆 More